A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ARTIGO SOBRE XOÁN ANTÓN SUÁREZ PICALLO
O xornal "Sermos Galiza" recolle un artigo en memoria de Xoán Antón Suárez Picallo.
Non deixedes de botarlle un ollo.

- Xoán Antón, o outro Suárez Picallo (Sermos Galiza)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Xohan Antón Suárez Picallo - Publicado o 25-06-2014 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xohán Antón Suárez Picallo
Nacido en Veloi (Sada) no 1907, protagonizou numerosas iniciativas no campo político, sindical e cultural dentro da súa vila e da comarca mariñá.
A primeira noticia que temos sobre el, deixóunola o seu irmán no 1926, cando integraba a agrupación nacionalista Mareiras, de Sada. Durante a II República actuaría coma vicepresidente do grupo local do PG, conselleiro comarcal do PG e membro do Consello Nacional do partido (1935-1936), presidente do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada (1935), secretario xeral da Alianza de Esquerdas-Fronte Popular de Sada (1935-36), delegado na comarca das Misións Biolóxicas, colaborador do Seminario de Estudos Galegos, correpondente e articulista en A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, Ser e Eco de Galicia, directivo da Sociedad Cultural Artística (1934), etc.
Ante a sublevación militar, participou na defensa de Sada, enfrontándose verbalmente aos primeiros falanxista que chegaran desde Betanzos. Agochouse nun primeiro momento en Meirás, na compaña de Manuel Prego, Antonio Carballeira, José Mosquera e Gumersindo Montero. Posteriormente partiron a pe cara Coruña os tres primeiros, instalándose nunha casa da Agra do Orzán, onde serían localizados polos falanxistas. Tras seren brutalmente torturados, os seus cadáveres aparecerían o 12/VIII/1936 no monte de Abeleiras, en Veigue (Sada). Xohán Antón tiña 29 anos.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Xohan Antón Suárez Picallo - Publicado o 18-10-2009 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal