A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LA CULTURA CON ALLENDE, en SADA o vindeiro día 27
Gonzalo Contreras e Eduardo Vassallo, escritores chilenos e xestores editoriais e culturais, lograron artellar esta notable obra testemuñal, “La Cultura con Allende”, que recolle os aportes que no ámbito da creación artística, concibida e enfocada como pulso popular dun país e rostro dinámico da súa cultura, se desenrolaron durante os mil días do Goberno da Unidad Popular, encabezado polo compañeiro Presidente, Salvador Allende.

Dous tomos que superan o milleiro de páxinas e centos de imaxes, constitúen esta obra monumental que recibiu o apoio e o beneplácito do Consello Nacional do Libro e a Cultura do Goberno de Chile, no ano 2012.

Gonzalo Contreras, incansable peregrino deste libro esencial, viaxará a España na próxima semana para presentar “La Cultura con Allende”,e tamén a varios países de Europa, comezando en Londres.

Estará en Santiago para presentar esta obra e disertar sobre o tema o venres día 27 -ás doce- no Consello da Cultura e despois, as vinte horas do serán, concretamente a Sada, invitado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo,


Gonzalo Contreras (Santiago de Chile, 1958) poeta, editor e investigador. Premio "Carlos George Nascimento" á mellor edición do Bicentenario polo libro "Claudio Giaconi un escritor invisible".
No ámbito editorial ten publicados:
Poesía chilena desclasificada 1970-1973 (2006).
Poéticas de Chile (2007).
Poetas chilenos contemporáneos/ 20 del XX (2013).
Elogio del bar/ Bares & poetas de Chile (2014).
La cultura con Allende (2014), entre outros.

Dedicouse á xestión e producción cultural independente. Actualmente dirixe o catálogo e os proxectos audiovisuais da Editorial Etnika.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-06-2014 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ DUNCAN EN SADA
Onte, Xosé Duncan presentou en Sada o seu libro A porta de Annwn, segunda parte da triloxía de As crónicas de Bran. Cómpre sinalar que se trata dunha serie de aventuras e fantasía épica en galego, editada por Contos Estraños e cuxo primeiro volume publicouse o ano pasado co título A revolta dos Mestres. Ambos os dous volumes pódense adquirir xa nas librarías.
--> Galería de imaxes do acto.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 14-06-2014 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN ESTE VENRES DUN LIBRO EN SADA

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-06-2014 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO EN SADA CON MOTIVO DAS LETRAS GALEGAS 2014

Imaxes do acto organizado pola A. C. Irmáns Suárez Picallo con motivo do Día das Letras Galegas 2014 sobre as figuras de Xosé María Díaz Castro e Moncho Valcarce, e que contou coa intervención de Victorino Pérez Prieto.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-05-2014 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO HOXE EN SADA (Sobre Moncho Valcárce)

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-05-2014 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro A IDEA NA PALABRA
Ver resumo da RAG
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 27-04-2014 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DO Nº 8 DE AREAL
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-04-2014 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO DO 14 DE ABRIL EN SADA

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-04-2014 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
XANTAR CON NEIRA VILAS
Onte, 23 de marzo, unha nutrida representación da A. C. Irmáns Suárez Picallo desprazouse a Gres -Vila de Cruces- para facerlle entrega a Xosé Neira Vilas do diploma de Socio de Honra da entidade, compartindo logo un xantar con autor de Memorias dun neno labrego.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-03-2014 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
A ASOCIACION SUAREZ PICALLO VISITA A NEIRA VILAS EN GRES
COMPARTINDO MESA E MANTEL, EN GRES, CON NEIRA VILAS


Membros e simpatizantes da Asociación Cultural "Irmáns Suárez Picallo" desplázanse hoxe a Gres (Vila de Cruces) para saludar a Xosé Neira Vilas, visitar a sua Fundación e compartir mesa mantel na localidade ao tempo que lle testimoniamos unha vez máís o agradecemento pola amizade, xentil colaboración e singular consideración que manifesta coa nosa Asociación.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 23-03-2014 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [23]
© by Abertal