A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

75 ANOS DO ATENEO DE CULTURA POLÍTICA Y SOCIAL DE SADA
Onte a A. C. Irmáns Suárez Picallo conmemorou o 75 aniversario da constitución do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada. Para iso, nada podía ser máis axeitado que contar coa presenza do recoñecido historiador Xoan Carlos Pereira Martínez nun acto no que tamén participou o tamén xoven historiador sadense e membro desta Asociación Cultural Manuel Pérez Lorenzo.

No local da Casa Municipal da Xuventude, recentemente rehabilitado polo Concello de Sada con gran funcionalidade, fixo a presentación Paco Pita, que tivo en primeiro lugar unha lembranza para Juan Carlos Medal. Posteriormente, e tras realizar un percorrido pola actividade e a obra de Carlos Pereira, deulle paso a este último.

Carlos Pereira disertou sobre A alternativa cultural obreira na comarca coruñesa na II República. Realizou unha ilustrativa e documentada introdución acerca do asociacionismo cultural vinculado co movemento obreiro, os seus porqués e formas de organizarse, para logo achegarse a exemplos máis concretos, cos casos locais da Coruña, Culleredo e Oleiros, estudados por el.

Rexina Basadre realizou a presentación do seu compañeiro e dilixente membro da Asociación, Manuel Pérez Lorenzo,"Lito" que falou sobre O Ateneo de Cultura Política y Social: unha experiencia societaria na Sada da II República, describindo o contexto da Sada dos anos 30, as organizacións culturais existentes e centrándose por último no Ateneo.

No acto, presentouse o primeiro número de "Cadernos de Estudos Locais" editado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo adicado precisamente ao Ateneo de Sada e do que é autor o citado Manuel Pérez. Anunciouse ademáis, a intención de sacar adiante por parte desta Asociación, a publicación dunha revista sobre a historia e patrimonio sadenses, dos seus persoeiros, movementos e asociacións culturais, e o primeiro número sairá coincidindo coa celebración do pasamento de Ramón Suárez Picallo e segundo cabodano da traída das suas cinzas, o vindeiro 14 de outubro.

Ao remate de ámbalas dúas exposicións, deixouse un espazo para o coloquio, no que interviron algúns dos asistentes.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 22-07-2010 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA 21 - CHARLA EN SADA

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-07-2010 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
A A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO EN REDES. UN ENCONTRO ENTRAÑABLE



Manuel Pérez Lorenzo



Era sábado, un día 10 de xullo caloroso e anubrado. Visitabamos o pobo mariñeiro de Redes –Laura, os seus pais e quen escrebe– chamados pola Agrupación Instructiva de Caamouco, sociedade exemplar cun moitos anos de traxectoria repartindo cultura e coñecemento. No seu magnífico local, que é o da antiga escola laica que fundara o mesmo colectivo cos cargos dos emigrados na Habana, exhibíase –e exhibirase nas próximas semanas– a nosa exposición sobre os irmáns Suárez Picallo. A min en concreto convidáranme a dar unha pequena charla como representante da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Sobra dicir que en todo isto mediara Marisa, a activa integrante da nosa asociación, redeña e sadense por igual, o un por nacemento e o outro por veciñanza.

O acto, nun salón felizmente disposto por Marisa, abriuno o presidente da agrupación local, Ernesto López Naveiras, quen deu paso a Marisa para que falara acerca do Ano dos Irmáns Suárez Picallo, o 2008, o noso nacemento como Comisión e as actividades desenvoltas naquel marco, entre as que se conta a exposición que se presentaba. Por último, eu tracei a grandes rasgos as biografías de Ramón e Xohán Antón, intercalando algúns textos cos que achegar o seu pensamento aos asistentes.

Unha vez rematado o acto, Ernesto López, con gran amabilidade, amosounos detalladamente o edificio e nos achegou á súa historia.

Acompañados de Marisa tomamos o camiño do Pedregal, esa praza aberta ao mar nun concepto do urbanismo tan primitivo como perfectamente racional e cordial para co entorno que botamos en falta en Sada e Fontán, privados de beleza por moitos anos de especulación feroz e de sublimación do egoísmo máis exacerbado. A hospitalidade de Marisa levounos ata o interior da súa casa, un crisol modernista de maravillas produto dos cartos de Cuba, e todo un exemplo de conservación e de amor por canto nos une co noso pasado. Desde a terraza, enmarcada por ornamentos deliciosos, deleitámonos na mellor visión posible do Pedregal e do porto.

Todo se confabulaba –as arquitecturas harmoniosas, o mar tan en comuñón co pobo...– para cominarnos a lle facer oídos xordos ao famoso dito –“en Redes non te quedes”– e quedarnos en Redes como quen se refuxia nun oasis da aridez agresiva do deserto. Pero entraba a noite e aínda agardaba por nós un magnífico polbo á mugardesa na vila homónima antes de retornar outra vez a Sada para proseguir nos nosos quefaceres cotiáns.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-07-2010 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Buenos Aires, por Marisa Naveiro López
Marisa Naveiro, membro desta Asocicación Cultural fixo unha viaxe á Arxentina hai uns meses e entregou nas distintas entidades culturais galegas de Buenos Aires o libro que publicamos en outubro pasado "Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo". Neste artigo comenta a súa estadía na capital arxentina e os seus encontros coas distintas asociacións.



Fai 25 anos fixen unha viaxe a La Habana. Andando pola rua Mercaderes, na Habana Vella, lembrei a meu avó, que emigrara a esta cidade moi novo e percorría esta rúa cara a seu traballo na ferreteria Aspuru e Cia. todo os días, o que súa vista miraba era o mesmo ca miña.


Non direi que me pasou igual no Buenos Aires de Ramón Súarez Picallo, pero o porto onde hoxe temos o barrio de La Boca, a zona de San Telmo, Centro… non mudaron de forma importante. Estamos nos anos mozos de Ramón, ou nos seus últimos anos, o Centro Gallego onde morreu, entrando por aquel vestíbulo tan importante, aquí non me mostran o cuarto no que él estivo pero sí o de Castelao, que permanece intacto, desde aquel 7 de xaneiro de 1950.


A xente que o estudiou e que ademáis o admira, sí que falei con ela. E así estiven con Pepe Rey, quen sabe moitisimas historias deste Centro Galego. Encargado da biblioteca “Manuel Murguía” ata o ano pasado, cando se xubila, creanlle entón unha pequena librería que se ubica no vestíbulo, porque quere seguir alí. Tamén era Secretario da entidade. Con él e coa Vicepresidenta, Mª Aurora Barbeito, recorrín as instalacións , na avenida Belgrano 2199, esquina a Rincón.


Fágolles entrega do libro R.S.P. A voz esquecida do galeguismo.


Asimesmo asisto a unha representación de baile no Teatro “Castelao tamén no Centro Gallego.


Seguindo pola rúa Pasco ao 557 encontrámos unha casa de principios de século, ainda que adquirida recentemente, onde hoxe está a única asociación de Sada no esterior é Sada y sus Contornos, alí: Manolo Couzo, Presidente Honorífico, o seu fillo José Manuel que é o actual Presidente, a Secretaria Graciela Carregal e o resto dos compañeiros, reúnense nun ambiente moi cordial e familiar, agasallandome cunha merenda ao final da cal fagolles entrega do libro, en nome da Comisión que represento.


Andando desde plaza de mayo chego á rúa Chacabuco nº 947 a 955, aló está a
Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina, encóntrome con Ruy Farías, actualmente encargado da biblioteca e estudioso da emigración galega na Arxentina, o cal estivo becado o ano pasado na Galiza e voltará proximamente a ler súa tese. Mostrame este local cheo de alusións a os nosos intelectuais.

Tamén desde a plaza de mayo, subindo por avenida de maio chego ao café Tortoni, onde podo sentir a presenza das tertulias de todos estes galegos que por aquí pasaron.


Falei repetidas veces co amigo Hernán Díaz e por causas intracendentes non conseguín velo ata o penúltimo día da miña estancia alá, tíñame preocupada, cando por fin conseguimos entrevistarnos. Dí o que todos xa sabemos que estará en Santiago no mes de Abril co gallo do centenario de Luis Seoane. Ainda me fixo o favor de repartir algúns libros que me faltaban por dar.


O Centro Galicia, coa súa sala de exposicións Luis Seoane, tamen é unha grande referencia ao noso país.

Non se pode pasar sin ver o mural do teatro Sanmartín, realizado tamen por Luis Seoane.


A viaxe rematase con outras cidades: Montevideo, onde fago unha escala moi pequena, non da para facer visitas, pero a chegada foi a noite electoral na que gañaba Pepe Mujica, data histórica. Tucuman, onde se declara a independencia da Arxentina, Salta, Jujuy, Purmamarca, Humahuaca, etc.


Arxentina é a segunda patria de milleiros de Galegos e iso sempre é motivo de intentar achegarnos.



Marisa Naveiro
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-05-2010 02:07
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA DA REPÚBLICA EN SADA

Como cada ano, este 14 de abril conmemoramos en Sada o aniversario da proclamación da II República, cunha ofrenda floral ante o monumento ás vítimas da represión franquista.
Interviron no acto os socios Xesús Castro (que coordinou, abriu e pechou o acto), Amable Carballeira, Xosé Val, Marisa Naveiro, Rexina Basadre e Manuel Pérez, con diversas alocucións sobre a data nas que destacaron as críticas coa xudicatura en relación ao proceso contra o xuíz Garzón, e coa lectura de varios textos de Ramón Suárez Picallo e Manuel L. Freire-Calvelo. Concluíu o acto co Himno.
Desde esta asociación agradecemos a todos os asistentes a súa presenza.





15 de abril de 1950
EL GENOCIDIO Y SUS FORMAS

Por Ramón Suárez Picallo

En el Ateneo Libertad de Ciudad de México, pronunció hace días una notable conferencia el eminente Profesor y penalista español, doctor don Mariano Ruiz Funes, sobre el tema “El Genocidio y sus formas”. El doctor Ruiz Funes, además de su gran autoridad en materia criminalista, es un maravilloso orador, que sabe embellecer, con la gracia de una palabra perfecta, los temas que aborda, por muy adustos y secos que ellos sean. Y de ahí que halle contado entre ellos los auditores de su disertación, a muchos amigos y adversarios americanos y españoles, deseosos todos de escuchar al Maestro ilustre, situado, por su sabiduría más allá y por encima de cualquier otra significación circunstancial y pasajera.

Definición -¿Qué es el genocidio y como se tipifica en normas jurídicas? El profesor da su definición: “es –afirma- un delito contra el Derecho de Gentes y un atentado a la conciencia universal que importa irreparables pÉrdidas humanas. El genocidio es la destrucción colectiva internacional, organizada y premeditada, de grupos humanos de orden racial, nacional, lingüístico, religioso y político.

“Los actos genocidas –agrega- consisten en la muerte de los miembros del grupo y en los atentados a su integridad física y a su salud, mediante martirios colectivos, ejecuciones individuales, (malas condiciones de vida, como falta de alojamiento, de vestidos, de higiene, de cuidados médicos o imposición de trabajos forzados, de ejercicios físicos inmoderados, que producen la enfermedad y la muerte); mutilaciones y experiencias biológicas, sin fin curativo, y privación de todos los medios de existencia”.

Se comete, asimismo este delito, poniendo obstáculos al nacimiento, como por ejemplo esterilización, aborto violento, separación de sexos y prohibición de matrimonios. Y forma parte, también de él, la interdicción de emplear las lenguas nativas, la destrucción de libros impresos en ella y la supresión de monumentos históricos y la dispersión de objetivos del culto con fines de prohibición.

Historia: El genocidio, como delito internacional, ha sido perfilado recientemente, por las Naciones Unidas, a la vista de los actos cometidos por la Alemania nazi, durante la Segunda Guerra Mundial, especialmente contra los judíos y los polacos, a quienes se quiso suprimir radicalmente; pero la Historia es mucho más vieja Se remonta a la destrucción sistemática de Cartago por los romanos; a las persecuciones y matanzas de judíos y musulmanes en la Edad Media, y más tarde, ya en el siglo XIX, sin contar con el tráfico de esclavos que es el más típico delito de Genocidio, las matanzas de cristianos en Armenia y las de griegos en Smyrna y las de servios y búlgaros por los genízaros del Imperio Romano.

Los responsables: este delito tiene, como decíamos antes, jerarquía de delito internacional, y además, es típicamente un delito de Estado, por la acción u omisión de los gobiernos. En los países donde el linchamiento, el tráfico de blancas y de estupefacientes, la piratería, la preparación técnica para ejecutar sentencias de muerte al margen de sus Tribunales legítimos, y la tolerancia para grupos que practican algunas modalidades políticas, raciales o religiosas del genocidio, es el gobierno el responsable por permitirlo, al no castigarlo con la debida severidad.

¿Un delito bélico? El genocidio podría tener alguna explicación en viejos tiempos de guerra. Por ejemplo, cuando España fue invadida por los árabes y se le atribuyó a un grupo racial determinado el haberle facilitado la entrada a los invasores; pero es inconcebible en tiempos de paz, como no sea en los regímenes totalitarios, que siguen la típica norma genocida: “Al adversario político o religioso se le extermina como sea”. Por eso están previstas todas las posibilidades de su contemplación y de su castigo, tanto en tiempos de paz como en tiempos de guerra.

Las Naciones Unidas.- Don Mariano Ruiz Funes, cuya conferencia hemos glosado brevemente, expresa su fe en las Naciones Unidas, como entidad jurídica y superestatal. Y se refiere, especialmente, a sus comités encargados de velar en el mundo por los Derechos del Hombre y del Ciudadano, que siguen la doctrina de las Cuatro Libertades, en cuyo disfrute han de participar todos los seres humanos sin distinción de raza, de religión, de color o de doctrina política.

Y para ello evoca, con frases conmovidas, la figura del grande e inolvidable Presidente Roosevelt y de su magnífica esposa, guardiana y apóstol de aquel glorioso Evangelio humano.
Mariano Ruiz Funes
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-04-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Presentado o libro RAMÓN SUÁREZ PICALLO. A VOZ ESQUECIDA DO GALEGUISMO
No día de onte, 16 de outubro, presentouse na Casa da Cultura "Pintor Llorens" de Sada un volume no que, ademais de abundante material gráfico e documental, recóllense as aportacións de diferentes investigadores acerca da figura excepcional de Ramón Suárez Picallo.
O libro, editado pola Comisión Irmáns Suárez Picallo co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña, conta coas colaboracións de Justo Beramendi, Hernán Díaz, Alfredo Erias, Mercedes Fernández-Couto, Emilio Grandío Seoane, Esperanza Mariño, Edmundo Moure Rojas, Francisco Rodríguez, Xesús Torres Regueiro, Ramón Villares, Francisco Pita Fernández, Rexina Basadre Orozco e Manuel Pérez Lorenzo.
O seu deseño gráfico e maquetación correu a cargo de Xosé Díaz (Imago Mundi).
Na presentación interviron, ademais dos representantes da Comisión Irmáns Suárez Picallo (Francisco Pita e Manuel Pérez), a Deputada provincial Silvia Seixas e o Alcalde Abel López Soto, que entregou á Comisión valiosa documentación sobre Ramón Suárez Picallo.


[…] Queremos que a finalidade primordial desta publicación sexa falarvos de Ramón Suárez Picallo, quebrar definitivamente o silenzo que se cinguiu durante décadas en torno á súa figura, para que todos podamos servirnos do seu maxisterio e reivindicar un vínculo que nos une co pasado. Falarvos, en definitiva, dese “nós” colectivo en nome do que se erixía Ramón, e que engloba a todos os desherdados, a todos os que, como o seu irmán Xohán Antón, asasinado polos fascistas no 1936, foron vítimas da barbarie e da inxustiza por teren gastado os seus esforzos en causas xenerosas, en beneficio do ben común.

COMISIÓN IRMÁNS SUÁREZ PICALLO - PRESENTACIÓN

Por Ramón Suárez Picallo pasou gran parte da Galicia do século XX, a da terra europea e a ergueita en terras americanas. Así, a súa figura sérvenos de fío condutor para facer un percorrido pola Galicia de aquí e de “acolá” durante o século pasado. Daquelas terras e daquel tempo foi actor e partícipe sobranceiro. Ao noso protagonista poderíanselle dedicar as palabras que adornan toda gran biografía: orixe humilde, un home que se fixo a si mesmo, a vida foi a súa escola. E con seren máximas adoito repetidas, son características que lle acaen ben a aquel home que veu ao mundo en Veloi, un lugar da parroquia de Sada, en 1894. […]

RAMÓN VILLARES - PRÓLOGO


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-10-2009 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal