A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)



Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SADA Y SUS CONTORNOS: CENTENARIO (1913-2013)

O pasado xoves, o CEIP Sada y sus Contornos estivo de celebración. Festaxaban o centenario da creación, en New York, da sociedade Sada y sus Contornos, un colectivo formado por sadenses emigrados na procura de dotar de escolas á súa vila natal. E, tras anos de traballo e de privacións, conseguiron xuntar os cartos precisos para erguer o edificio que aínda hoxe acolle nas súas aulas a nenos e nenas de Sada.
O acto do xoves resultou emotivo e profundamente pedagóxico. Serviu para percorrer, unha vez máis, as ideas que alumearon Sada y sus Contornos, que hoxe seguen a resultar atrevidas e avanzadas.
Parabéns a toda a comunidade educativa, dignos herdeiros todos da obra iniciada no 1913, e especialmente a Miguel Gayoso pola súa labor encomiable de difusión do coñecemento verbo dun pasado do que debemos sentirnos orgullosos.

Dixámosvos esta ligación con abondosa información acerca da sociedade e da escola de Sada y sus Contornos:


Orixe do centro

Así coma este fermoso video:

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 18-05-2013 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN SOBRE O VIAL DE ENLACE DA VÍA ÁRTABRA CO PORTO

Na seguinte ligazón pódese acceder á información acerca do vial de enlace da Vía Ártabra co porto por Fontán, un proxecto con gravísimas repercusións para os valores naturais e paisaxísticos da zona, para o seu patrimonio e que, ademais, carece de xustificación en base á actividade portuaria.

Xunta de Galicia: novo vial Oleiros-Sada e porto de Sada


Tamén colgamos a recreación virtual do resultado final, na que se pode comprobar o impacto da enorme trincheira e do falso túnel.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-05-2013 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
SALVEMOS FONTÁN!

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 08-05-2013 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
CONCERTO DE PARIS JOEL E A LEIROS BAND O PASADO VENRES

Espectacular o concerto de Paris e a Leiros Band na Capela de San Roque o pasado venres! O cantautor de Sada presentaba o seu novo disco, "Un concierto de barra fija", e deleitou ao público con temas que forman parte deste traballo e con outras cancións que forman parte da súa longa e prolífica produción musical.

Paris Joel é, ademais, o artífice do Sadautor, un festival que cada ano convirte a Sada nun punto de referenza para cantautores de Galicia e do Estado. Un fito no calendario local que debe ser apoiado polas institucións e pola sociedade civil.

Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos agradecerlle, a el, a Tonu Leiro e a Sergio Leiro, o ter ofrecido esta actuación. Agardamos que o futuro estea cheo de novas colaboracións!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-04-2013 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE EN SADA, CONCERTO DE PARIS JOEL

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 26-04-2013 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
LITO EN RADIO OLEIROS FALANDO DA EXPOSICIÓN DOS IRMÁNS SUAREZ PICALLO
O pasado Venres, o noso socio Lito foi convidado por Radio Oleiros para falar da exposición dos irmáns Suárez Picallo que realizou a A. C. Irmáns Suárez Picallo, xa que actualmente está exposta no concello veciño.

Preme nesta ligazón para escoitar a entrevista
Programa Outra Mirada, de Radio Oleiros
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-04-2013 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA EXPOSICIÓN SOBRE OS IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, EN OLEIROS

Reproducimos a información que figura na web do Concello veciño:

A exposición dos Irmáns Suárez Picallo poderase visitar na Fábrica do 12 ao 27 de abril

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, dentro da súa programación de primavera, destaca a exposición dos Irmáns Suárez Picallo, que se poderá visitar desde mañá e ata o 27 de abril na Fábrica, en Perillo. Esta exposición estará aberta ao público en horario de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Esta exposición organizada e deseñada pola Comisión Irmáns Suárez Picallo en 2008, patrocinada polo Concello de Sada e na que colaboraron a Concellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Caixa Galicia. Percorreu moitos municipios de Galicia e chega a Oleiros para lembrar unha data histórica, o 14 de abril, data na que se conmemora a proclamación da Segunda República. Nesta exposición biográfica dos dous irmáns pódense observar fotografías familiares, da paisaxe de Sada e das diferentes asembleas e reunións mantidas polos dirixentes galeguistas. Unha mostra que percorre a historia de Galicia do primeiro século XX, desde a vida de Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo.

Os irmáns Suárez Picallo

Os irmáns Suárez Picallo, naturais de Sada, foron homenaxeados polo Concello de Sada en 2008, considerándose o ano cultural Irmáns Suárez Picallo. Tanto Ramón, como Antón son consideradas unhas das persoas máis importantes no ámbito político-social máis relevante da primeira metade do século XX.

Ramón Suárez Picallo naceu en Veloi, Sada, en 1894. Traballou desde moi novo e marchou a Arxentina en 1912. En Arxentina colaborou na formación de máis de cincuenta organizacións sindicais e militou no Partido Socialista Internacional. E comezou a escribir en diferentes revistas como Libertad, La Argentina, Correo de Galicia... e participou na refundación da revista Céltiga, onde destaca a súa crítica á ditadura de Primo de Rivera. En 1931 participou na fundación do Partido Galeguista, converténdose nun referente do partido xunto con Castelao, intervindo en máis de 170 mitins, sendo un dos elixidos para levar en 1936 o Estatuto de Autonomía a Madrid. En 1939, Ramón Suárez Picallo refuxiouse en Nova York, na República Dominicana, Chile e finalmente volveu a Arxentina, onde morreu en 1964. Durante todos estes anos non deixou de formarse, de escribir, de impartir conferencias e de loitar por un mundo máis xusto, chegando a facerse cargo da Cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense.
En 2008 anunciouse a repatriación dos seus restos para o cemiterio do Fiunchedo en Sada, sendo enterrado alí o 14 de outubro de 2008, cumpríndose así o seu desexo de descansar na súa terra.

Xohán Antón Suárez Picallo naceu en Veloi en 1907, participou desde a súa mocidade nas actividades de Mareiras, unha Agrupación nacionalista dos rapaces mariñeiros de Sada e colaborará co Centro Cultural Obrero de Sada. O Partido Galeguista vai contar en Sada cunha pequena agrupación denominada Grupo Autonomista, na que participará activamente, chegando a ser conselleiro comarcal do partido. E foi correspondente de periódicos como A Nosa Terra e El Pueblo Gallego, onde escribiu diversos artigos de temática política, agraria... E en 1936 encabeza a Fronte Popular. Co golpe de Estado, estivo agochado, pero finalmente, detivérono, torturárono e matárono con tan só 29 anos.




Podedes descargar aquí a entrevista en Radio Oleiros que lle fixeron onte ao membro da A. C. Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo, acerca desta exposición sobre Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo que se pode visitar estes días no Centro Cultural A Fábrica.

Entrevista a M. Pérez Lorenzo en Radio Oleiros
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 20-04-2013 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
ACTOS DA PASADA FIN DE SEMANA
A fin de semana pasada tivo lugar a presentación dun novo número de Areal e a xa tradicional ofrenda floral ante o monumento as vítimas da represión franquista.

O venres 12, na Casa da Cultura, presentamos o nº 6 de Areal. Ata alí achegáronse boa parte dos autores que participan no mesmo, así como familiares do pintor Urbano González, sobre o cal se inclúe un artigo biográfico, e de Manuel Lugrís Freire. Logo do saúdo inicial de Paco Pita e da presentación dos contidos de Areal que fixo Manuel Pérez Lorenzo, Rexina Basadre presentou ao director Xosé Abad, que nos falou do seu documental O segredo da Frouxeira, proxectado acto seguido.

O domingo 14, como cada ano, celebramos a conmemoración da proclamación da II República cunha ofrenda floral ante o monumento as vítimas da represión franquista en Sada. Introduciu o acto Jesús Castro, que tivo palabras de lembranza para Carmen Castro, a viúba dun dos asasinados, José Neira, falecida hai uns meses e presente en anos anteriores. Logo, coincidindo co 150 aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire e lembrando que foi el quen trouxo a Sada a nova da proclamación da República, realizouse unha lectura de textos de Lugrís, e membros da Asociación interviñeron tamén para expresar as súas reflexións. Concluíu o acto coa ofrenda floral e o canto do Himno Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-04-2013 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
AREAL 6 XA ESTÁ NO PRELO!!!!!!!!!!!!!!!!

Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-04-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Proxección do documental 'El Problema. Testimonio del pueblo saharaui'

O pasado domingo, as 7 da tarde, presentamos na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" o documental El Problema. Testimonio del pueblo saharaui, no que se aborda a actual situación do sometemento da poboación saharaui por parte de Marrocos, produto da forma en que o Estado español procedeu a descolonización do territorio africano. Unha realidade caracterizada pola violación constante dos dereitos humanos, pola negación do dereito a autodeterminación e pola situación de desprazamento de centos de milleiros de refuxiados.

O documental reflexa toda a crueza daquela realidade, tan próxima a nós xeograficamente e tan ligada ao Estado español, e, non obstante, tan descoñecida aos ollos da nosa sociedade.

Parabéns a todo o equipo que fixo posible este documental, e moi especialmente ao sadense Pablo Vidal, co-director e co-guionista, que foi o encargado de conducir o acto, falando acerca da súa experiencia na creación do filme.

No transcurso do acto, Pablo anunciou un novo proxecto, xa bastante avanzado. O da realización dun documental que retrate os veráns de Franco en Meirás, con todo o que xiraba arredor do pazo e cunha ollada a sociedade do momento. Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo queremos transmitirlle o noso total apoio nesta nova empresa. Agradecemos a todo aquel que posúa material ou información da incumbencia deste documental e queira facelo chegar que se poña en contacto con nós.
Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-03-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA DIRECTIVA DA A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
Logo da celebración da Asemblea de hoxe, a nosa Asociación conta cunha nova directiva, se ben boa parte dos integrantes da anterior continuarán nos seus cargos.

Os cambios son os seguintes:

Marisa Naveiro López cubre a vicepresidencia, que estaba vacante desde que Manuel Pérez Lorenzo decidira renunciar ao cargo ao tomar posesión como concelleiro de Sada.

Laura Isabel Pita Campos é a nova secretaria, logo de que Rexina Basadre Orozco, anterior secretaria, manifestara querer ser relevada, pasando a ocupar a vicesecretaría.

Esteban Rodríguez Liste substituirá na tesourería a Xosé Val Díaz, logo da renuncia deste último por non poder desempeñar o cargo nestes momentos. Xosé Val seguirá na directiva como vogal.

Por último, incorpóranse dous novos vogais: Carme Gratacós Rius e David García Pauwels, aos que lle damos a benvida.

Polo tanto, a directiva para o ano 2013 queda composta como segue:



DIRECTIVA ACTUAL

Presidente
Francisco A. Pita Fernández

Vicepresidenta
Marisa Naveiro López

Secretaria
Laura I. Pita Campos

Vicesecretaria
Rexina Basadre Orozco

Tesoureiro
Esteban Rodríguez Liste

Vogais
Jesús Castro Vidal
Xosé Val Díaz
Xaime Rodríguez Rodríguez
M. Amable Carballeira Caño
Ramón Tenreiro Suárez (socio de honra)
Carme Gratacós Rius
David García Pauwels
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-03-2013 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE, ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO · SADA

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 15-03-2013 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 13-03-2013 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
MARTES 12, ACTO EN O FACHO

A Agrupación Cultural O Facho (A Coruña) organiza unha conferencia este 12 de marzo (martes), ás 19,30 hs., que pronunciará o Dr. José Martínez-Romero Gandos. O tema da Conferencia: Ricardo Palmás Casal. Un galego do alén-mar.
Local: Real Academia Galega, Rúa Tabernas, Nº 11, Cidade Vella, A Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 12-03-2013 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE, AO TEATRO EN SADA!

Hoxe, domingo, as 20:00 h. terá lugar unha xornada teatral na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Fernando Morán e Isabel Risco representarán varios textos de Jacobo Paz, con algunha que outra sorpresa.
Agardámosvos alí!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-03-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE, SÁBADO DÍA 9, ÁS 12.00, CONCENTRACIÓN CONTRA O PECHE DA L

A AC Irmáns Suárez Picallo comparte as reaccións de protesta da cidadanía ante o feito provocador, inxustificable e reprobable do peche do dique da L ao acceso dos veciños. Ao mesmo tempo, apoia a concentración que terá lugar este sábados ás 12.00h. na entrada da L, e solicita a inmediata retirada do enreixado e a apertura ao acceso público
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 09-03-2013 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN EN BERGONDO DE DOUS LIBROS SOBRE A REPRESIÓN FRANQUISTA

Mañán en Bergondo terá lugar o acto de presentación dos dous libros que se anuncian a continuación. Desde a A. C. Irmáns Suárez Picallo animámosvos a asistir e queremos trasladar os nosos parabéns a Martha Antuña e a CRMH pola iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-03-2013 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE, VENRES 22, ÁS 22.00h NA TERRAZA DE SADA... SADAUTOR!!!!!!!



GRAZAS POLA TÚA CONSTANCIA E ILUSIÓN, PARIS JOEL.
TODO SAIRÁ MOI BEN HOXE, SEN DÚBIDA! ALÍ ESTAREMOS!


Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-02-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
ADEUS A JORGE PETEIRO

Onte faleceu o artista Jorge Peteiro, artífice, entre outras obras, do Paxaro da Liberdade que honra a memoria dos irmáns Suárez Picallo. As nosas condelencias aos achegados.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 21-02-2013 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
INAUGURACIÓN OFICIAL DO ANO CULTURAL LUGRÍS FREIRE
O pasado xoves, 14 de febreiro de 2013, inaugurouse o Ano Cultural Lugrís Freire, ao cumprirse o 150 aniversario do seu nacemento. O profesor Xosé Seoane ofrécenos este vídeo que recorda o citado acto. Como sempre, agradecemos a Xosé Seoane o seu inmenso e importantísimo traballo.

Ver o artigo na páxina Galego da Estación
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 19-02-2013 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal