A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aniversario do nacemento de Suárez Picallo

Hoxe lembramos o 119 aniversario do nacemento de Ramón Suárez Picallo (04-11-1894)no lugar de Veloi (Sada)e que faleceu en Buenos Aires o 14 de outubro de 1964.
Dende hai cinco anos as súas cinzas están entre nos, tal como era o seu desexo, no cemiterio de O Fiunchedo.
Neste blogue reproducimos -ata hoxe- 787 artigos de RSP, que corresponden case na sua totalidade ao período de permanencia en Chile como exiliado(1942-1956)ainda que tamén publicamos artigos correspondentes a sua etapa como emigrante en Bos Aires(1912-1931) ou como deputado nas Cortes da II República e da sua última etapa na Arxentina(1956-1964)así como outros escritos que sobre Ramón escribiron persoas que o coñeceron e trataron.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 04-11-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO: A derradeira viaxe
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 09-08-2013 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO, O SADENSE UNIVERSAL: EXPERIENCIA CHILENA (1941-1956)
Edmundo Moure



Limiar

O seguinte traballo ten como tema principal a influencia do xornalista galego Ramón Suárez Picallo no ambiente periodístico e cultural chileno no período que vai dende 1941 ata 1956. Ademais, tenta salientar o seu indicutíbel aporte en prol de manter unha imaxe viva de Galiza dende o exilio republicán, outorgándolle á súa labor un xeito de solprendente universalidade.

Na sociedade chilena da época en que lle tocara vivir a Ramón, comeza a se xestar un novo marco cultural e ideolóxico nos estratos urbanos. Cando arribara a iste recuncho da fin do mundo o fillo de Veloi, podíanse atopar numerosas correntes literarias europeas e norteamericanas, inseridas na creación cultural chilena. Na coñecida Xeración do '38, a que pertencen nomes como os de María Luisa Bombal ou Francisco Coloane, tivera un peso notorio o impacto da Guerra Civil Española, así como el florecimiento cultural originado por la presencia en América y en Chile de un selecto grupo de intelectuales y artistas que, tras el fin de aquélla, optó por el exilio, segundo as palabras do historiador chileno Sergio Villalobos . É o noso cronista, sen dúbida, membro salientábel da devandita xeración.

A singularidade do intelectual Suárez Picallo radica non só nunha prolífica pluma, coa cal abordou os máis variados temas, principalmente en xornais como "La Hora", e o seu vincallo coa sociedade chilena da época e os intelectuais que chegaban da península. Hai que sinalar tamén que Suárez Picallo, como exiliado, puxera moitos dos seus esforzos nas tarefas políticas vencelladas ao galeguismo republicano. El mesmo librara unha grande loita por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas, tanto dende Chile como na Arxentina e no Uruguai, baixo os presupostos xerais de Alfonso Castelao.

Para o país da acollida da súa primeira estancia no Cono Sur Latinoamericano, o autor amosa un grande afecto e gratitude. Como el mesmo sinalara, la prensa chilena es una de sus industrias progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida. Noutra crónica, afirma que (yo) nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestro de la Aurora [de Chile]. Suárez Picallo fai referencia ao mais antigo xornal da nova república, que fundara, en Santiago, o ilustre frei Camilo Henríquez, en 1812.

Queremos recoller eiquí os alcances dese espírito, en primeiro lugar como xornalista, e asemade como activista político para o recoñecemento de Galiza, coma unha nación diferenciada, nesta parte do continente americano.


A paixón xornalística

Nos seus dezaseis anos de exilio en Chile, Ramón Suárez Picallo asumiu –para vivir e subsistir-, segundo as súas propias palabras- o oficio de xornalista. Primeiro, escribindo para o xornal “La Opinión”, dende febreiro de 1941 ata xuño de 1942. O 14 de xullo de aquel ano ingresa como columnista no periódico “La Hora”, órgano de prensa que daquela pertencía ó Partido Radical, colectividade política que ía gobernar Chile entre 1938 e 1951. Vai ser a época máis prolífica para o fillo de Sada, a través do aporte da súa columna diaria nas páxinas de opinión do prestixioso matutino, xunto a outros cronistas e colaboradores chilenos ocasionais, como Augusto D’Halmar, Fernando Santiván, Víctor Domingo Silva e Ricardo Latcham, dentro dunha tradición moi hispana de ofrecer a presenza habitual de importantes “plumas” ou “firmas” que o lector podía seguir regularmente.

Vai ser unha década de traballo en “La Hora”, dende o 14 de xullo de 1942 ata o 9 de xullo de 1951, cando suspende as súas crónicas cotiáns para facer unha viaxe a Punta Arenas, continuando aló tarefas políticas vinculadas ó galeguismo republicano, un tanto desperfilado despois da morte do seu grande líder natural, Alfonso Rodríguez Castelao, acaecida ó 7 de xaneiro de 1950. Traba contacto co Antonio Souto, o famoso líder da Patagonia rebeldde e vaise relacionar cos entusiastas membros do Centro Galego puntarenense, onde ofrecera unha conferencia maxistral sobre Rosalía de Castro.

No derradeiro período de Suárez Picallo como cronista en Chile vaise estender entre 1954 e 1956, escribindo dende Santiago para o xornal “El Sur”, da cidade de Concepción, onde retoma a súa “Feria del Mundo” e entrega un centenar e medio de crónicas... Á finais de xuño de 1956, adoecido dunha enfermidade cardíaca e aguda estreitura económica, vai poñer fin ó frutífero periplo chileno, para se radicar definitivamente en Bos Aires, onde participará no Primeiro Congreso da Emigración Galega, entre o 24 e o 31 de xullo de 1956. O 14 de outubro de 1964 vai ocorrer o seu pasamento, no Sanatorio do Centro Galego. É preciso ter en conta a progresiva perda de interlocutores republicanos y galeguistas en Chile, escasos comparados cos seus pares da populosa “quinta provincia”, como daban en chamar os galegos á capital arxentina. A soidade do cronista vaise tornar insoportábel, forzando a súa partida, logo de escribir algunhas confesións:

Para quien ama, como a la propia luz de sus ojos, a la tierra en que nació y sobre la cual hizo su espíritu el primer aprendizaje de belleza y de amor, hay una tremenda y dramática palabra que resume todas las desventuras. ‘Desterrado’, es la expresión, de desconsuelo, de angustia y de amargura, que gravita hoy sobre miles de almas, alejadas de su medio propio. No hay para el dolor que las agobia posibles paliativos. Ni la hospitalidad, ni el afecto, ni la estimación, ni el pan, ni el vino ofrecidos sobre la mesa extendida, tienen fuerza bastante para hacerles olvidar su triste condición de desterrados; es decir, de apartados de su propia tierra, de su hogar y del camposanto donde reposan sus muertos queridos.

Xa destacáramos a enorme cantidade de artigos e crónicas saídos da pluma de Suárez Picallo –arredor de dúas mil páxinas- escritas, maioritariamente, baixo o título de “La Feria del Mundo”, ó que vaille engadir outros encabezados de menor regularidade, como: “Minutos”, “Buenas Tardes”, “Arte y Emoción de España”, “Cosas de Ayer”, “Efemérides Literaria”, e algúns ocasionais, cando a oportunidade así o suxería.

A súa labor xornalística en Chile chega a constituír máis do oitenta por cento de toda a súa obra escrita. A iste traballo monumental de “La Feria del Mundo”, engádese hoxe a publicación, pola Fundación Suárez Picallo de Arxentina, dos artigos publicados en xornais bonaerenses, case todos eles de contido e intencionalidade política.

Ó percorrer dos años e na medida en que o mundo vai superando as feridas da posguerra, pódese atopar nos seus escritos un paulatino desencanto da Unión Soviética e doutros países da chamada “órbita comunista”, xunto a súa adhesión, a ratos hiperbólica e inxenua, polas grandes democracias occidentais.

Hai asuntos nas súas crónicas que aínda non perden actualidade, pese ó transcorrer do tempo, como as loitas entre árabes e xudeus na vella Palestina. Mentres as Nacións Unidas aprobaban a creación do Estado de Israel, en 1948, sucedíanse atroces actos de terrorismo perpetrados por israelitas, ingleses e palestinos, en medio das liortas diplomáticas e políticas que carrexara o cambio de mando e as novas estruturas de poder, aínda en conflito despois de medio século de enfrontamentos.

A prosa de Suárez Picallo é áxil e certeira, en estilo descritivo abundante en expresións discursivas, propias dun hábil orador político, de formación autodidacta, fogueado en lides oratorias parlamentarias, cando exercera como deputado galeguista nas Cortes da II República. Percorre tamén a xeitos, modismos e ditos populares hispánicos que se van repetindo no fluír torrencial das súas crónicas.

Emprega unha boa cantidade de palabras e frases curtas na súa amada lingua galega, sen traduci-las, ás veces, castelanizándoas, como se buscara con aquilo un nexo coa Matria remota, fío afectivo na distancia dolorosa da memoria tribal. Asemade, percorre con asiduidade ós lugares comúns, habituais, certamente, na xerga xornalística do seu tempo. A extensión destes escritos con que Ramón obtía a súa “calderilla” para subsistir, vai abranguer entre catro ou cinco follas a espazo simple; a miúdo trátase dos temas ou tópicos relacionados entre si; ás veces, o xornalista escolle motivos disímiles para poder cumprir coa encomenda da súa xornada, co resultado non sempre feliz. Mais Pick-Up dáse maña, co seu amplo acervo cultural e lingüístico, para compoñer textos de notábel factura, sobre todo aqueles nos que refulxe a oración longa e melodiosa, apaixonada e acendida cando trata os asuntos máis caros ao seu corazón de transterrado galego.

Ramón Suárez Picallo non foi militante do Partido Socialista Obrero Español, fundado polo obreirista galego Pablo Iglesias, por quen Pick-Up expresa, en varios artigos, a súa total devoción. Deputado republicano nas Cortes da II República Española, de orientación socialista, Suárez Picallo vai loitar por conciliar os intereses unitarios dos socialistas españois dentro da política peninsular coas súas conviccións autonomistas. Así vai expresar, nalgunhas das súas crónicas, especialmente as que van entre 1944 e 1947, a súa adhesión ó ideario galeguista que sustentaba xunto a Alfonso Castelao, Elpidio Vilaverde e Alonso Ríos, cos que fundara o Consello de Galiza en Montevideo, entidade que procuraba outorgar un amplo sustento ás proposicións dos exiliados galegos para revitalizar a “cuestión autonómica”, antiga aspiración frustrada polo alzamento franquista e a posterior guerra civil.

Xunto ó impulso outorgado ó Consello de Galiza, os galeguistas daban apoio decididamente a Galeuzca (Galiza, Euzkadi e Cataluña), entidade que representaba e defendía as aspiracións das tres “nacionalidades históricas diferenciadas” de España, posuidoras de lingua, historia e cultura particulares dentro do variado espectro dos españois.

Sen levar ó cabo un aberto proselitismo, Suárez Picallo vai expresar, a través dalgunhas crónicas puntuais, a súa posición fronte o dereito de Galiza de darse un goberno autónomo nos ámbitos administrativo, educativo e cultural, sen emular as arelas de Euzkadi e Cataluña por constituír estados independentes dentro dunha Federación Española. Pick-Up vai poñer o acento nas particularidades do antigo Reino de Galiza e nas súas achegas nos mais diversos ámbitos do quefacer humano: lingua, literatura, música, arte, industria, dentro de España e máis alá das súas fronteiras, no secular proceso de emigración que outorga a “lo gallego” características singulares. Dende as cantigas medievais galaico-portuguesas, pasando polos precursores do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, ata Ramón del Valle Inclán, Alfonso Castelao, Noriega Varela y Blanco Amor, Suárez Picallo vai rescatar eses universos creativos para renova-los no pulso cotián dos seus mellores artigos de prensa.

“La Feria del Mundo” cumpre o obxectivo de entregar ó lector unha visión ampla do acontecer da época, “feria” ou Feira sen dúbida variada e polícroma, virtual calidoscopio da realidade conxuntural e dos espazos da señardade, co aderezo oportuno da anécdota, cos aportes y coñecementos que nutrían ó lector dos años 40’ y 50’ que se deu en chamar “cultura xeral”, cando se lle outorgaba importancia a certa formación humanista do cidadán medio. O propio autor explícita así os seus propósitos, nun vibrante artigo dedicado o recordo do primeiro xornalista Frei Camilo Henríquez:

Para quien estas líneas escribe, el recuerdo de “La Aurora de Chile” y de su fundador tiene matices de emoción muy singular; periodista en Buenos Aires, en Madrid y en Vigo, en Nueva York y en Santo Domingo, en horas de optimismo y de placidez y en otras de dolor y de amargura, al recalar en Chile, pudo ser lo mismo que fuera en otras partes; periodista, que se gana el pan con la pluma, hace a su manera patria, y vive la fraterna amistad de los discípulos de Camilo Henríquez, como si fuesen de la propia familia, sin más saudades ni añoranzas que las de la Patria lejana; de su mar, de su tierra, de su hálito. Yo nunca ejercí en ninguna parte la profesión de periodista con mayor gusto placidez y espiritual y mental, que la que ejerzo aquí en Chile, al lado de una diaria convivencia con los continuadores del fundador y maestros de la “Aurora”.

Evocar a figura de Frei Camilo Henríquez, director e fundador da Aurora de Chile, é vivir un pouco nos días, en verdade aurorais, en que esta España ultramarina que é América, loitaba a brazo partido pola causa da liberade dos seus pobos; en tan nobre contenda foi combatente ardoroso o famoso Frei da Boa Morte, posuidor do que nos últimos tempos se deu en chamar “armas novas”. Arma, a súa, marabillosa, porque, sendo útil na guerra, é moito mais nas xornadas da paz e do progreso: A Prensa, vehículo sempre en marcha, condutor da idea, expresado no prodixio da palabra escrita, para deleite dos ollos e iluminación dos espíritos, a palabra que por ser o Verbo, é a expresión articulada do que home ten de Deus.

Todo viajero inteligente, al llegar a un país extranjero, lo primero que hace, es ver y leer sus diarios. El que llegue a Chile y haga eso, puede tener una idea cabal de lo que Chile es. Porque, digámoslo de una vez, la prensa chilena es una de su industria las progresistas, tanto en su fisonomía como en el espíritu que la alienta, a una manera de pulso, corazón y alma de una Democracia integral ampliamente vivida.

Suárez Picallo é o prototipo do xornalista forxado na disciplina solitaria da máquina de escribir (daquela non existía o “xornalismo profesional”) que exerce unha sorte de diario apostolado da pluma, asumindo e outorgándose unha misión didáctica de servizo público, acorde cos presupostos neopositivistas vixentes, que resaltaban o progreso científico e tecnolóxico como grandes panaceas para conxurar os males da humanidade. Ademais disto, se lle poder engadir a súa fe irrecusábel nos valores esenciais da democracia: liberdade, igualdade e fraternidade; asi mesmo, o seu convencemento de que os “buenos y generosos” íanse a impoñer ó cabo ós “malos y egoístas”, fórmula de candoroso maniqueísmo con indicios románticos.

A súa visión dos temas chilenos está salientada polo afecto e a gratitude que sinte cara ó país que lle acolleu nas duras circunstancias do exilio. Ramón vai manifestar o seu interese por diversas expresións da cultura chilena, como o teatro, a música e a literatura, relacionándoas adecuadamente coas súas raíces hispánicas. Para isto vai contar coa presenza activa de figuras da “España peregrina” asentadas no noso país, como Margarita Xirgu, José Ferrater Mora, José Ricardo Morales i Santiago Ontañón, entre outras. A través destas hábiles relacións culturais vai recrear valores inmorredoiros de “las Españas” -como da en chamar á patria de Cervantes, Quevedo, Lope de Vega i García Lorca- e pon énfase na rica pluralidade das súas culturas particulares e nas súas sementes xerminadas en América. Con isto comproba, o noso grande Ramón, a universalidade que alcanzan os intelectuais e creadores galedos, sen perder a súa identidad e os seus vencellos coa “pequena patria”.


O periplo pechado e a memoria recuperada

Este ano de 2008 déramos remate –grazas ás autoridades edilicias de Sada, aos seus investigadores e mestres- ás arelas de recuperación e publicación da obra xornalística de Suárez Picallo en Chile, coa edición, polo Consello da Cultura Galega, de “La Feria del Mundo”, axeitada escolma de cento corenta e nove artigos, libro que tiven a honra e a ledicia de presentar en Sada, o 29 de maio, nunhas inesquencíbeis xornadas. No pasado mes de outubro, as cinzas de Ramón foran depositadas en Fiunchedo, sobor das colina que miran a súa amada mariña de Sada. Agardamos agora a edición dun CD coa opera magna de Ramón, as súas mil crónicas, para estudo, coñecemento e ledicia dos lectores que virán...

Porque isto non remata aquí. As homenaxes, os monumentos e as lápidas en pedra, non chegan para faceren xustiza aos homes que, como Ramón Suárez Picallo, entregaran unha vida enteira á materialización dos seus soños de liberdade, lonxe da patria, nun exilio acrisolado polo desarraigo, sen esquencer á casa petrucial nin as loitas dos seus irmáns lonxanos. Agora temos outra tarefa por diante: manter viva nas xeracións futuras a memoria do noso Ramón, sadense, santiaguino, bonaerense, galego universal, en suma. Para iso están os mestres, os investigadores, os intelectuais que, de confín a confín, facemos nosa a herdanza da súa verba escintilante e perdurábel.

(Artigo publicado no libro Ramón Suárez Picallo, a voz esquecida do galeguismo. Comisión IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, 2009)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 03-04-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO, DEPUTADO, por Francisco Rodríguez

RAMÓN SUÁREZ PICALLO, DEPUTADO


Por Francisco Rodríguez

1.-A singularidade de Suárez Pícallo

Resulta revelador o proceso polo que algúns mozos nados a fins do século XIX, entre 1885 e 1900, na transición finisecular, acabaron por facérense nacionalistas. En todos eles dáse unha experiencia biográfico-social que, unida cun esforzo autodidacta conducente ao contacto coa cultura nacional agachada, acaba por revelarlles Galiza como un país con historia, aspirante a expresarse con vontade política. Vicente Risco (1884-1963), Otero Pedraio (1888-1976 ), Castelao (1886-1950), chegan ao nacionalismo após viaxaren arredor de si, nunha especie de individualismo que, no caso risquiano, é mesmo egocentrismo. A súa formación académica, universitaria, non conducía á identificación co seu pobo negado, coas clases populares marxinadas e desprezadas, nen menos a acreditaren na capacidade e potencialidade da lingua e cultura nacionais. Porén as súas distintas formas de inadaptación ao modelo burgués, español, dominante, mesmo o seu universalismo cultural, o seu cosmopolitismo máis ou menos decadente, acabaron por desembocar no descubrimento do propio país, da súa lingua e da súa cultura. A extracción de clase –popular, en Castelao, fidalga e pequeno-burguesa, nos casos de Otero e Risco, respectivamente- posibilitaba aínda comunicación e simpatía emocional cos labregos, cos mariñeiros e cos artesáns. Tardaron en reaxir, pero fixérono, en maior ou menor grao , por motivacións diversas, con posturas práticas non totalmente coincidentes. Os anos chave sitúanse entre 1914-1918, os da primeira grande guerra, os da axitación social labrega e obreira, os das Irmandades da Fala, os da esperanza no albor das nacionalidades, os da convulsión anti-imperialista, anti-militarista e pacifista. Son os membros da xeración de 1916, a das Irmandades da Fala, o Segundo Renacemento da cultura galega. A reacción consciente no plano artístico, literario, non fai máis que anunciar praxe e ideoloxía política claramente nacionalista, substanciada no Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo (1918), nun contexto internacional e estatal ( fin da guerra, inicio da descomposición da fraudulenta democracia da Restauración) que premían a unha urxente definición e aparición afirmando os dereitos de Galiza como nacionalidade, cun programa democrático, ao servizo das clases traballadoras do campo, reivindicador da autonomía integral, incluída a financeira, favorábel á confederación con Portugal e, por suposto, pacifista.
Risco, Castelao, Otero, fanse nacionalistas á volta dos trinta anos, após transitaren pola senda predeterminada do españolismo ou do cosmopolitismo na arte, na ideoloxía. A súa actividade artística madura e transfórmase no proceso de toma de consciencia nacional que os levará á militancia política aberta e á ruptura coa tradición española bipartita da Restauración. Otero, dentro do seu tradicionalismo, incluído o espírito católico, con perspectiva de futuro, opta sempre pola crenza na vitalidade da nación fronte ao esmagador peso do conservadurismo español anti-galego,. Risco converte o seu nacionalismo nun paso máis no camiño da procura do diferente, do esotérico e do anti-burgués, pero tamén do anti-proletario. Será o único que non permanecerá fiel aos postulados nacionalistas, a Galiza como fundamentación prioritaria da súa conduta política, cando os tempos obriguen a unha progresiva decantación. Castelao, nunca elitista, sempre próximo ás dores do pobo, paseniñamente máis consciente ideoloxicamente, verase abocado a cumprir, máis a cada paso, a función de líder político do nacionalismo galego, até a súa morte no exilio.
Ramón Suárez Pícallo (1894-1964) tiña dez anos menos que Risco, oito menos que Castelao e seis menos que Otero Pedraio. Forma parte dunha xeración, como diría Carvalho Calero, epigonal en relacións cos homes de Nós e as Irmandades da Fala, sen que debamos ver niso un matiz pexorativo, senón máis ben a súa función de fin dun ciclo. É coetáneo de Blanco Amor, nado en 1897, ambos coincidentes na súa orixe popular, se ben Pícallo máis nidiamente proletario, e na súa fuxida emigratoria (Eduardo con 21 anos en 1919, Ramón con 18, en 1912). Ningún dos dous tiña título universitario, pero acadaron unha grande formación intelectual como autodidactas, beneficiada no caso de Eduardo mozo polo seu contacto cos círculos literarios ourensáns, con Risco á cabeza, labrada na emigración, sobre unha base de educación elemental sólida, no caso de Ramón. O seu encontro en Buenos Aires dará pé a unha amizade de anos, a unha fraternidade e intimidade liberadora, e ao esforzo común na dinamización da organización cultural e política dos emigrantes galegos en chave galeguista. Certamente a necesidade empurrou a Suárez Pícallo á emigración, para alén de que puidese ter pesado certa consciencia da súa actitude afectivo-sexual, aspecto que si foi determinante no caso de Blanco Amor, como tamén o foi o de fuxir do servizo militar nos tempos da guerra de Marrocos (1910-1923).Hai que considerar o que podía significar no imaxinario dun mozo galego homosexual de comezos de século a “modernidade” e o “cosmopolitismo” dunha cidade como Buenos Aires: a esperanza, fundada ou non, de que un maior espazo de liberdade, de anonimato, posibilitaría unha vida menos afogada polo prexuízo e o medo nun ámbito tan importante como o da realización sexual. Estamos perante dous “outsiders”- por orixe social, por experiencia biográfica, por consideración dos máis próximos tamén, identificados cunha cultura xa de por si marxinal e desprezada. No caso de Ramón, abertamente comprometido e leal coa política nacionalista, desde 1931. Parece todo un síntoma que o regreso de Blanco Amor a Galiza se produza xustamente após a morte de Suárez Pícallo (14 de outubro de 1964), por máis que fose un obxectivo procurado durante moitos anos antes. Blanco Amor era un artista, máis diletante e egocéntrico, seguramente, moi consciente ideoloxicamente, pero con certas reticencias políticas respeito do nacionalismo. Ramón parece ser menos diletante, sen reticencias e de gran lealdade, pero máis vulnerábel psiquicamente polas súas contradicións humanas.
Non resulta estraño que un rapaz de extracción popular, emigrado na procura de traballo e liberdade, bondadoso e con afán de aprender, en plena orxía daquela fase globalizadora finisecular, que acabou no estoupido da primeira grande guerra mundial, acabase por facerse marxista, militase no comunismo e se convertese nun activo dirixente sindical. O proprio Suárez Pícallo explícao así, nunha carta a Casares Quiroga, datada en Madrid, agosto 31/1933, cando era deputado en Cortes, á que teremos que recorrer novamente:
Inicié mi vida espiritual y política en el movimiento socialista y en los sindicatos obreros de los oficios con los que , en la emigración, tuve que ganarme el pan, en un país que es mirador y antena vibrátil de todas las inquietudes políticas y sociales del mundo. Dividido aquel movimiento ante los problemas de la post-guerra, especialmente la Revolución Rusa y la resurrección de las pequeñas nacionalidades oprimidas o aletargadas, formé parte en las filas comunistas, rama desprendida del viejo tronco socialista, convencido de que terminaba el ciclo histórico del capitalismo y de su representación política, el Estado imperialista. La Revolución Rusa, primero haciendo una Federación de Repúblicas y luego una Unión de Repúblicas reivindicaba los viejos pueblos rusos ahogados por el zarismo (en Xavier Castro, pp. 873-874)
Esa esperanza histórica no cambio social vai animar sempre a súa escrita e a súa actividade socio-política, tinxindo tamén os seus soños vitais. Especialmente foi o contacto con Blanco Amor, xustamente no momento no que se implantaba no Estado español a ditadura de Primo de Rivera, o que, sen afastar a Ramón do activismo sindical, o levou a centrar os seus esforzos na causa da Galiza e na implantación dunha República federal en España, “tan ampliamente federal que sus Estados regionales gozarían de la máxima soberanía compatible con las bases de la Federación de todos los pueblos ibéricos” (ibidem) . Convertido en xornalista, dinamizador cultural da emigración galega, para facela consciente da súa condición nacional, acabará por representar á Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e á ORGA da Arxentina na Asemblea da Coruña do 4 de xuño, convocada pola Federación Republicana Gallega, co gallo da instauración da República. Alí foi proposto como candidato a deputado pola esta provincia dunha forma certamente espontánea, non controlada, após intervir naquela asemblea impactando no auditorio en nome dos emigrados que expresaban as súas“esperanzas fervorosas en la República y en la autonomía” (ibidem). Así, crendo participar nunha opción republicana e galeguista, chegou Ramón a ser eleito deputado que formou, consecuentemente, parte da minoría parlamentar presidida por Casares Quiroga, con outros deputados, entre eles, Antón Vilar Ponte, tamén da ORGA, e, inicialmente, Otero Pedraio e Castelao, que se apresentaran tamén en candidaturas republicanas. Convencido de que o primeiro grande problema a resolver era o da autonomía da Galiza puido comprobar que non só Casares non o consideraba prioritario, senón que existía desdén en relación co tema no grupo co pretexto de que carecía de entusiasmo popular esta reivindicación, para alén de detectar xa, no debate constitucional, as tendencias anti-autonomistas de moitos dos seus membros. Unha vez fundado o Partido Galeguista, a fins de 1931, Suárez Pícallo tivo a cada paso máis claro que alí estaba o seu lugar. Nel ingresou coa condición de seguir adherido á minoría de Casares para os efectos parlamentares. Porén, no 31 de agosto de 1933, premido polo PG e perante tantas evidencias de anti-autonomismo e de práticas ideolóxicas que non compartía, abandonou a minoría:
La decisión que hoy adopto de separarme de ella , fue acordada por el Partido Galleguista hace varios meses. Postergué el cumplimiento de aquel acuerdo por la existencia de una obstrucción, a la que ni de cerca ni de lejos podía aparecer vinculado (...) El estado actual del problema autonomista- para mi, insisto en ello, el problema fundamental de Galicia- me obliga a no seguir más en la minoría. (ibidem)
O fracaso no intento de convocar o plebiscito do Estatuto de Autonomía, malia a Asemblea de Municipios en Santiago, modelo de democracia e de fervor republicano e autonomista para Ramón, desenmascaraba a auténtica posición dos partidos gobernamentais, e de forma particular a de Casares Quiroga, tan astuto para catapultarse á política estatal, desde unha plataforma galega, co pretexto da unidade de todo o republicanismo ao inicio do novo réxime, como obsesionado por ocupar unha carteira ministerial e tecer progresivamente unha alternativa republicana española na que el tivese o debido protagonismo, garantindo sempre o feudo eleitoral de Galiza. As, segundo Ramón, “excepcionais circunstancias” nas que fora eleito deputado, após 20 anos de ausencia da patria, comezaban a clarificárense: non se integrara nun partido político que comezase e rematase na Galiza, nen de conviccións autonomistas e federais. Agora podía comprender que era un estraño, unha excepción, dentro daquel republicanismo anti-galego, que o desacreditaba cos cualificativos de “aventurero”, “audaz” e mesmo “advenedizo”, unha excepción derivada do descontrolo entusiasta do asemblearismo inicial. O engano estaba ao descuberto.
Debemos ter presente, con todo, que a debilidade do nacionalismo galego á chegada da República obrigara a pactos e acordos variopintos coas forzas republicanas, segundo as circunscricións eleitorais. Castelao e Otero axiña optaron por figurar como independentes no grupo da minoría da Federación Republicana Gallega, claramente controlada pola ORGA. Antón Vilar Ponte, malia os seus desenganos e o seu papel precursor na definición ideolóxica do nacionalismo, tardou en afastarse do republicanismo casarista e non entrou no PG até principios de 1934. A posición de Suárez Pícallo cobra, neste contexto, todo o seu valor, e fala ás claras das súas fondas lealdades a unha alternativa nacionalista. De feito, desde comezos de 1932, deixa claro nos seus discursos parlamentares a súa militancia no PG, embora tarde un ano máis en deixar, como vimos, a minoría que comandaba Casares Quiroga. A xustificación foi non colaborar a un obstruccionismo parlamentar, tendo en conta as normas regulamentares do Congreso, que danase a estabilidade do goberno republicano. O proceso foi vivido no seo do PG de forma algo tortuosa, como demostra a carta de Suárez Pícallo a Bóveda, datada en Madrid o 31 de agosto de 1933, sobre o cumprimento do acordo do Consello do PG instándoo á súa separación da minoría casarista:
Xa o irmán Castelao lle comunicaría que o acordo foi cumprido antes de recibir o seu comunicado, polo que toca a miña situación económica tratarei de resolvela o antes posible, pese a miña situación angustiosa, agora agravada por enfermidade na familia.
(...)
Permita, agora, que me doia fondamente ante vostede e ante o Consello polos términos desconsiderados , duros, cuáseque insoportables das súas dúas cartas. Términos ben inxustos por certo. Examine vostede e os conselleiros, unha vez máis, a miña actuación política na Terra, con relación ao Partido, e verán como non son felón, nin treidor, nin desleal; e que esa amenaza de separarme do Partido- supoñendo sin motivo que non acataría a disciplina- non debeu ser escrita nin pensada. Ela queda, a xeito de espiña, clavada no meu esprito. Insisto en que non a merezo. ( Xavier Castro, p. 879)
Bóveda recoñécelle, na súa resposta (5, 9, 1933), na que cataloga a Casares Quiroga como “este home que podendo ser un redentor foi o pior político galego de todos os tempos” (ibidem, p. 880) que “procedemos, polo menos na forma, bastante mal”. O PG sempre contou con Suárez Pícallo como un valor político. Non deixa de chamar a atención que Castelao, compañeiro de escano e de Partido, vivindo xuntos o camiño do exilio, en contacto directo ou indirecto, e sempre formalmente fraterno, durante tantos anos, desde 1931 até 1950, non o cite nunca no seu Sempre en Galiza. Hoxe temos a certeza que a fidelidade ideolóxica de Suárez Pícallo á causa nacionalista foi clara e chegou até os últimos días da súa vida. Sen dúbida, tiña as súas opinións sobre tácticas concretas e, xa no exilio, durante a súa longa estadía en Chile e máis tarde en Buenos Aires, non deixaría de padecer temores e feblezas persoais, por mor da súa situación económica e dun certo desamparo sentimental, sen chegar nunca á deslealdade ou á traizón política.


2.-A súa actividade parlamentar: unha concepción nacionalista de fundamentación marxista.

Nas Cortes constituíntes de 1931-1933 Suárez Pícallo interveu en 45 asuntos, formulou 9 rogos por escrito e presentou tres emendas. Esta información numérica non resulta por si mesma significativa, se non coñecemos o seu contido, o contexto no que se produciron as intervencións, e o labor do resto dos deputados eleitos por Galiza. Cabe afirmar, en primeiro lugar, como dixo
Xosé Lois Garcia, na súa escolma (1978) dos discursos parlamentares de Castelao, Otero, Suárez Pícallo e Villar Ponte que “os deputados da minoría galeguista foron a vox populi que por primeira vegada na historia do povo galego , fixeron ouvir as súas voces nun Parlamento a vegadas xordo” (p.9). Nesta aspecto non hai lugar a reticencias: Galiza existía grazas a eles. Polos demais, os mecanismos regulamentarios non favorecían a actuación directa de deputados xa no inicio encaixados nunha minoría parlamentaria,e progresivamente considerados independentes, pero sen poderen conformar grupo parlamentar proprio. Lémbrese que Castelao e Otero abandonaron a minoría parlamentar da Federación Republicana Gallega xa a comezos de 1932, por decisión do Consello Executivo do PG, que Suárez Pícallo o fixo após o verán de 1933 e que Antón Villar Ponte, fundador da ORGA, mantivo a fidelidade a este partido, malia sentirse incómodo coa traxectoria seguida de hostilidade co autonomía de Galiza, enfrontándose aos seus compañeiros que só argumentaban coa defensa dos “intereses nacionais” e automarxinándose cada vez máis, como subliña Xavier Castro (1985, p. 562). Este historiador, na súa documentada e interesante obra O galeguismo na encrucillada republicana (1985), chega a unha conclusión que, partindo dalgúns dados parciais certos, non resume xusta, matizada e verdadeiramente a conduta, a actuación, o significado e o valor dos deputados sometidos á disciplina do PG:
Digamos, ao cabo, que os deputados galeguistas eran máis intelectuais que políticos, e iso notábase. Desagradáballes terse que enfrontar con outros políticos e sofrían cos ataques que lles facían desde a prensa. Actuaban pouco e amilanábanse ao falar, temendo ser interrumpidos polos diputados duros e agresivos, que chegaban as veces a ser soeces, denominados “xabaríns”, entre os que era figura prominente o socialista Rodríguez Soriano, capaz de ridiculizar coas súas burlas e chocalladas os párrafos oratorios máis inspirados. Por todo elo Otero Pedraio procuraba ir o menos posible a Madrid, e Castelao ía ben amolado. Pícallo, que era o máis político dos tres, sentíase acomplexado pola súa condición de bachiller e estudante de dereito, cando tiña que medirse cun Parlamento no que tiña asento o máis granado da intelectualidade española. Se as cousas non resultaron pior foi debido á ríxida disciplina a que os sometía o Consello Executivo do PG e moi especialmente ás presións e recriminacións de Bóveda ( ibidem, p. 564)
Francamente, é moi posíbel que non se topasen cómodos nunha atmosfera de hostilidade ou menosprezo por unha ínfima minoría galega, regulamentariamente marxinal. Tamén o é que a súa educación preferise unha dialéctica máis dialogante e con resultados práticos, sen tantos boicotes, isto é, sen tanta xordeira do Goberno. Pero non se pode falar de que “se amilanaban”. Nada hai no Diario de Sesións que o corrobore. Sempre serenos, imaxinativos, firmes e irónicos perante interrupcións ou provocacións. Polo demais, non eran eles os únicos intelectuais, como recoñece explicitamente Xavier Castro. A españolidade estaba alí representada polo máis “granado” ( Unamuno, Sánchez Albornoz, Fernando de los Ríos, Ortega, Jiménez de Asúa, o mesmo Azaña...). Non hai resto algún de complexo nos discursos, na forma de proceder nos debates, por parte de Castelao, Otero e Pícallo. Todo o máis, unha educación esmerada. Certamente, Suárez Pícallo era o máis activista dos tres, experimentado na oratoria pública mesmo en contextos conflitivos, como sindicalista. Cousa distinta é que a españolidade clasista tiver un recurso na situación académica de Suárez Pícallo para intentar ferilo, como resposta precisamente á súa incuestionábel valía oratoria ao servizo da causa galega. Non era a dinámica parlamentar de entón a de hoxe. Nen na producción cuantitativa, nen no número de sesións nen na duración das mesmas era o mesmo. A zunía xorda, o desprezo ou o afán de menosprezar estiveron entón ambientalmente presentes como moitas veces están hoxe. Os deputados galeguistas puideron constatalo, sentirse afectados por iso, pero non o interiorizaron ao extremo de se acovardar ao falaren. Foron claros e contundentes.
É máis. O máis prolífico foi o que tiña menos estudos: Ramón Suárez Pícallo. E aparece desde o comezo defendendo o seu pensamento nacionalista e marxista, interpretando a realidade galega, desde esta perspectiva. Aproveita a súa intervención sobre o proxecto de constitución ( Diario de Sesións,nº 44, 24-9-31) para explicar o nacemento democrático e revolucionario da reivindicación galega, os sucesos de Carral de 1846. Desde entón houbo sempre na Galiza unha arela autonomista, que a chegada da República non fixo máis que avivar. O preito autonómico non é, pois, só un preito catalán ou vasco. Aclara que Galiza ten o seu Estatuto elaborado e advirte:
No lo hemos querido traer hasta hoy a estas Constituyentes, porque entendíamos que era de buena política esperar a que quedase planeada la estructura del Título Preliminar y I de la Constitución para encajar el Estatuto en las posibilidades que allí se consignasen.(ibidem)
E informa que vai votar a emenda presentada, “porque el pórtico de las aspiraciones regionales queda más amplio y definitivamente abierto”. A posición de Pícallo consiste en afirmar a personalidade de Galiza, destruída polas organizacións teologais e monárquicas españolas. Os que traballaron pola República fixérono con tres alentos principais: o problema social, o problema civil da liberdade e o problema das nacionalidades ibéricas, segundo el. Amosa a súa credulidade na ORGA e fai unha interpretación histórica do seu significado e do seu proceder que expresa as esperanzas nela depositadas:
...la ORGA y la Federación Republicana Gallega, que conseguían por primera vez en España el hecho magnífico de tener un representante, como tal representante gallego, en el Pacto de San Sebastián, primero, en el Comité Revolucionario, después, y hoy en el Gobierno de la República (ibidem)
Cais eran os problemas socio-económicos que a República debía solucionar? Ramón Suárez Pícallo concrétaos desde unha óptica galega, intentando demostrar que os intereses de Galiza eran os intereses de España porque sempre se argumentaba en nome do interese xeral na elaboración de leis, inadecuadas por non contemplaren a nosa especificidade, a nosa singularidade. Os problemas que merecen a súa atención máis especial son: a crise da industria conserveira, a necesidade de construción de portos de refuxio para as embarcacións mariñeiras, a situación angustiosa do campo galego ( aranceis sobre o millo, contribucións, contrabando de gando, inadecuación da reforma agraria, foros, falta de ensino profesional ...), o paro obreiro en xeral e concretamente o provocado pola crise do naval na ría de Ferrol...Nunha palabra, os intereses da clases traballadora do campo, como a máis relevante do país, e os da industria característica, a naval militar e a conserveira. Porén, este tratamento da problemática social e económica que afecta as clases populares galegas faise sempre desde análises non xenéricas, abstractas, ou simplemente clasistas. Incardínase dentro dun contexto nacional galego e do papel que cumpre Galiza dentro do Estado, isto é, do trato que recibimos, da incomprensión que padecemos, precisamente por non atenderen a especificidade ou por seren insensíbeis aos nosos problemas , ás veces con solucións antitéticas a outros intereses dominantes no Estado. Achamos así a un deputado que alía na súa dialéctica nacionalismo e marxismo, non como unha dualidade dicotómica senón como unha síntese necesaria para entender a realidade. Isto é, dota de fundamento material a causa nacional galega que aparece entremeada coa loita de clases. A alternativa autonómica é un requisito para enfrontar os problemas das clases populares galegas.
O cerre progresivo dos mercados americanos para a industria conserveira galega, por mor do aumentos dos aranceis ás nosa latas de conservas, facía perigar unha industria da que “viven, con sus correspondientes familias, alrededor de 150.000 familias”( Diario de Sesións,nº 95, 7-1-1932), para alén de provocar a diminución de vendas nos pescadores e a conseguinte miseria en 30.000 familias. Pícallo propón ao Goberno que, tendo en conta o novo criterio americano, arxentino en concreto, de “comprar a quien nos compra”, importe millo de Arxentina, tan necesario para a gadaría e o consumo popular, a cambio de nos compraren conservas. E acaba, dirixíndose ao Ministro de Traballo e Previsión, por pedir a adaptación da Lei de Seguro de Maternidade ás mulleres da industria conserveira de Galiza. Partilla que haxa previsión social, pero critica a súa inadecuación para mulleres que maioritariamente traballaban tres meses ao ano na industria e o resto no campo como labregas. As súas argumentacións foron interrompidas constantemente desde as bancadas socialistas, sempre despectivas cos matices diferencias que enunciaba o noso deputado, que se viu obrigado a espetar, após ouvir unha ignorante impertinencia ( “hay que enterarse antes de los problemas”): “y conocer los países para los que se legisla, en sus más íntimas peculiaridades. Y eso es lo que no ocurre mientras Galicia no tenga autonomía” (ibidem). Perante a interrupción de que a industria galega “ se está transformando, como la de todas partes”, repuxo:
La industria de Galicia se está transformando y se ha de transformar no en el sentido capitalista común, que es el punto de referencia de SS.SS. cuando se refieren a la legislación social, sino en el sentido colectivista (Rumores) y ha de ser en un sentido netamente gallego, de colectivismo gallego, con vieja y legendaria tradición en nuestra costa, con características netamente gallegas, con procedimientos gallegos, y si fuera posible, incluso con una legislación gallega. (Nuevos rumores) (ibidem)
A necesidade de construción de portos de refuxio para a flota litoral, vital para os pescadores poderen guarecer as súas pequenas embarcacións das marusías e temporais, que puñan en perigo mesmo ás súas casas, vincúlaa Ramón ao problema do paro obreiro, sabedor de que o Goberno da República realizaba esforzos por resolvelo mediante obra pública. Mais Galiza non era obxectivo prioritario. A construción destes pequenos portos de interese local constaba xa con estudos e proxectos feitos e co compromiso de contribución económica (25%) dos concellos. Debía ser sacada a poxa para iniciárense as obras, tal é a petición de Ramón. No debate (Diario de sesións,nº 97,12-1-1932) participou o Ministro de Obras Públicas, Indalecio Prieto, quen expresou criterios moi expresivos dunha mentalidade centralista e de desenvolvemento desigual. Sen requilorios defendeu o criterio de que a distribución das cantidades destinadas a plan de obras públicas non se facía “en razón a las comarcas donde mayor crisis de trabajo haya”, sino de la eficacia:
Es decir, que, a mi juicio, el Gobierno no debe llevar el dinero a las comarcas más necesitadas por una mayor crisis de trabajo, sino que debe llevarlo a aquellas obras que sean más eficaces y de una inversión más renditiva, haciendo, si es preciso, el traslado de los contingentes de trabajadores...(ibidem)
Para o Ministro había que fuxir do que consideraba presión localista para levar a maior cantidade de diñeiro posíbel para a respectiva “región”. Porén, o que el estaba a facer era xustificar, en nome dunha discutíbel “perentoriedad y reproductividad de las obras”, unha emigración interna no Estado inasumíbel desde unha perspectiva social xusta e moitos menos desde unha perspectiva nacionalista. Pícallo replicou ,consecuentemente, que o sector pesqueiro tiña grande interese económico e potencial de desenvolvemento.
A situación angustiosa do campo galego foi obxecto de repetidas iniciativas por parte de Ramón. O debate parlamentar poría ao descuberto continuamente a contradición de intereses na Cámara e a falla de incardinación dos de Galiza no que se consideraba o interese xeral de España. No caso dos “aranceles del maíz” (Diario de sesións, nº 97, 12, 1, 1932) estaban detrás os intereses dos “señores terratenientes del centro”: “...se intenta combatir la introducción del maíz para colocar en Galicia el salvado y subproductos del trigo, para alimentar con ellos nuestros ganados” (ibidem). A aseveración enfática de Pícallo de que, neste problema de aranceis, “quizá nos conviniera más , Sres. Diputados, que Galicia no fuera España”, provocou rumores de pasmo e escándalo. A ignorancia interesada sobre Galiza levaba mesmo a algún deputado, como Díaz Alonso, a afirmar que o millo non se utilizaba como pan, o que tiña que ser rebatida con estas palabras:
Desgraciadamente, señores diputados, en mi país, en casi todas las comarcas labriegas, el maíz es, no solamente un articulo necesario para alimentar y criar nuestro ganado, sino que es un articulo indispensable para el consumo de la población. Se come el pan de borona y todos los días y en todas las casas labriegas de Galicia hay el desayuno típico, que se llama “papas de maíz”, que es algo así como la polenta italiana, que Marx señalaba como la alimentación de los pueblos más depauperados. Yo, que soy hijo de un hogar labriego y marinero, he comido pan de borona, de ocho días, encima de la barquilla pesquera. Puedo, púes, hablar del tema. (ibidem)
O proceso discursivo acaba levando ao noso deputado á tese do beneficioso que sería para Galiza un réxime de librecambio, á constatación da perda do mercado inglés e francés para a carne galega por mor dos aranceis proteccionistas para as industrias españolas, nunca as de aquí. Nesta ocasión, os intentos de paralisar o decreto gobernativo, que rectificaba a política arancelaria respeito da importación do millo, representados polo voto particular do deputado Díaz Alonso contra o ditame, non triunfaron. O relator da Comisión, Sr Morón, aliñouse con Suárez Pícallo e denunciou que o voto particular defendía os acaparadores, responsábeis das subas do cereal, non aos produtores de millo nen aos pequenos agricultores. Subliñou a conveniencia de protexer os intereses da riqueza gandeira, para el unha posibilidade nada desprezábel na España. Lembrou que, nesta cuestión, a reforma arancelaria beneficiaba tamén a Andalucía. Díaz Alonso acabou recuando na súa paixón desenmascarada facendo uso dun ton que pretendeu aliar ironía e lexitimidade da posición dos asinantes do voto particular. Efectivamente, após advertir que Suárez Pícallo traía o seu discurso “magnífico y elocuente” preparado, en contraste co del improvisado por ter que substituír a outro deputado, aseverou que “también hay que defender el trigo”, acabando coa consabida ladaíña:
Y no hay otra cosa, Sr. Suárez Picallo, ni hay por qué poner unas regiones frente a otras, sino hermanarlas a todas ellas para que juntas constituyan una España grande dentro de la República española (ibidem)
Intervindo en relación cos proxectos gobernativos de nova tributación ( Diario de Sesións,nº 123, 25-2-1932), identifícase co obxectivo de que comecen a pagar moitos que non o facían ou facíano de forma pouco equitativa. Porén oponse á nova tributación por rústica no referido á pequena propiedade rural. As razóns pivotan nas seguintes argumentacións: a) para os labregos pequenos propietarios, a imensa maioría da poboación galega, a terra non é unha riqueza senón simplesmente un instrumento de traballo; b) os custos da produción agraria na Galiza están por enriba dos beneficios para o traballador da terra; c) o Estado en concepto de fisco e os concellos en concepto de utilidades cobran cantidades desorbitadas por hectárea (España, 5 pts por hectárea; Galiza, 71 pts); d) a maioría dos propietarios rurais galegos posúen menos dunha hectárea; e) a emigración é unha consecuencia lóxica dun estado de dependencia física e espiritual á terra que o absorbe todo:
... la tragedia de la emigración que yo siempre, cada vez que me levanto a hablar de Galicia, no puedo dejar de mencionar porque yo he sentido en mi estómago el roer del hambre en la emigración, la tremenda angustia de ser hijo de una tierra rica , fértil, que me arrojaba a tierra extraña para entregarle mi trabajo, porque mi tierra no me daba el pan y otras cosas tan necesarias como el pan, que es la cultura del espíritu ( ibidem)
A produción agraria galega non é para o mercado; é basicamente para o consumo. O signo monetario ten na Galiza maior valor. O déficit monetario das familias procúrase enxugar na emigración dos homes novos ás cidades ou ás Américas. En definitiva, os dous elementos que máis inflúen na emigración son os tributos e os foros. Aproveita o tema e a ocasión para expresar unha solución en nome xa dos deputados do Partido Galeguista:
...los Diputados que estamos enrolados en el Partido Galleguista tenemos una solución para este grave problema, y en este sentido hemos presentado a las Cortes una proposición de lei eximiendo a la pequeña propiedad , a aquello que constituye una unidad mínima labriega, de toda tributación; eximiéndola, además, del embargo , consagrándola así jurídicamente como instrumento de trabajo (ibidem)
Este era o problema económico fundamental da Galiza, un país de case dous millóns e medio de habitantes dos que só 200.000 eran claramente urbanos. Por iso ocupou o campo galego, as nosas clases traballadoras cuantitativamente máis importantes, boa parte da actividade parlamentar de Pícallo e da análise económica do PG. Aproveitando a intervención de Otero Pedraio, compañeiro de partido, en relación co proxecto de lei de Reforma agraria (Diario de Sesións,nº 167, 18,5,1932), necesita completar o cadro. Parte dalgúns principios xerais que del se desprenden (a terra como instrumento de traballo; función social da terra; a terra para quen a traballa) para afirmar que a terra de Galiza reúne esas tres condicións. Endebén, o problema, máis unha vez, consiste en que ningunha lei xeral do Estado español pode contemplar os problemas peculiares. Encara así a súa intervención camiño da discusión sobre o concepto de unidade en España:
...al revés de lo que aquí se ha dicho el otro día de que España marcha a la unidad, sostenemos que marcha a la federación y para eses fin trabajaremos, dando todo, incluso la vida; porque el marchar España hacia la unidad sería la inmensa desgracia de volver al pasado, y a eso no podemos volver a pretexto de ninguna doctrina jurídica, ninguna soberanía ni de cosa alguna que no sea lo que realmente vive y late en el pueblo español, porque España no es, a nuestro entender, una unidad, sino un conjunto de unidades que se armonizan entre si. Por eso, los que tenemos profunda fe en que en un futuro próximo España será federal (...) sostenemos la conveniencia de que con ocasión de esta ley tan importante y también de otras leyes, se contemple la situación de las regiones y se deje abierta la posibilidad de que sean ellas las que den forma, solución a los problemas que les son peculiares (ibidem)
Ramón expresaba entón a súa esperanza de que dentro de moi pouco tempo Galiza traería o seu Estatuto coas competencias plenas en agricultura. Volvendo ao rego da problemática agraria concreta, referiuse á necesidade de crédito agrícola para a transformación dos nosos cultivos para que rendan (prados e gando, froita...), a ensinanza profesional dos nosos labregos, a creación de organizacións cooperativas capaces de industrializar os nosos produtos agropecuarios...Como Otero tiña aludido ao individualismo negativo dos nosos labregos, Ramón aclara que existe desde que “Galicia dejó de ser Galicia” no século XV, pero engade:
Del espíritu comunista de nuestra estirpe celta quedan aún hoy en Galicia vivos vestigios: el trabajo a trueque día, la permuta entre productos del mar y de la tierra. Este espíritu tiene hoy una orientación: el cooperativismo ( ibidem)
Polo tanto, Suárez Pícallo, como o PG, aceitaban os principios xerais da lei de Reforma agraria no que se refería a sentar o criterio de que a terra é para quen a traballa e de quen a traballa, dentro dunha tradición galega que –lembraba- se expresaba contundente no Manifesto da Asembleia Nazonalista de Lugo (1918). Pero para este principio humano e redentor se aplicar correctamente, había que contemplar os problemas específicos, neste caso os galegos. Acabou por defender, noutra ocasión (Diario de sesións, 7-9-1932), unha base adicional na que se pedía que as rexións autónomas, as mancomunidades e as provincias onde o réxime de agricultura fose o do minifundio, podan estudar, de acordo co Instituto de Reforma Agraria y previa consulta ás Corporacións parroquiais e municipais de campesiños , os puntos cardinais dunha reforma agraria adecuada: concentración parcelar, crédito agrícola gandeiro ; cooperativas de produción; industrialización e distribución de produtos agropecuarios; transformación de cultivos; escolas de economía rural e orientación campesiña, e hixiene e estética da vivenda rural. O problema dos foros e a cuestión fiscal merecían proposicións de lei específicas, que xa presentaran deputados galegos, el, entre outros. Co gallo do debate sobre os orzamentos de Agricultura para 1933 (Diario de sesións,nº 277, 16-12-1932), volveu repetir que os problemas dunha economía rural minifundista como a galega se resolverían adecuadamente só cando Galiza for autónoma. Repetía esta tese consciente de que era a véspera da xunta dos Concellos do país en Santiago de Compostela para daren o primeiro trámite legal á carta autonómica galega. Devecía por contar coas competencias en agricultura. Explicou cal era a contribución fiscal da terra galega ao Estado e o que lle adicaba o Ministerio nos Orzamentos. A diferencia era abismal ( case sesenta veces menor), e ademais os gastos eran preponderantemente burocráticos, ineficaces ou contraproducentes. Debullou un sennúmero de problemas que non achaban ningunha preocupación na actuación da burocracia, algúns aínda hoxe vixentes.
Unha vez votada a Lei de Reforma agraria nas Cortes, Ramón aproveitou para tratar o problema dos foros, xa que unha das súas bases establecía que quedaban abolidas todas as pretensións de orixe señorial, sexan en diñeiro ou sexan en especie. Pero na Galiza había que someterse a un trámite xudicial para saber se o foro era de orixe señorial, o que resultaba moi problemático, infundía medo e era burlado pola negativa a ensinar documentos acreditativos da procedencia dos foros por parte dos seus cobradores. Propuxo que, de inmediato, se os cobradores non ensinaban o documento sobre a orixe do foro, os labregos non tivesen a obriga legal de pagalo. Advertía que xa antes da República moitos labregos tiñan redimido algunhas rendas forais a custa de sacrificios enormes e que, agora, os funcionarios de Facenda intentaban cobraren aos labregos o gravame que o cobrador do foro pagaba como renda. A terra quedaba sen liberar de novo, en contra do labrego. Á espera de que se aprobase unha lei específica sobre os foros, propuña que se suspendese a tramitación de todos os xuízos por falta de pago dos mesmos.
A altura do 4-4-1933 (Diario de sesións, nº322) Suárez Pícallo interviña con desacougo e escepticismo, denunciando o desinterese, o silencio do Goberno perante os problemas agrarios de Galiza, o vacío en que caían as súas palabras.Resultáballe máis lamentábel tendo en conta a súa admiración polo Ministro Marcelino Domingo. Había que repetir as mesmas demandas, as mesmas queixas, os mesmos problemas, aos que viña engadirse un convenio con Uruguai en trámite parlamentar, gravemente lesivo para os intereses da Galiza. O quid consistía en que se aplicaba unha lexislación que non encadraba na especificidade galega. Agora era o temor concreto, após constatar só aplicacións negativas da Lei de Reforma agraria na Galiza, a unha lei de arrendos pensada para Andalucía, Extremadura e Castela. E volvía a reparar:
Pero en Galicia la propiedad rural, que es un medio de producción y un instrumento de trabajo, en vez de estar concretada entre una décima parte de la población , está dividida entre las nueve décimas partes. Es decir, que mientras en otras partes es patrimonio de renta de un número privilegiado, en Galicia esta propiedad rural y su valor tenemos que defenderla , porque no es un patrimonio de un núcleo de privilegiados, sino que es el único patrimonio y la única riqueza de las nueve décimas partes de la población rural (ibidem).
Nesta diferencia cifraba Suárez Pícallo e o PG a esperanza en lograr que Galiza fose unha “exemplar democracia social”. Debeu aturar a interrupción continua doutro deputado, o Sr. Lorenzo.
A decepción dos deputados nacionalistas co Goberno plasmouse nunha cascata revisora de todos os problemas tratados até entón, que non se fixera nada para resolvelos. Baixo a forma de interpelación ao Goberno, co título “Problemas de Galicia”, interveu primeiro Castelao (23-5-1933) e ao día seguinte (24-5-1933), Otero Pedraio e Suárez Pícallo. A Ramón tocoulle falar de temas “duros”, de tipo económico e social. É consciente de que se vivía unha etapa convulsiva, de cambio social a nivel mundial. Novamente cita a Marx para afirmar que os movementos revolucionarios perseguían que os medios de produción, os instrumentos de traballo sexan posuídos pola maioría da sociedade. Na Galiza, estando estes instrumentos en maos das nove décimas partes da súa poboación, cómo é posíbel que comece a haber síntomas de carácter revolucionario? Como é posíbel a decantación progresiva de moitas organizacións agrarias que comezaran a súa actividade na bandeira antiforal , hoxe constituídas por pequenos propietarios, cara a CNT ou a UGT, proprias do proletariado industrial ou dos xornaleiros? Sen dúbida é a sensación real de explotación. Suárez Pícallo aclara que, en puridade, a loita de clases tomaba a seguinte formulación na Galiza:
Y en Galicia, Sres. Diputados, si hay alguna lucha perfectamente explicada , perfectamente delimitada, perfectamente clara, no es una lucha de clases entre explotado y explotador; es una lucha de todos los trabajadores de Galicia, o de su mayoría, contra el Estado (...) contra el Estado cobrador de tributos y gendarme, que es lo que fue hasta hoy el Estado en Galicia (ibidem)
A sensación de crise, de convulsión social, está agudizada polo feito de que xa non chega de América, como antes, case o 50 por cento da circulación monetaria de Galiza, pero chegan “barcos cargados de desocupados, de derrotados, que aumentan el número de nuestros obreros sin trabajo” (ibidem). Con este panorama, o goberno da República aumenta as contribucións, mantén os aranceis sobre o millo, protexe a siderurxia vasca, a industria téxtil catalana, o carbón asturiano, o trigo castelán, pagándoo a economía galega ( a conserva, o sector agropecuario...). Ramón asevera:
Por la geografía, por la economía, por la peculiaridad de sus problemas, Galicia es en España un país separatista. Aún no habiendo en Galicia espíritu separatista ni ideales seaparatistas- que los habrá y fuertes cuando Galicia se dé cuenta de que su no separatismo es una pura perdida para ella- el separatismo económico late vivo ahora mismo (ibidem)
As importacións de carne conxelada, en nome da “economía nacional”, mesmo antes de entrar en vixencia o Tratado comercial con Uruguai, contribúe a maior indefensión da industria gandeira galega. Ao negociar tratados internacionais o Goberno acórdase do que considera “economía nacional” (aceite andaluz, laranxa valenciana...). Nese concepto non entra nen a industria conserveira-pesqueira galega, pese a representar o 75% do total de España. O discurso de agravios foi tan longo que o deputado foi interrompido pola Presidencia para continuar ao día seguinte (Diario de sesións, nº 344, 25-5-1933). A enumeración continuou: importacións de madeira a prezo de dumping, falta de repoboación forestal, contrabando de gando pola fronteira con Portugal, desatención na aplicación de aspectos positivos da Reforma agraria, desprezo e desatención coa Misión Biolóxica de Galicia, carencia total de ensinanzas agrarias e pesqueiras, espera pola prometida lei de foros, falta de vixilancia mariña, carencia de portos de abrigo. E rematou con Ferrol. A ansiedade dos 3000 traballadores da Constructora Naval que podían ir ao paro por falta de traballo. Era unha empresa privada, pero vivía do traballo para o Estado: a construción de buques de guerra. Suárez Pícallo, como xa fixera con anterioridade, en outro debate ( Diario de sesións, nº 135,15-3-1932), expresou o desexo de que Ferrol non permanecese atado á construción de naves de guerra. O ensoño era que aquelas instalacións e capacidade técnica dos traballadores valesen para organizar un vasto plano galego de industrialización. Precisamente no devandito debate afirmara:
El Diputado que habla , toda su vida, ha actuado en un sentido profundamente pacifista, más aún, profundamente antimilitarista, y la agrupación política a la que pertenezco, el partido galleguista, proclama, por su parte, como uno de los principios fun damentales, el federalismo internacional, el antiimperialismo y el pacifismo (ibidem)
Agora ben, tacticamente, o PG debía defender os obreiros afectados dunha cidade creada polo Estado para o seu interese, que agora non podían ser botados na vía pública. Igual que os militares sobrantes do Exército foron compensados con outro medio de vida, os obreiros sobrantes da Constructora non debían ser condenados nen á fame nen á emigración, porque foran creados polo Estado e o serviran. Conste que a defensa máis acesa e fundamentada dos obreiros ferroláns e a definición máis acertada do valor daquela cidade e a súa comarca, correu nas Cortes Constituíntes por boca de Ramón Suárez Pícallo.


3.-Colofón

Nas Cortes de 1936, após os traballos axitativos durante o bienio negro a prol do Estatuto non conseguido, a militancia activa no PG e o remate dos seus estudos de Dereito, volvía o noso deputado, recentemente eleito de novo, agora en representación do PG, dentro das candidaturas da Fronte Popular, á carga. Pero os acontecementos encamiñarano progresivamente cara ao exilio. Antes puido asistir á sesión de Cortes celebrada o día 1º de febreiro do 1938 en Montserrat na que o Estatuto Galego tomou estado parlamentario, grazas sobre todo á teimosía de Castelao. Posteriormente lembrará en artigos para revistas e xornais a histórica xornada plebiscitaria de xuño do 1936, a entrega das actas notariais nas Cortes o 15 de xullo de 1936, na que participou, as retencións na tramitación que padeceu, as Cortes de Montserrat e a sesión celebrada en México, xa en 1944, onde se nomeou a comisión parlamentar encargada de ditaminalo.
Nunha entrevista, con 67 anos, concedida aos seus alumnos dun curso de xornalismo, á pregunta de que fixo na Galiza desde 1931, responde: “Elegido diputado en 1931 a las Cortes Constituyentes de la República por Coruña, intervine en el Parlamento con sesenta y dos discursos sobre Galicia en dos años...” (“Ramón Suárez Pícallo, escolma de textos en galego”, 2008,p 174). Nen unha palabra sobre a guerra nen os sufrimentos do exilio. Curiosamente sae a relucir a guerra para xustificar a súa soltaría...Ramón lembraba o seu activismo, as súas intervencións, nada acomplexadas, e as máis diversificadas dos deputados nacionalistas. Nós admiramos hoxe a súa oratoria precisa, clara, exenta de excesivas retóricas, directa, de bo xornalista. E podemos constatar como as súas análises, expresión do traballo colectivo organizado polo PG, especialmente sobre o campo galego e o papel da economía galega dentro do Estado español, serviron de partida aos estudos posteriores que realizaron Xosé Manuel Beiras ou Ramón López Suevos, empeñados en aplicaren de forma non dogmática o marxismo á realidade nacional galega, ou si se quixer, en vincular nacionalismo e marxismo. Vinculación que hoxe sustenta unha parte esencial do movemento nacionalista galego.



Bibliografía:
Castro, Xavier: O galeguismo na encrucillada republicana, 2 v, Deputación Provincial Ourense, 1985.
Diario de Sesións, Cortes Constituíntes, 1931-1933, Cortes de 1936
García, Xosé Lois: Discursos parlamentarios (1931-1933), escolma de discursos de Castelao, Otero, Suárez Pícallo e A. Vilar Ponte, Ed.. do Castro, Sada, 1978
Paz Andrade, Valentín: Castelao na luz e na sombra, Ed.. do Castro, 1982
Suárez Pícallo, R: Escolma de textos en galego, Concello de Sada, Consello da Cultura Galega, 2008



Publicado en Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo, Comisión Irmáns Suárez Picallo, Sada, 2009.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 20-03-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
REENCONTRO CON BOS AIRES

RSP voltou á Arxentina en xuño de 1954 por mor do aniversario do Plebiscito do Estatuto de Galicia ( a causa do seu pasado político foi considerado "persona non grata", de ahí a súa longa estancia en Chile.)O recebimento foi clamoroso e iso animou a RSP a voltar a Bos Aires (cousa que fixo, unha vez desaparecido Perón no ano 1956 co gallo do I Congreso da Emigración, regfresando definitivamente á Arxentina.)
Neste entrañable artigo (que nos permite reconstruir moitos momentos da súa vida) lembra a súa saída de España como emigrante e tódolos acontecementos que lle ocurriron e que -coma tódolos galegos- acabou traballando de calquera cousa. Comenta a súa incursión como sindicalista e a volta a España para participar na vida pública española durante a breve República...e remata, comparando o cambio que experimenta a capital -que tiña 700.000 habitantes cando el chegou por primeira vez- e que agora está xa nos 5 millóns de persoas...


11 de julio de 1954
LA FERIA DEL MUNDO

REENCUENTRO CON BUENOS AIRES


Desde algunos días se encuentra en Buenos Aires, nuestro redactor, señor, Ramón Suárez Picallo, quien ha sido invitado a dar allí un ciclo de conferencias. Aprovechando su estada en esa ciudad, Suárez Picallo hará una serie de semblanzas sobre la capital argentina así como sobre su desenvolvimiento material y espiritual que aparecerán en su habitual sección “La Feria del Mundo”, y de las cuales insertamos hoy la siguiente a manera de prólogo:

“Dimos vista, por primera vez, a la ciudad de Buenos Aires el 19 de marzo, día de San José del año 1912. Veníamos dirigidos y confiados a un compañero de escuela de nuestro pueblo natal, que trabajaba en la calle Bolívar 262, en una casa de Cajas de Fierro –Vetere y Compañía-; pero unos días antes de nuestra llegada, el vecino de nuestra única referencia se había ido a Bahía Blanca. Y ahí quedamos, sin saber a quien dirigirnos, en medio y medio de la gran urbe porteña, que tenía por aquel entonces 700 mil habitantes.

“El cochero que nos había traído desde la dársena norte se dió cuenta de nuestra angustia de recién llegados y nos hizo un concienzudo interrogatorio. Y, sin más ni más, nos resolvió el problema, llevándonos a la casa de unos vecinos de nuestro propio Ayuntamiento, situado en la calle Catamarca, entre Belgrado y Moreno. Allí no tenían cómo acomodarme y me llevaron a la calle Solís 351, donde vivimos con nueve paisanos en una ancha habitación de un conventillo famoso. Días después me empleé como peón de botica, en casa de Baralis, en Entre Ríos esquina de Venezuela.

“De allí para adelante todo fue para nosotros como coser y cantar. Vendedor de artículos de goma; vendedor de alfajores cordobeses, mandioca y dulce de leche, con una cesta en la cabeza; cobrador de una gran casa mayorista; honesto lavaplatos, repostero y despensero de buques mercantes; después agitador obrero y luego periodista, panfletista demagógico y hasta orador en los mítines del 1° de mayo, fué nuestra vida en Buenos Aires, vivida a plenitud de esperanzas, ensueños e ilusiones.

“Hemos compartido, más tarde, desde el modesto plano de oyentes y espectadores, reuniones y tertulias en “peñas” famosas de la intelectualidad joven de Buenos Aires, de la segunda y tercera décadas del presente siglo. Y en la batalla literaria entre los intelectuales proletarios de Boedo –barriada popular- y los de Florida, de perfil aristocrático, estuvimos con los de Boedo, que se sabían de pe a pa toda la literatura rusa. E incluso, hemos echado nuestro buen cuarto a espadas en política, metiéndonos donde nadie nos llamaba, para ir a dar, alguna vez, a la vieja sección Orden Social de la Policía Argentina, en la calle Moreno y Saénz Peña. Andanzas impregnadas de idealismo generoso a las que no queremos renunciar, porque fueron, acaso, lo más bello de nuestra vida y de nuestro peregrinaje por los caminos del mundo. Desde Buenos Aires hemos recorrido toda la República, desde los Chacos a las Patagonias, todo el Continente Americano y de buena parte del europeo con su tanto y cuanto del africano, teniendo siempre a Buenos Aires como punto de partida y de retorno.

“En marzo de 1931 salimos de él para nuestra patria nativa, dejando atrás la patria, donde habíamos vivido y convivido 20 años. Y lloramos por lo que dejábamos, en espera de la alegría, que a veces fue tristeza, de volver al punto original de nuestros viajes. Designio espiritual de las gentes de nuestra estirpe que tienen saudades de lo que dejan y de lo que esperan o, como decía Unamuno; “Añoranzas de un remoto bien perdido y esperanzas de un bien muy deseado”.

“Pasamos, fugaz y modestamente, por la historia de nuestra patria. Cruzamos, también muy a la ligera, por las aulas de su universidad gloriosa; y allí hemos aprendido a sintetizar lo que sabíamos de nuestras andanzas y de nuestros viajes mundo adelante, teniendo como referencia a esta ciudad, a la que podemos tratar de tú, “porque nos hemos criado juntos”; desde las 700 mil almas que tenía cuando la hemos visto por primera vez, hasta los 5 millones que está bordeando ahora, cuando nos reencontramos con ella y con nosotros mismos al conjuro de viejos y bien amados recuerdos y de cordiales amistades.

“¿Cómo es el Buenos Aires de hoy? ¿Qué ganó y qué perdió, espiritualmente, con su gigantesco progreso material? El tema será tratado por nosotros en crónicas próximas. Mientras tanto, que nos perdonen nuestros habituales lectores este “desfogue” emocional, al volver a posar nuestros ojos sobre la urbe donde ellos hicieron su aprendizaje de universalidad y de infinito.”

(Artigo publicado no xornal La Hora, en Santiago de Chile, no día 11 de xullo de ... 1954)
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 11-07-2010 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO. NOTAS AUTOBIOGRÁFICAS (e IV)
Francisco A. Pita Férnández
Manuel Pérez Lorenzo



O exilio para Ramón Suárez Picallo viña acompañado dunha serie de desgrazas que, en a penas tres anos, esnaquizaran á súa familia. Serán os peores momentos da súa vida, e deixarán nel un pouso de amargura incurable. Blanco-Amor, o gran amigo, será a testemuña de tanta dor:

Querido Eduardo: Un día angustioso da túa vida, cando a túa nai estaba morrendo, fixéchesme unha encarga. Cumprina devotamente. Pouco despois cando a túa nai se foi e quedaches só, leveite ao meu fogar. Quería que a calor dos meus, mitigase en parte a túa dor. Non sei se o logrei. Mais esa foi a intención. Pois ben, eu áchome hoxe igual que ti antes. Só, sen ter a quen dicir toda a dor da miña alma. Hai uns 6 días Meilán, de Montevideo, dime que morreu aí o meu irmán Leonardo. O bo, o querido, o discreto Leonardo. Oito días antes escribíronme de Filadelfia, dicíndome que a viúva do meu irmán Diego, morto en Filadelfia en setembro do 1938, desapareceu deixando abandonados aos meus sobriños, Eduardo de 10 anos e Teresita de 6, dúas preciosidades. Co Ministro americano aquí, por recomendación dunha alta personalidade, logrei que os meus sobriños entren no “Guard College” de Filadelfia o mellor dos Estados Unidos, de onde sairán cunha carreira universitaria aos 21 anos de idade. Onte recibo carta da miña irmá María dicíndome que o meu pai morreu dunha síncope cardíaca o 4 de xaneiro. Santo Deus! Como ves, imaxínate como estou. Axúdame! Escrébeme! Non teño a quen falarlle no mundo. (21)

Ao pouco morrían tamén a nai e máis outro irmán, Eduardo. Aínda na República Dominicana, e por se fora pouco, sufrirá a persecución do goberno de Trujillo, e estará a punto de ser extraditado a España. Como lle conta a Blanco-Amor, conseguirá saír rumbo a Chile:

Logo de mil esforzos conseguín saír daquel inferno que é Santo Domingo, onde quedan aínda 1.700 compatriotas. Grazas ao ministro de Chile alí, o escritor Víctor Domingo Silva, que me facilitou pasaporte chileno semioficial, puiden lograr os visados de tránsito por Haití e Panamá, vetados a todo viaxeiro europeo, sobre todo se é refuxiado.- Vou a Chile, nu, sen un centavo. Levo algunhas cartas para diarios e editoriais. É posible que poda defenderme. Pero o meu propósito é chegar a Buenos Aires. (22)

Nembargantes, instalarase en Chile, que o acollerá durante 15 anos. Dedicarase profesionalmente ao xornalismo, colaborando cos máis importantes diarios do país: La Opinión, La Hora, El Mercurio, El Sur, etc. Na súa columna La feria del mundo, expresará cada xornada as súas inquietudes, lembrará acontecementos do pasado e, curiosamente, impulsará unha campaña gobernamental en favor do consumo de peixe, o que acompañará con conferencias por todo o país destinadas a convencer á poboación chilena das vantaxes dos produtos do mar:

Xa dixemos algunha vez, desde esta mesma sección, que é un absurdo do consumo, da alimentación, e da economía de Chile, o feito de que, tendo un problema de importación de carne, cara e mala, non recorra, por vía estatal e científica, a buscarlle un substituto ao produto que debe importar. O substitutivo vantaxoso en prezo e calidade, teno Chile nun vasto plan de produción e industrialización pesqueira, con amplos alentos. Un plan que parta da extracción do produto, o seu almacenamento en fresco en porto, a súa industrialización, -salga, secado, conserva, escabeche, etc.-, o seu transporte, o control dos prezos e a creación dunha masa consumidora, dentro e fóra das fronteiras do país. É certamente, moito plan; pero estamos en época de grandes creacións, e os esforzos físicos, económicos e técnicos, que se gasten neste, serán retribuídos á nación, a razón do cento por un.
O pobo chileno, debe enriquecer a súa dieta diaria, pobre e raquítica, con peixe abundante e barato. A economía nacional non pode ter fontes de produción caudalosas, que non estean en pleno rendemento. É un imperdoable pecado de lesa Patria, e de lesa Democracia. (23)


Así irá Suárez Picallo malvivindo, nunha situación económica precaria e experimentando un deterioro físico evidente, que el mesmo se encargará de difundir, amosando unha certa hipocondría:

Desde mañá, e por causa de ditame médico competente, o xornalista que escribe esta columna de “La Hora” desde hai máis de seis anos; acóllese a un mes de repouso en Las Cruces, ordenado polo Servizo Medico Nacional de Empregados [...].
E todo, porque Pick-Up está enfermo do corazón. Os sapientes cardiólogos de Chile que o viron e examinaron afirman que ten unha afección ás coronarias, con algo de “angina pectoris”; é dicir, que morrerá, irremediablemente, un día ou unha noite calquera, sen dicir nin auga vai. Pero, mentres tanto, a Lei é a Lei, e o xornalista pobre, sen máis caudal nin amparo que o que lle conceden, o día, a noite, o traballo honesto e o pouco ou moito valer da súa pluma, ademais da súa xerarquía intelectual e moral, vai buscar nun recuncho amable da costa chilena, o ben inestimable da saúde perdida. E confía en que o mar, o santo mar dos seus vellos amores e das súas inquedas andanzas, actúe a modo de elemento restaurador, co seu misterio de eternidade e de esperanza e o encanto das súas polífonas sonoridades, calladas en espumas brancas.
Despedímonos, pois, dos nosos lectores por un espazo de tempo, fixado polos médicos en trinta días, pero ben puidera ocorrer que esta despedida fose definitiva. (24)


Asemade, padecerá dunha absoluta soidade, afastado da familia e dos mellores amigos. As súas ansias de retorno serán cada vez maiores, facéndoo fantasiar coa posibilidade de retomar a súa vida en Veloi. Nunha carta a Blanco-Amor, en resposta a outra deste, escribirá:

Agora ben, eu quero recoller da túa última carta unha frase: disme nela que se tiveses as terras que eu teño, a miña case e o amor dos meus, non pensarías noutra cousa que en cultivar todo iso: eu xúrote polo amor e a memoria dos meus mortos, que nesas terras, na casa e no cariño dos que quedan no meu humilde fogar de Veloi, tes ti, para gozalo con pleno dominio, a metade de todo. Sempre terás alí un amable recuncho; os cordeiros, cunha estrela na testa, volverán comer nas túas mans espigas de millo; criarás bois e non farás o que o meu bondadoso pai fixo cos que ti coñeciches, vendelos para a cortaduría. Deixaralos sempre, vellos e todo, sen deixar que ninguén os mate. As augas da miña fermosa Ría de Sada, camiño dos “Caneiros”, seguirán azuis de día e pola noite acendidas de “ardentía” iluminando os corpos apolíneos dos mozos nadadores para deleitación dos nosos ollos fatigados; na Praza de San Roque volveremos ver os pespuntes máxicos da “muiñeira”; e de retorno da festa naquel cuartiño teu e meu do noso fogar, o vello merlo cantareiro, volverá asubiar nas mañás o seu “buenos días Pepito”. Claro que alí faltará moito insubstituíble: a presenza do meu querido Antón e dos meus pais que te adoraban; mais en troques a miña irmá María, que casou hai pouco cun excelente rapaz, ten un neno e unha nena preciosos. Ela chámase María Teresa, en homenaxe á nai morta, e el chámase Juan Ramón. [...] Queira Deus que este soño se cumpra! (25)

No 1956 viaxa a Buenos Aires, representando aos galegos de Chile no Primeiro Congreso da Emigración Galega. Sobre esta viaxe e as súas inmediatas consecuencias escrébelle a Xosé Hermida:

Aquí topeime cos currunchos onde pasara a miña adolescencia e con vellos e moi queridos amigos, loitadores pola mesma causa ¡E quedeime aqui! Traballo coma sempre. Son Asesor Cultural do poderoso Centro Lucense de Buenos Aires, como direitor da sua Cátedra permanente de Cultura Gallega e do seu periódico Lugo, do que che mando eixemplares por correo ordinario. Escribo noutros periódicos, e dou conferencias en varias instituciós democráticas e republicanas españolas e arxentinas. Ademais estou escribindo un libro titulado Castelao Político, que sairá xunto con Castelao Artista, de Luís Seoane, é, Castelao Escritor, de Eduardo Blanco-Amor. Poño nel a alma, vida e corazón. [...] Son socio de honor de casi todas as instituciós representativas da coleitividade e, como Diputado, secretario de Relaciós Esteriores do Consello de Galicia, fundado por Castelao. (26)

O libro Castelao Político nunca o chegará a concretar sobre o papel. Nos anos 1961 e 1962 impartirá un curso de xornalismo de gran aceptación e perdurabilidade na memoria dos seus alumnos. A súa saúde, cada vez máis deteriorada, levarao a se operar da vista e, un tempo despois, a ingresar no sanatorio do Centro Gallego. Alí falecerá o 14 de outubro do 1964, rodeado da estimación de todos, pero afastado de todo canto quixo na vida e quebrados todos os seus proxectos. Nunha carta dirixida ao presidente do Centro Gallego e titulada “Mi trabajo ha terminado”, escribirá, profetizando o seu final:

Eu non teño fogar nin familia propia, e a miña vida, que está chegando ao seu final, desenvólvese na máis absoluta tristeza e soidade; pero me consola o saber que conto co afecto, a estimación e o respecto de cantos me coñecen [...].
Aínda que Vde. non o crea, debo dicirlle que sendo como son un profesional da palabra falada e escrita, nesta ocasión non acho as xustas e necesarias para expresarlle canto senten o meu espírito e o meu corazón. Xa non estou en condicións de retribuír nada, pero, se algo aínda podo facer será sempre para seguir a liña que orientou toda a miña vida: servir a Galicia, a nosa patria; e ás institucións que a representan no mundo coa máis alta xerarquía; entre as cales cóntase, en primeirísimo lugar, este benemérito Centro Gallego de Buenos Aires, a nosa santa sé, o noso refuxio para achar instantes de paz e acougo mentres chega a hora de dicir: o meu traballo terminou. (27)


Publicado en Suárez Picallo, R.: Selección de textos en galego, edición de P. Viveiro Mogo, E. García López, F. A. Pita Ferández e M. Pérez Lorenzo, Concello de Sada-Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2008.




NOTAS

(21) Carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco-Amor, 27 de febreiro do 1940, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(22) Carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco-Amor, 4 de setembro do 1940, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(23) "La pesca en Chile", La Hora, 30 de decembro do 1942.
(24) "Reposo", La Hora, 16 de maio do 1949.
(25) Carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco-Amor, 24 de agosto do 1946, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(26) Carta de Ramón Suárez Picallo a Xosé Hermida, 10 de agosto do 1959, propiedade de Keith Hermida.
(27) "Mi trabajo ha terminado", Lugo, outubro do 1964.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 29-04-2010 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO. NOTAS AUTOBIOGRÁFICAS (III)
Francisco A. Pita Férnández
Manuel Pérez Lorenzo



Suárez Picallo axiña se había converter en Deputado, con 55.054 votos. As súas intervencións no Parlamento centraranse no combate de todos aqueles obstáculos que impedían o melloramento das condicións de vida de mariñeiros e campesiños. Así, falará de reforma agraria, da construción de portos de refuxio (especialmente o de Sada), do arranxo das vías de comunicación, etc. Tamén participará no debate sobre a forma do Estado, pugnando sempre pola súa organización federal. A súa oratoria, máis de mitin que de casino, fará exclamar ao tamén Deputado Ortega y Gasset: ¿Quién es esa voz pegada a un hombre?

En decembro do 1931 participa na constitución do Partido Galeguista, sen se desvincular polo momento do grupo parlamentario da ORGA de Casares Quiroga. Non o fará ata case dous anos despois, cando lle envíe unha dura misiva a Casares:

Orga foi perdendo masas populares ata que desapareceu o seu nome e o seu espírito primitivo. [...] Fundado o P.R.G. a minoría foi deixando de ser unha conxunción de diversos sectores ideolóxicos para quedar reducida a unha minoría de Partido. E o P.R.G. foi orientándose nunha ideoloxía que non comparto; e aumentando as súas filas con elementos, para os cales persoalmente son todos os meus respectos, pero de cuxa ideoloxía e prácticas políticas, estou separado por distancia insalvable. [...] Como pode Vde. ver, a miña vinculación á minoría era puramente numérica, como o expresei nunha reunión presidida por Vde., ao tramitarse a última crise.
A decisión que hoxe adopto, de separarme dela, foi acordada polo Partido Galeguista fai varios meses. [...] O estado actual do problema autonomista -para min, insisto niso- o problema fundamental de Galicia obrígame a non seguir máis na minoría. [...].
Acatando tal acordo, cuxos fundamentos comparto, e para renovar unha traxectoria política e ideolóxica que desexo seguir, para poder actuar libremente de acordo con ela, deixo de pertencer á minoría que Vde. preside. Para Vde. e para os seus outros compoñentes con todos os meus respectos persoais e os meus afectos máis cordiais, coa seguridade de que me acharán sempre ao seu lado, cando se trate de defender a República e as súas esencias democráticas contra todo intento de reacción; e cando haxa de loitarse, fervorosamente, por dar a Galicia, como pobo autónomo, o seu propio goberno e con el o tesouro prezado da súa liberdade. (13)


O triunfo da dereita nas eleccións do 1933 deixará a Suárez Picallo fóra do Parlamento, o que aproveitará para realizar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. No 1935 exerce xa como avogado. En paralelo, mantén a súa actividade xornalística, fundando e dirixindo o semanario SER. Mais, en febreiro do 1936, logo de refloreceren as vellas alianzas entre os sectores da esquerda, recupera o escano xa como Deputado polo Partido Galeguista dentro da Fronte Popular. A campaña electoral fora especialmente dura, e así o recolle nalgunha carta a Eduardo Blanco-Amor:

Desde un mes antes das eleccións son estes os primeiros minutos de relativo descanso. E para iso ás 2 da mañá, na parte de atrás do “Marineda”. Non podo máis! Os últimos exames, a Licenciatura, as primeiras actuacións forenses e por riba a campaña electoral máis dura habida e por haber. A 17 mitins por día teño saído! Logo as incidencias postelectorais e o trunfo. [...]. Polo demais foron horas inesquecibles. Sobre todo aquelas nas que, para evitar que se nos roubase o trunfo, tivemos que dar un golpe de man no Goberno Civil, empuxados por este pobo coruñés marabilloso, lanzado á rúa ao berro de: “A queimar aos ladróns das actas”. [...]. Ai meu gran amigo que cousas descubrín eu desde a tribuna nesta campaña electoral ao longo e ancho da nosa Terra. Que ollos xuvenís alucinados seguindo o voo das palabras. Que gran fe en nós e que sortilexio de comuñón na charla amable do post-mitin. Ao seu conxuro comecei a sentirme “leader” “conductor” do meu Pobo. (14)

A vitoria colmábao novamente de esperanzas. Mais axiña comprende que se está a fraguar a resposta por parte da dereita intransixente, como llo manifesta nunha nova carta a Blanco-Amor:

Acaba de circular a nova, xa confirmada, do asasinato de Calvo Sotelo. A guerra civil está en medio da rúa. Estamos no período álxido do Cataclismo, do que sairá unha España nova. ¿Cómo? Ninguén o sabe. [...] O goberno desconcertado, saboteado polos seus servidores, rodeado de inimigos dentro da casa. Non se atreveu á varrida, non comprendeu a súa posición revolucionaria e paga as consecuencias. En política só trunfan os que se colocan sempre na ofensiva. Defenderse é só o fracaso.
Axiña se dará en España o sálvese quen poda. Galicia, se para entón ten en movemento o seu estatuto salvarase. Como cando Napoleón. (15)


Efectivamente, non andaba errado. A sublevación militar do 17 de xullo cólleo en Madrid, negociando a aprobación definitiva do Estatuto de Autonomía, logo doutra intensa campaña previa ao plebiscito. El e Castelao, lonxe de Galicia, salvan a vida. A fe na vitoria consegue, polo momento, mantelo en pe:

Agora hai só unha consigna: Vencer como sexa. Iso significa liquidar para sempre a chantaxe que os militares viñan realizando a costa do tesouro español. Chantaxe de dúas entelequias: o valor e a honra; significa dar luz a unha España insospeitada no mundo e en España mesmo, a España popular e democrática, freada hasta hoxe por todos; significa abrir ante o mundo un capítulo novo da Historia vital. (16)

Mais en Madrid sinte que nada pode facer ante a barbarie desatada en Galicia, e que lle fende no máis profundo:

Segundo as nosas novas –temos emisora e receptora de radio- houbo fusilamentos moitos. Entre eles sospeito que o do meu irmán Antón. Aquel o meu gran Antón que quero como á luz dos meus ollos. (17)

Efectivamente, Xohán Antón Suárez Picallo, galeguista, agrarista e dinamizador cultural na Sada republicana, fóra paseado, correndo a mesma sorte que outros veciños. A traxedia non derruba a Ramón, senón que o impulsa a seguir na loita. Como home de acción e de compromiso, colabora co exército republicano no mesmo campo de batalla, organizando unha “Milicia Gallega”:

Hoxe acuartelamos. Somos uns mil. Hai de todo, ata segadores que forman un grupo de choque que leva o nome de Rosalía. A misión principal é entrar en Galicia como sexa. Mais mentres isto non se poida facer a nosa milicia loitará onde o queira o Goberno. Está moi ben organizada. [...].
[...]. Mañá comezaremos a instrución. Deseguido iremos á Serra para foguearnos. Despois a onde sexa. Con nós, ben dentro, van Galicia e a República. (18)


O inexorable avance franquista levarao a Barcelona, onde co-dirixirá a revista Nova Galiza. Alí, facendo valer a súa faceta de avogado, defenderá a moitos anarquistas das acusacións stalinistas, nun momento en que os comunistas pro-soviéticos aglutinaban un gran poder. Suárez Picallo, antigo comunista, distanciarase dos seguidores da doutrina marcada en Rusia e os criticará acedamente, así en público como na correspondencia con Blanco-Amor:

Esquecía dicirche que noto certa frouxeira en combater a Rusia e ao “seu” comunismo. Considero que é preciso rachar con esa xente. Fixéronnos moito dano! Para o futuro, o noso perfil acentuado de republicanos e demócratas, sen contaminación con eles, será de grande utilidade. (19)

Adoptaba, xa para sempre, a clara definición de republicano e demócrata. O curso da guerra levarao ao exilio, partindo desde Francia a New York. As súas peripecias polo mundo llas relataba en carta ao galeguista Xosé Hermida:

Ó terminar a Guerra, fun os Estados Unidos, chamado e levado polos fillos de Sada ali residentes. Estuven 7 meses dando conferencias por “Hispanas Confederadas” en 40 Estados da Unión, xuntando diñeiro pra fletar o “Ipanema” que levou a México os primeiros refuxiados de Francia. Despois pasei á República Dominicana (a terra de Trujillo, que dios Confunda) onde estiven un ano. Alí “non me prestaba” o clima físico nin o outro clima, e arreglei de modo de ir a Chile. (20)


Publicado en Suárez Picallo, R.: Selección de textos en galego, edición de P. Viveiro Mogo, E. García López, F. A. Pita Ferández e M. Pérez Lorenzo, Concello de Sada-Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2008.




NOTAS

(13) Carta de Ramón Suárez Picallo a Santiago Casares Quiroga, op. cit.
(14) Carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco-Amor, marzo do 1936, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(15) Id., 12 de xullo do 1936, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(16) Id., 17 de agosto do 1936, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(17) Id.
(18) Id.
(19) Id., 19 de outubro do 1939, Biblioteca da Deputación Provincial de Ourense.
(20) Carta de Ramón Suárez Picallo a Xosé Hermida, 10 de agosto do 1959, propiedade de Keith Hermida.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 28-04-2010 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO. NOTAS AUTOBIOGRÁFICAS (II)
Francisco A. Pita Férnández
Manuel Pérez Lorenzo



Será precisamente na tertulia do café La Armonía, da Avenida de Mayo, onde coñeza ao que será o seu gran amigo na vida: Eduardo Blanco Amor. Da man do escritor ourensán introdúcese no emerxente nacionalismo galego, e comeza a participar activamente do tecido asociativo vinculado á colectividade coterránea. Así, no 1924 intégrase na Federación de Sociedades Gallegas, organización de tendencia esquerdista. Neste novo marco desenvolverá as súas actuacións, como político e como xornalista. Sempre acompañado de Blanco Amor, dirixirá a revista Céltiga e El Despertar Gallego, órgano da Federación. Asemade, o 18 de maio do 1925, a compañía teatral de Concepción Olona estrea no Teatro Mayo o seu drama Marola, manténdoo en cartel durante 57 noites:

Marola (radiante de alegría). --¡Deus che vexa vir...! ¡Achégase a miña vinganza! (Confidente.) Oes, ¿coñeces ao tío Calviño?
Fandiño. --¡E non hei de coñecer!... Nada menos que o noso delegado máis eficaz, a nosa man dereita. É un exemplar da Raza; agora, doume conta por que lle chaman herexe... Cando era pícaro, contábame contos de Estadeas e Santas Compañas, e acórdome que sempre había caciques que viñan do outro mundo para que lles sacasen o hábito...
Marola. --Foi a única persoa que me amparou. Por iso, como ía todas as noites á súa casa, sei todo canto se fai para librar a Galicia. Nesta cesta, foron todos os papeis que eu repartín por vilas e aldeas.
Fandiño. --De modo que fuches ti a mensaxeira dos nosos ideais!... ¡Déixame que che dea unha aperta!... (Apértaa, pero Marola despréndese avergoñada. Vai escurecendo. Unha moza canta unha canción nostálxica, a que Fandiño escoita ensumido.)
Fandiño. --¡Canción da miña terra!... ¡Doce como as caricias da miña nai!... ¡Triste como as miñas dores!... ¡Nai Galicia, alma túa torturada que segues como unha visión angustiosa aos emigrados!... (Terminou o canto da moza: a vigorosa voz dun mozo entoa con aire de desafío un rudo alalá. Cada vez máis lonxe continúan oíndose as cancións de desafío.) ¡Alalá viril!... ¡Musa gloriosa de Curros e Pondal!... ¡Canto épico da miña heroica estirpe Celta...! Dez anos facía que non escoitaba os teus máxicos ecos!... ¡Canto darían por escoitarche os que morreron en terras afastadas!... ¡Canto darían porque as túas notas fosen o Miserere da súa agonía, levando reflectida nas súas pupilas a docísima visión da súa Galicia benamada!
Marola. --¡Probiños!... (A campaniña da aldea próxima toca o Angelus. Marola axeónllase fronte á cruz.) Recemos por eles e polas nosas nais.
Fandiño. --Non sei rezar dese xeito. Os meus rezos son outros, dinse de pé e cos puños en alto. (8)


Non perderá Ramón a súa vinculación con movemento obreiro. Defeito, no 1926 viaxa a Xenebra como secretario da representación obreira na Organización Internacional do Traballo. Aproveitará a estancia en Europa para visitar fugazmente Galicia e Sada, onde será agasallado con banquetes e homenaxes polos círculos nacionalistas do interior, vinculados ás Irmandades da Fala. Na vila natal reencontrarase co seu irmán Xohán Antón, descubrindo, con gran satisfacción, como o ideal galeguista prendera nalgúns veciños:

Unha das cousas que máis me encheu de ledicia o meu esprito ao chegar a miña vila natal, a Sada dos meus amores, foi saber que n’ela habia unha xuntanza nazonalista de rapaces cuásique todos menores de 20 anos. E ainda mais, cando soupen que un hirman meu, que tiña dous anos cando deixei o fogar paterno, formaba parte d’ela. (9)

Na súa xeira por Europa visitará tamén Portugal, Francia, Suíza ou Italia, recreándose nas rúas de Florencia:

Vai ser media noite. Noite de verán, algo anubrada. Estamos sobre a Praza de Miguel Anxo, na Porta Santa. [...] Ante a nosa vista aparece, estendida nun val, a vella e señorial Florencia; a inmortal cidade de Lourenzo o Magnífico, que deu ao mundo altísimos poetas, sabios eminentes e artistas inmortais. Rodéaa un cinto de verdecentes montañas. O Arno, deslizándose por debaixo das pontes vetustas, musita versos da “Divina Comedia”, como eterna homenaxe ao gran florentino que a concibiu nun soberano chispazo de xenio. Dorme Florencia. Ningún ruído turba o seu sono. [...]
Descendemos da Praza. Sen ningún rumbo fixo, como levados por un guía invisible, chegamos á Ponte Vella. [...] Por unha das arcadas que dá sobre o río, penetra un claro de lúa que reflexa sobre un mármore onde está reproducido no alto relevo do centro o primeiro encontro de Dante con Beatriz. Foi neste lugar que nós ocupamos, onde naceu aquel amor inmenso que torturou a alma do poeta. Un hálito de emoción nos envolve; en estraño fluído fainos vibrar, e, por un momento, sentímonos transportados a outra rexións, levados por un misterioso sortilexio.
O tanxer do “campanile” do vello palacio comunal florentino que dá as 12 da noite, envólvenos na realidade. Botamos unha derradeira ollada á alegoría dantesca, e cruzamos a ponte vella de Florencia onde naceu o máis fermoso poema de amor da Humanidade. (10)


A súa demorada estadía na Arxentina establecera un vínculo inquebrantable entre a cidade de Buenos Aires e Ramón Suárez Picallo. Así, no barco camiño de Europa, sentíase fondamente porteño e exclamaba:

Esta noite, despois de cear, o noso amigo o crioulo, por un pouco “tira la bronca” presa do maior furor. Non sabemos cómo o arranxou; mais o caso é que apareceu cunha rapaza crioula que toca e canta divinamente unha colección de tangos: “Viejo Rincón”, “Langosta”, “Sonsa” e outros.
Desaloxo de toda a “gabachada”, quedando o salón por noso. ¡Santo Deus, e que inusitadas belezas atopamos nas notas da canción do arrabalde porteño! ¡Que evocativa e nostálxica semellou esa música popular, que leva prendidos nas súas notas anacos da alma do arrabalde, ao que divinizou o sublime Carriego na súa “Canción del Barrio”! ¡Con que devota emoción os escoitamos, lembrando noites de bohemia, noctámbula, lembrando os ollos ardentes, apaixonados desas mulleres crioulas que entregan o seu corpo e a súa alma ao ritmo dun tango arrabaldeiro!
As notas de “Viejo Rincón” soan aínda nos nosos oídos. ¡E non hai dúbida algunha de que esta noite soñaremos con Buenos Aires! (11)


Ao regreso da súa viaxe, seguirá dedicándose ao xornalismo. No 1930 será contratado para desempeñar o posto de bibliotecario do Club Español. Será el dos promotores do vencello entre os nacionalistas e republicanos do interior e os da diáspora, coa creación da filial bonaerense da ORGA:

Cando nas postrimetrías da ditadura, apareceu Orga, tivemos unha viva alegría ao constatar que nas súas filas envorcáranse todos os galeguistas coruñeses. Soubemos da fundación de Orga por eles e especialmente por Villar Ponte con quen a nosa correspondencia era asidua. [...] constituímos unha filial en Buenos Aires, de cuxos socios son o N.° 70. Reimprimimos o seu manifesto e distribuímolos entre todos os galegos residentes en Arxentina, Uruguai, Chile e Perú.
Nós presentiamos en Orga o milagre redentor de Galicia. Viña a conxugar a idea republicana e democrática con esencias de galeguidade que lle daban á loita política, matices espirituais de gran valor e, sobre todo, orixinalidade. O noso pobo, desde o ciclo dos precursores viña acusando, especialmente nos núcleos intelectuais, unha ansia viva de resurrección, de reencontrarse a si mesmo. Por outra banda, vinculado politicamente ao Estado español, presentía que a República abría o camiño á súa esperanza. Orga, sinalaba con nitidez aquel camiño. Por iso Orga tivo ao seu redor o maior caudal de simpatías populares que xamais tivese en Galicia ningunha organización política. E por iso nós, ao ser consultados, opinamos na VI asemblea nacionalista da Coruña, que o galeguismo debía definirse en sentido republicano, ingresando en Orga para fortificar máis aínda a súa tendencia galeguista. [...] Quizais antes do tempo necesario para que Orga se trocase nun gran partido político popular, veu a república, á que sumou a súa simpatía todo o galeguismo: Inmediatamente, Federación Republicana Galega, da que Orga era a súa forza máis vital, convocou a unha Asemblea na Coruña, para estudar un proxecto de Estatuto autonómico de Galicia [...]. A Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais e Orga de Buenos Aires aceptaron a invitación e, xunto con Alonso Ríos e Sigüenza, nos delegaron para concorrer a aquel comicio celebrado na Coruña o 4 de xuño. O noso mandato era: Soster a máxima autonomía para Galicia e participar na campaña electoral en favor daquel grupo político que fixese artigo principal do seu programa a autonomía rexional e traballar para lograr a unidade das forzas republicanas e galeguistas nun partido político rexional que comezará e terminará en Galicia.
Participei por tres veces naquela asemblea e na súa sesión de clausura envorquei sobre o auditorio as esperanzas fervorosas dos emigrados na República e na autonomía [...]. Ao terminar, un cabaleiro co que xamais cruzase unha palabra -o doutor Sal Lence- propuxo ao auditorio que se me propuxese como candidato a Deputado pola miña provincia natal. O público apoiou fervorosamente a proposición e ao outro día, sen que eu falase unha soa palabra con ninguén sobre tal proposición, apareceu o meu nome na candidatura oficial de Federación Republicana Galega. Quen o incluíu, quen intentou logo excluílo, son cousas das cales xamais quixen nin quererei decatarme. A miña aceptación -conmovida e chea de gratitude-ía tácita na miña participación nos mitins electorais como tal candidato. Aquela campaña foi feita sobre un programa que se baseaba nestes dous principios programáticos de Fed. Rep. Galega: República Federal de esquerdas e autonomía de Galicia, coa súa secuela de democracia popular de abaixo para arriba e de todo o índice dos nosos problemas espirituais, políticos e económicos. (12)


Publicado en Suárez Picallo, R.: Selección de textos en galego, edición de P. Viveiro Mogo, E. García López, F. A. Pita Ferández e M. Pérez Lorenzo, Concello de Sada-Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2008.




NOTAS

(8) "Fragmento del primer acto de “Marola”", El Despertar Gallego, 2 de agosto do 1925.
(9) "Manoel L. Freire-Calvelo", Céltiga, agosto do 1926.
(10) "Noche florentina", Céltiga, 10 de agosto do 1926.
(11) "De vuelta al hogar. Fragmentos de mi diario", Céltiga, 25 de maio do 1926.
(12) Carta de Ramón Suárez Picallo a Santiago Casares Quiroga, 31 de agosto do 1933, en Castro, X.: O Galeguismo na encrucillada republicana, vol. 2, Deputación Provincial de Ourense, 1985.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 25-04-2010 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN SUÁREZ PICALLO. NOTAS AUTOBIOGRÁFICAS (I)
Francisco A. Pita Férnández
Manuel Pérez Lorenzo



Ramón Suárez Picallo nace en Veloi, parroquia de Sada, o 4 de novembro do 1894. É o primeiro de once irmáns, nacidos nun intervalo de tempo de 23 anos. A nai, Teresa Picallo Martínez, será sempre obxecto da súa veneración máis devota:

Honra e agasalla á túa nai, pobre ou rica, nova ou anciá porque nela hónraste a ti mesmo e honras á máis pura fonte de amor dos amores, ao doce remanso de todas as fatigas. Achega ao seu regazo tépedo a túa cabeza e pronuncia o seu nome con acento de oración. Porque nunca os teus beizos pronunciarán palabra máis bela: ¡Nai! (1)

A través da nai tomará o seu primeiro contacto coas letras ‘sagradas’, nos libriños que aquela gardaba no seu cuarto. As lecturas ‘profanas’ chegaranlle da man do seu avó:

don Juan Picallo Caramés, debuxante, ceramista, poeta a ratos, e posuidor dunha biblioteca con máis de cen volumes, que el gardaba nun baúl de nogueira, pechado con sete chaves, como a tumba do Cid. (2)

Tamén do mestre nacional de Sada, o vilalbés José Somoza Eiriz, astrónomo que instruía aos seus alumnos en materias entón marxinadas polo sistema educativo, e que, nembargantes, non era demasiado aprezado polos pais, aferrados á vella e bárbara norma de que “a letra con sangue entra”; fronte a ela afirmaba don José, que “a letra entra mellor con música”. A escola e o seu mestre serán evocados por Ramón en varias ocasións:

A escola pública estaba situada na rúa da Mariña, dunha vila medio labrega e medio pescantina. E todos de orixe moi humilde, traballabamos nalgunha das dúas faenas, na terra ou no mar e, ás veces nas dúas, segundo as épocas do ano.
O local era branco e luminoso, con moitas fiestras, e daba polo lado de atrás a un dos vales máis fértiles e fermosos do mundo; pola fronte estaba o peirao dos pescadores e, como pano de fondo, a bocarría azul, tersa como unha esmeralda nas calmas chichas, da primavera e do verán, e alborotada como a Ira de Deus, no outono e no inverno. (2)


Non eran tempos de demorarse en estudos e lecturas. A Ramón tocáballe seguir os pasos do seu pai, Eduardo Suárez Fernández, o ‘Zoqueiro de Veloi’, que, emigrado, navegaba agora polos mares do mundo:

Cumprira os nove anos, moi poucos para gañar o pan coa suor da miña fronte. Nembargantes, decidírame firmemente a plantexar á miña nai a miña vontade de ir ao mar. Certo que era pequeno; mais ¿non ían José de Sabela, Antón de Souto e Vicente da Fonte, que tiñan a miña mesma idade? [...]
Para o caso, tomara as miñas medidas. Na compaña de Don Fernando Lourido, andaba o meu amigo José de Sabela, con quen xa falara para ver se había sitio.
-E non ha de haber, oh. Xa sabes que co tío Fernando sempre hai sitio para os rapaces. Mañán se queres vir, témola posta na praia de Miño. Tirouse o mascato e paréceme que vai haber amorrada.
A profecía do meu amigo, que ía xa de entendido na materia, decidiume de todo, e, esa noite, obtiven da miña nai o anhelado permiso, non sen unha tenaz resistencia da súa parte. Rezaba, ¡probiña! por un navegante –o meu pai emigrado- e desde esa noite rezaría por dous.
Ao outro día, mentres colocaba a merenda no garruncho –que a mar da moito apetito- encheume de consellos: -Serás traballador e honrado; serás humilde e ben falado cas persoas maores; non serás envidioso, nin respondón, nin embustero; nin falarás mal dos compañeiros. Serás amigo de todos para que todos sean teus amigos. Sendo un neno, portaraste como un home.
[...]
Baixo a impresión da bendición da miña nai e lembrando a profecía da amorrada, cheguei nun santiamén á rampla de don José Pena, que servía de repisa ao pintoresco pobo de Fontán, colgado do ribazo, como se quixera caer ao mar nun día de mareira. (4)


Tamén como o seu pai e como tantos sadenses, remata por elixir o camiño da emigración, única vía de subsistencia nunha familia de tal amplitude e tan escasos recursos:

Demos vista, por primeira vez, á cidade de Buenos Aires o 19 de marzo, día de San Xosé, do ano 1912. Viñamos dirixidos e confiados a un compañeiro de escola do noso pobo natal, que vivía na rúa Bolívar 262, nunha casa de Cajas de Fierro –Vetere y Compañía-; pero uns días antes da nosa chegada, o veciño da nosa única referencia fórase a Bahía Blanca. E alí quedamos, sen saber a quen dirixirnos, en medio e medio da grande urbe porteña, que tiña por aquel entón 700 mil habitantes.
O cocheiro que nos trouxera desde a dársena norte deuse de conta da nosa angustiosa situación de recén chegados e fíxonos un pormenorizado interrogatorio. E, sen máis nin máis, resolveunos o problema, levándonos á casa duns veciños do noso propio concello, situada na rúa Catamarca, entre Belgrado e Moreno. Alí non tiñan como acomodarme e me levaron á rúa Solís 351, onde vivimos con nove paisanos nunha ancha habitación dun conventillo famoso. Días despois empregueime como peón de botica, na casa de Baralis, en Entre Ríos esquina Venezuela.
De alí en diante todo foi para nós como coser e cantar. Vendedor de artigos de goma; vendedor de alfajores cordobeses, mandioca e doce de leite, cunha cesta na cabeza; cobrador dunha gran casa maiorista; honesto lavalouzas, reposteiro e despenseiro de buques mercantes; [...] foi a nosa vida en Buenos Aires, vivida a plenitude de esperanzas, ensoños e ilusións. (5)


Como tantos galegos, axiña se integra no tecido sindical e político da capital arxentina, acadando sona e protagonismo pola súa oratoria e a súa prosa combativa. Logo dun período de militancia socialista, converterase nun dos líderes do Partido Comunista, tomando parte en mitins e asembleas, sufrindo a dura represión estatal e mesmo publicando no 1922 un exitoso folleto, Cartas a un obrero, do que se esgotarán 10.000 exemplares. Finalmente, por mor das divisións internas da organización, decidirá afastarse da política, dedicándose plenamente á actividade sindical. Haberá embarcar en sucesivas ocasións, percorrendo o mundo como reposteiro de a bordo baixo o alcume de ‘el repostero poeta’, polo xeito de dispor as bandexas. Nas súas viaxes chegará a visitar China:

Coñecemos Shanghai no 1929. Chegamos alí nun barco de mala morte, sen itinerario fixo nin rota presinalada. Entre os pasaxeiros – o barco era mixto- ía unha señorita Jacqueline Jáuregui vasca francesa [...]. E como o barco paraba alí varios días, os tripulantes que a tiñamos por amiga, quixemos agasallala cunhas flores.
Baixamos a terra na procura dunha florería e achámola ben cedo. O seu dono era un tipo louro, forte e de ollos azuis. Ensaiamos con el o noso pésimo inglés e o noso pasable francés. Porque do chinés non tiñamos nin noticias. O home, que ademais de florista, era doceiro e limpabotas, escoitounos como quen oe chover, sen decatarse dunha soa palabra. A mímica fracasou tamén. E cando xa iamos deixalo por imposible, díxonos en perfecto castelán e con certo acento rexional:
-Bueno, al fin de cuentas, qué c..... quieren ustedes. Por pouco non o matamos. Fixemos a compra e houbo logo a conseguinte esmorga. Presentounos ao dono dun gran cinema, e ao que debuxaba os afiches do Socorro Rojo Internacional. Os tres foran tripulantes de outros tantos barcos, que os deixaron en terra, por non presentarse á hora de saída, porque se perderan nas rúas do “barrio chino”, bebendo viño de arroz e comendo niños de andoriñas, “e aínda máis...” (6)


Xa de volta das viaxes polo mundo, poderá finalmente dedicarse ao seu oficio: o xornalismo. Colaborará para os máis importantes diarios bonaerenses, escribindo crónicas sobre o movemento obreiro, lexislación social, etc. Participará da vida social bonaerense, tomando parte nos máis soados faladoiros :

Compartimos, máis tarde, desde o modesto plano de oíntes e espectadores, reunións e faladoiros en "peñas” famosas da intelectualidade nova de Buenos Aires, da segunda e terceira décadas do presente século. E na batalla literaria entre os intelectuais proletarios de Boedo -barriada popular- e os de Florida, de perfil aristocrático, estivemos cos de Boedo, que se sabían de pe a pe toda a literatura rusa. E ata botamos o noso bo cuarto a espadas en política, meténdonos onde ninguén nos chamaba, para ir dar, algunha vez, á vella sección Orden Social da Policía Arxentina, na rúa Moreno e Saénz Peña. Andanzas impregnadas de idealismo xeneroso ás que non queremos renunciar, porque foron, se cabe, o máis belo da nosa vida e da nosa peregrinaxe polos camiños do mundo. Desde Buenos Aires percorremos toda a República, desde os Chacos ás Patagonias, todo o Continente Americano e de boa parte do europeo co seu tanto e canto do africano, tendo sempre a Buenos Aires como punto de partida e de retorno. (7)


Publicado en Suárez Picallo, R.: Selección de textos en galego, edición de P. Viveiro Mogo, E. García López, F. A. Pita Ferández e M. Pérez Lorenzo, Concello de Sada-Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2008.




NOTAS

(1) "¡Madre!", La Hora, 12 de outubro do 1942.
(2) "Evocación infantil. Cómo conocí a Don Quijote", El Sur, 3 de marzo do 1956.
(3) Id.
(4) "Remembranza", Céltiga, 12 de xuño do 1925.
(5) "Reencuentro con Buenos Aires’, El Sur, 11 de xullo do 1954.
(6) "Shangai", La Hora, 27 de abril do 1949.
(7) "Reencuentro con Buenos Aires", El Sur, 11 de xullo do 1954.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 20-04-2010 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
SUÁREZ PICALLO. DE VELOI AO FIUNCHEDO
Xesús Torres Regueiro



Eras de familia humilde e numerosa, Ramón. Numerosísima. Multitudinaria, diriamos hoxe. Once irmáns, un equipo de fútbol. E ti eras o maior, o máis vello, que de ben noviño, neno aínda, tivo que traballar na terra e no mar. Como moitos nenos de Sada. A terra e o mar. No mar andaba teu pai, mariñeiro polos mares do mundo. E en cada marea, en cada arribada deixaba a semente no ventre da túa nai. “Fun o maior de once irmáns”, dicías unha vez. Moitos, demasiados para aquela casiña de Veloi na que naceras a catro días do mes de Santos de 1894. Uns morreron cedo, outros marcharon á emigración, secundándote. Dalgúns ficounos o nome: Diego, Eduardo, Leonardo, Antón... E María, a máis nova. A que gardou e mantivo a casiña de Veloi (como hoxe o fai o seu fillo Moncho) á que agora acudimos saudosos de ti, da túa memoria, lembrada nas pracas da fachada que, agora si, nos falan de ti.
Veloi! A aldeíña de Veloi, modesta e humilde, apenas tres casas daquela, contando a vosa. Hoxe son algunhas máis; de levar o número tres pasou a levar o catorce. Até se ergueu unha máis na vosa eira para un teu sobriño-neto. Adoitabas dicir (e escribir) que amabas a terra en que naciches como a propia luz dos teus ollos. Poética expresión: a propia luz dos teus ollos.
Como che gostaba ollar a saída das traiñeiras á tardiña, despois de saíredes da escola! Mentres os outros se entretiñan a cazar os grilos ou a rachar cacholas a pedradas, ti iaste silandeiro a ollar a partida e escoitar a música acompasada dos remos chocando coa auga nun monorrítmico: plaf... plaf... plaf... plaf...
A carón dos mariñeiros do quiñón e do patrón non faltaban os nenos que deixaran a escola cedo e traballaban a cambio de peixe, que sempre mataba algunha fame nas casas pobres de moitas bocas. Tal a túa.
Eras un neno de nove anos cando na rampa de Fontán embarcaches de “cazoleiro” na “María Manuela” que gobernaba o tío Fernando, quen sempre tiña sitio para rapaces na súa traiñeira. Con el gañara teu pai tamén a súa primeira cazola. Aínda se lembraba o vello patrón cando che preguntou de quén eras.
E ti non esqueciches endexamais aquela primeira e afortunada saída. O patrón recompensoute xeneroso e ti levaches, foncho e satisfeito, a túa primeira cazola chea de sardiñas a ofrendarllas a túa nai emocionada. Aquel día houbo sardiñas para todos: para a avoa, a madriña, o tío... Todos a probar a primeira cazola do rillote e todos a abenzoarte. E ti eras feliz.

*
* *


Pouco fuches á escola Ramón. A túa escola foi a vida, aínda que remataras pasando polas aulas da Universidade de Compostela. Pero antes tiveras outra “Universitas”, á beira dos rexos mariñeiros, nos traballos da terra, na dura experiencia do mozo emigrante ao que ninguén recibe en país alleo, nos traballos máis abaixados, na loita sindical e proletaria...
Pouco fuches á escola das primeiras letras, Ramón, mais nunca esqueciches aquela escoliña pública na rúa da Mariña. Aquel local branco e luminoso, de moitas xanelas, co peirao de frente e a ría de cambiante telón de fondo. Local complementado con xardín e horta que facía de pequena granxa experimental. Daquela estaba lonxe aínda a escola dos emigrantes, a que crearían dende Nova Iorque os teus paisanos, emigrantes coma ti, e mesmo aínda non constituíran a sociedade “Sada y sus Contornos”. Mais nunca esqueciches a aquel mestre, único mestre daquela escola. Aquel don Xosé Somoza Eiriz, xa cincuentón cando ti o frecuentaches como discípulo e que a túa memoria infantil ornou de cualidades oratorias, científicas e literarias, amén de pedagóxicas. Un mestre ben querido polos alumnos e menos polos seus pais e os rudos paisanos que non comprendían que o mestre dedicase tempo a cousas que non tiñan interese ou que non valían para nada, nas súas curtas miras.
Un mestre, aquel don Xosé, partidario de que a letra entra mellor con música. Amante da boa literatura e transmisor do seu amor polos libros. E por aquel xenial Miguel de Cervantes e a súa criatura literaria Don Quixote de La Mancha.
O Quixote que o mestre Somoza vos leu nun aniversario da morte de Cervantes, en pequena ración, deixándovos o mel nos beizos. A algúns, claro, que xa di o refrán que non se fixo o mel para a boca do asno. O Quixote, que teu cultivado avó Picallo gardaba baixo chave naquela ucha de nogueira que lle facía de biblioteca e que remataría por regalarche cando partiches á emigración. Foi a súa herdanza e aquel tomo acompañoute sempre polos camiños do mundo e nas situacións máis diversas: na cadea, no hospital, nas alcobas das fondas...
Lembráchelo ao final da túa vida, cando estabas a piques de deixar Chile para acollerte á soedade multitudinaria de Bos Aires. Explicábaslles aos chilenos de Concepción como coñeceras a Don Quixote, ti loitador de tantas causas perdidas. Falábaslles do mestre Somoza e do avó Picallo, amigos e contertulios, dous nomes que non lles dicían nada aos teus leitores e que para ti eran dúas figuras venerables e veneradas.
Tivéchedes bos mestres en Sada e foi unha sorte para moitos de vós. Deses que imprimen pegadas indelebeis non só nas almas infantís, senón na sociedade e no entorno. Porque antes do voso don Xosé Somoza, estivera aquel que o poeta e dramaturgo Lugrís Freire, teu paisano estimado, lembrou sempre. E nos tempos da República houbo aquel mestre de Souto, a carón da túa casiña de Veloi, que compartíu inquedanzas e loitas (e tamén martirio pois tamén foi “paseado”) co teu irmán Antón, aquel Rafael Fernández Casas que presidíu o Ateneo de Cultura e foi asasinado en Trasanquelos. E tamén aquel Golán que daba conferencias. E outros bos habería. E tamén mestras, aínda que non saibamos ou non lembremos os seus nomes. Como segue a haber hoxe. Tal eses que se preocupan por lembrar e recuperar a memoria daqueles emigrantes que crearon a escola onde eles exercen hoxe.

*
* *


Na escola do mar aprendiches os nomes de todos os baixos, puntos e cantís da ría, en mapa a escala natural, amén das cousas do oficio de mareante. A orientarse, por exemplo, clavando o ouvido no courel da traíña para saber na escuridade da brétema, polo renxido do mar, se estabades enriba dun baixío ou en mar libre. Tamén aprendiches o mapa dos ceos nas longas noites de escuradas, lección que logo ampliarías nas travesías oceánicas e baixo o influxo do Cruceiro do Sul. Axiña soubeches que “cando as Tres Marías están tirando a Coitelada, e o Carro cae perpendicular sobor do Corno de Lourido, son, xustamente, as doce da noite.” Non o esqueciches nunca, quizá porque non puideches xa volver a ollar esa conxunción estelar na túa ría.
O mar da Marola e sobre todo a túa ría, “a ría azul que entra pola Marola e morre ao pé da secular vila betanceira”, foi para ti fábrica, escola e campo de recreo, todo a un tempo. Unhas veces chamábaslle ría de Betanzos, como é historicamente, e outras tentabas apropiala e nomeábala ría de Sada.
De rapaz de boliche pasaches á traíña, gañando un quiñón coma un home. Era co patrón Mangúa e o seu “Armenteiro” de doce remos por banda, de quen contaches a súa traxedia anos despois, de cando perdestes o aparello nos baixos de Campelo unha noite malfadada. O pobre Mangúa nunca puido repoñer o aparello e virou tolo.
Daquelas tiñades forzas dabondo para botar todos os luns unha estrepada antes de comezar o traballo propiamente, á escurada. Sempre había alguén disposto a botar o desafío (“Ei, lanchas, vai!”) que ao patrón compríalle aceptar polo aquel do honor mariñeiro. Lembraches gañar a estrepada unha vez co “Armenteiro” do Mangúa, pasándolles en última instancia ás corenta traíñas do porto, emproando a pena da Marola, meta final daquelas regatas que escomezaban á altura da praia de Arnela, preludiadoras das duras xornadas de traballo. A terríbel Marola, entre a Coruña e Ferrol, tan temida: “Quen pasou a Marola, pasou a mar toda!”, di o dito popular. E outra vez coa minueta “Raíña dos Anxeles”, tamén con Mangúa, a derradeira regata na que tomaches parte antes de marchar cara outras augas e outros portos.
Ao mellor tratábase da mesma e única ocasión. Ou quizá non a gañaches nunca, e tampouco os outros mariñeiros vos saudaron como vencedores, remos en alto. Por iso quixeches gañar a estrepada na escrita, na memoria, que é o que queda. Tanto ten. O feito, xa historia na nosa ría, é fermoso en si e os teus relatos mariñeiros sempre terán a emoción salgada e o frescor mariño daquel duro oficio e daquela tremenda loita pola vida. Relatos mariñeiros escritos pola man que antes encalecera co remo. Mágoa que non nos deixaras máis.
Se souberas, Ramón, que os barcos de pesca están hoxe a desaparecer na túa ría non o creerías. E tampouco creerías que Fontán se convertíu nun peirao de embarcacións deportivas ou de ocio.

*
* *


Poucas festas patronais tiveches ocasión de vivir na túa Sada, mais fuches quen de evocalas para os paisanos emigrados cando xa levabas dezaoito anos sen asistir a elas. Claro que algúns deles levarían máis e foi moi reconfortante para aqueles “Unidos de Sada” oir a túa evocación emocional naquela velada de 1930: os trafegos e preparativos das vésperas, a alegre alborada, a música de Panchón (personaxe que mesmo engaiolara a Pérez Lugín), a banda de Arca, a gaita do “Capitán” de Mondego, os estrondosos foguetes, a procisión da Raíña dos Anxos, repique de campás, bombas de palenque, o copioso xantar familiar sempre con algunha ausencia na mesa, a cucaña dos rapaces, a regata, a danza de arcos mariñeira, a foliada da noitiña cos mesmos músicos da mañá, a fantasía dos fogos de artificio, o globo do último día a imitación un chisco reducida do betanceiro... Festas doutro tempo, con imaxes a desfilar emocionadas ao compás da túa evocación nas mentes e corazóns conmovidos e nos ollos humedecidos dos teus paisanos emigrados. Festas da túa infancia que quedaron fixadas para sempre no teu corazón mariñán.
Tamén evocabas os sabores perdidos e as golosas e cobizadas froitas da comarca das Mariñas de Betanzos: as afreces ou amorodos e as cinco especies de cereixas de Bergondo, as peras urracas e barboriñas de Sada, as mazás santiaguesas e agostiñas de San Pantaleón das Viñas que acodiades de rapaces a roubar cruzando a ría a nado dende os xuncais de Miodelo, onde ás veces poñíades a secar as redes.
E a viciña aldea de Carnoedo era para ti nome sonoro (¡Carnoedo!) de craro avoengo celta e dábache ocasión para fermosas imaxes: “aldeíña peixeira debruzada n’un irto ribazo da ría, coma unha fidalga na solaina d’un vello pazo”. Nunha evocadora estampa mariñeira falabas da taberna daquela parroquia viciña que era o xeocentro daquel mundo primitivo que coñeceras na túa primeira xuventude. A taberna da Trenla, atendida por varias xeneracións de Trenlas, constituía o espírito e corazón da aldea mariñeira. A taberna facía as múltiples funcións de casino democrático, bolsa e banco, despacho de utilidades, ucha de caudais, lugar onde se facían as partixas da Compaña mariñeira tradicional, amais de oficina mutualista e solidaria para as viúvas que cobraban o quiñón do náufrago e caixa de recadación para a festa parroquial... Dende a lonxanía de anos e de légoas o teu espírito viaxaba até ela e axoenllábase conmovido para bicar a cantería da súa porta.

*
* *


Aquel galego, anarquista tolstoiano, sen pernas, que coñeciches no hospital-lazareto de Buenos Aires ensinouche a camiñar no mundo das ideas sociais. Sempre nunha dirección: na procura da luz e da emancipación social e humana. Dende entón fuches anarquista tolstoiano, sindicalista, comunista, socialista, nacionalista galego de esquerda ao redescubrir a Patria, a nación negada, republicano daquela República española de traballadores de todas clases que axudaches a constituir e loitaches para que non morrera fronte ao fascismo criminal. E finalmente, penso eu ou iso paréceme, solitario tolstoiano de novo, para pechar o círculo ou a espiral. Sempre fidel a ti mesmo, sen deixar de ser por iso nunca galego.
A túa forxa de rebelde, Ramón, foron as loitas sindicais naquel Buenos Aires que medraba de contino, acollendo traballadores de toda condición que as panzas dos vapores vomitaban no porto a diario. Na rúa, mitineando nos recantos, nas fábricas e nos talleres, no porto, nas xornadas de protesta, nas folgas, falándolles aos traballadores. No papel, escribindo nos órganos sindicais e aquel panfleto de grande tirada, Cartas a un obrero. E percorrendo a costa arxentina nos barcos de cabotaxe ou nos mercantes a cruzar os mares, organizando obreiros e sindicatos marítimos. Mesmo fuches candidato sen fortuna a concelleiro por Buenos Aires e a senador pola provincia de San Juan, lindeira xa con Chile. O eleitorado era máis moderado ca ti e a idea que representabas.
A túa sona medraba. Por iso che encargaron a oración fúnebre de homenaxe a Lenin, cando morreu en 1924. Por iso te enviaron pouco despois a Europa como representante sindical. A Xenebra, a aquela conferencia da Organización Internacional do Traballo. Á Suiza, á que décadas despois emigrarían os nosos en vez de coller rumo a Buenos Aires ou a Cuba.
Mais de Sada xa levabas un xermolo de concienciación social. Os pobres é doado que se conciencien, que palpen axiña a loita de clases en carne propia. Outra cousa é que se revolten ou que se conformen mansamente co seu destino. Ou mesmo que defendan aos que os oprimen.
Tamén en Sada acediches ao mundo das ideas sociais a través daquela barbería do peirao que facía as veces de Ateneo popular. O Vieiro, barbeiro anarquista e un vello indiano socialista levaban alí as publicacións dunha e doutra ideoloxía a serviren de confronto dialéctico á clientela, aos siareiros que sabían ler. Había tamén quen lles lía aos analfabetos. Aquel foco de subversión e perturbación social para as forzas vivas, de orde, e que tiña o máxico reclamo dun merlo amaestrado a cantar o hino de Riego, a Marsellesa e “Hijos del Pueblo”. Cousa bonita debía ser esa do merlo do barbeiro. Mellor que unha gramola.
E tamén foi naquela Sada labrega e mariñeira (“labriegos de la tierra / marineros del mar”) onde asistiches por ver primeira á celebración do 1º de Maio, con Orfeón, cancións de loita e de esperanza nun futuro mellor para a Humanidade, que está hoxe lonxe de acadarse. Tempos poéticos e románticos do movimento proletario incipiente. Hoxendía nas mirradas celebracións que se fan na capital coruñesa (non sei nas outras) dá un pouco de mágoa, Ramón, ver como transcorren case como un rallie e como a meirande parte dos asistentes descoñece os hinos que se malcantan.

*
* *


Logo as túas ansias e dedicacións foron para as loitas no seo da coleitividade galega, na Federación de sociedades ou fóra dela. Por iso fuches dos “céltigos”, aquel grupo de bos e xenerosos que daba vida á tan apreciada e significada revista Céltiga, fundada por Domingo Rial e o debuxante Ramón Peña e dirixida por ti, o teu amigo Eduardo e Eliseo Pulpeiro, en feliz triunvirato, revista que mesmo tivo repercusión na intelectualidade galega de aquén mar nun momento en que aquí estabamos a sofrir a Ditadura de Primo de Rivera.
Á túa nai dedicáchelle con todo agarimo o teu primeiro traballo escrito en galego, na nosa fala, “na que ela me cantaba, abalándome cando era neno”. Trataba de Sada, claro é, de qué senón ía tratar. Das túas lembranzas de neno mariñeiro. Quizá foi ela a que che ensinou a ler e escribir. Teresa a Escribana tiña sona de espilida e escribialles e lialles cartas aos viciños analfabetos.
E de túa nai, do seu cuarto, escribiches cando volviches por primeira vez, lembrando as horas infantís, aquel “santuario de tenrura”, cos sinxelos mobles e o nobre leito no que vicheñes ao mundo. O cuarto da nai (co seu Cristo de cerdeira, a ucha de nogueira, o chineiro das larpeiradas ocultas, o vello reloxio, o leito, a vella cadeira de bimbios...) como núcleo primixenio e resumo da casa toda, do fogar perdido e añorado.
Gostaches relembrar tamén o momento da partida, cando a “derradeira pitada do vapor”. Para os que embarcabades no peirao coruñés: “¡Marola!, ¡Torre de Hércules! ¡Orzán!”, eran as derradeiras vistas da nosa terra que compría fixar ben na retina. Para moitos emigrantes esas imaxes e a súa aldea natal era todo canto coñecían de Galiza.
Eras un poeta Ramón, que non tivo tempo, vagar nin decisión para escribir poemas. Tampouco era propio dun axitador e revolucionario facer poemas. Iso xa era cousa do teu amigo Eduardo.
Marola, nome para ti tan evocador de perigos precoces e experiencias infantís, foi o nome que puxeches ao teu primeiro intento literario a serio. A data da súa estrea, o 18 de agosto de 1925, foi para ti data inesquecíbel. Foi no teatro Mayo, na avenida dos galegos, a cargo da compañía de Concepción Olona que daría varias funcións en días sucesivos. Marola era o nome da protagonista daquel drama en dous actos, único ensaio teu no eido teatral. Ainda eras Ramón Suárez. O Picallo viría despois, engadido e inseparábel do outro apelido. Non tivo moi boas críticas, a verdade. Mesmo ti o aludías despois como “drama malo e truculento”. Algún órgano da colectividade dixo que era un boceto de drama e que se resentía de excesivamente ideolóxico. Ademais, os actores non encarnaban moi ben os tipos galegos. Pese ás ilustracións musicais do mestre Paz Hermo e dun alalá interpretado maxistralmente polo teu amigo Blanco-Amor a telón corrido. E sen embargo, estivo cincoenta e sete noites en cartel e tivo o seu impacto entre a colectividade galega.
Aquí só se coñeceu o eco da súa estrea e das representacións. Nunca a publicaches e ficou perdida no medio dos teus trafegos e viaxes. Por iso nunca foi representada entre nós. Quizá non merecera a pena e só teña un valor testemuñal e anecdótico na túa traxectoria. Nunca o saberemos. Ao mellor foi determinante nese teu empeño o labor dramatúrxico en galego do teu paisano Lugrís Freire a comezos do século. Aínda que agora penso que quizá aquelas obras non as coñecías no seu momento, pois eras moi neno cando as representaba aquela coruñesa Escola Rexional de Declamación. Poida que algunha se representara tamén en Buenos Aires anos despois.

*
* *


Comezaches a túa carreira parlamentaria dubitativo e modesto. Os teus títulos daquela eran o de cidadán da democracia, de fillo do pobo e do traballo, como lles dixeches aos integrantes daquel parlamento no que había filósofos e doutores, profesores universitarios, xornalistas e moitos avogados. Tamén un labrego galego: o teu amigo betanceiro Ramón Beade, socialista agrario, a quen lle farías un fermoso texto necrolóxico cando soubeches da súa morte anos despois.
“Si, si, deputado... E agora qué?”, diciache túa nai, non sen razón, preocupada polo teu futuro e pola carencia dunha profesión. E quizá aguilloado por esas verbas maternas conseguiches logo outros títulos: bacharel (no Instituto de Lugo, coas facilidades do profesor Ramón Martínez López, teu correlixionario e tocaio), licenciado en Dereito por Compostela (onde era Magnífico Rector o teu compañeiro de deputación e partido, o noiés Rodríguez Cadarso, quen morrería en accidente antes de ti licenciarte). E, sobre todo, a través das túas intervencións no Parlamento, o título de gran orador: “Unha voz apegada a un home” dixo Ortega y Gasset, nada menos. Mesmo os teus discursos parlamentarios nas Constituíntes españolas mereceron seren editados en Buenos Aires, para que a coleitividade soubera do teu labor e dedicación. Unha voz forxada en centos e centos de asembleas e mitins nas fábricas, nas esquinas, nos portos... E logo nas feiras e prazas de Galiza, defendendo a necesidade e o dereito ao autogoberno. Para daquela descobriras que para un galego o mundo empeza ou debe comezar en Galiza e os seus problemas son previos (ou polos menos paralelos) aos do resto. Por iso pelexaches tanto polo Estatuto de Autonomía. Con Castelao, con Bóveda, con Vítor Casas… Plebiscitado con éxito pouco antes do levantamento fascista que acabou con todo. Daquela xa te sentías líder, conductor do teu Pobo, así con maiúscula como o escribías en confesión ao amigo Eduardo. Non era o Estatuto que vós soñabades, mais era o posíbel naquel momento. E servíu para que despois non nos ningunearan definitivamente ou para que Galiza aparecese á par de Cataluña e Euscadi como “nacionalidades históricas”, cando foi o do “café para todos”.
En febreiro de 1936 voltaches sair eleito deputado a Cortes nas eleccións que lle deron o trunfo á Frente Popular. Agora ías representando ao Partido Galeguista, dentro da coalición do Frente Popular. Obtiveches cento cincoenta e tres mil cento corenta e cinco votos en toda a provincia. Case cen mil máis ca en 1931. Agora eras máis coñecido, madia leva! E na túa Sada fuches o candidato máis votado, sacándolle un cento de votos de ventaxa ao todopoderoso Casares Quiroga. Non son datos nin situacións comparábeis, mais no baile de números é doado perder as referencias. Digamos namais que o actual deputado do BNG pola provincia coruñesa, por exemplo, tivo oitenta e sete mil catrocentos seis nas eleccións xerais do pasado 2008. Ben menos dos que ti obtiveras entón.
Aquela licenciatura en Dereito, acadada con corenta anos mentres dirixías en Compostela aquel Ser, “semanario gallego de izquierdas”, e A Nosa Terra, órgano do Partido Galeguista que andabades a encauzar cara a esquerda, serviríache brevemente para integrar aquel bufete coruñés con Luis Seoane, Boedo e Bremón, para exercer como avogado de pobres, e logo durante a guerra (e contrariado xa para sempre cos comunistas) defender os libertarios do Consello de Aragón xulgados por causas políticas, por quereren facer a revolución ao tempo que a guerra. Tamén para poñerte “á par” de tanto deputado avogado cando voltaches ás Cortes co trunfo da Fronte Popular. Despois valeuche de pouco, porque a tua dedicación foi no exilio, como xa o fora antes, o xornalismo, amarrado ao duro banco da máquina de escribir. Xornalismo ético e humanístico, con afán didáctico e iluminador. Aínda hoxe as túas crónicas chilenas, recopiladas en parte, nos ilustran e asombran nunha multiplicidade de temas. Sempre atento aos fitos culturais, á restauración e lembranza da democracia republicana perdida e á reivindicación da patria galega. Xornalista vocacional e autodidacta, logo mestre de cursos maxistrais de xornalismo no Centro Lucense nos teus últimos anos, para a mocidade e para todos os que quixesen escoitalos. Clases maxistrais aquelas, louvadas publicamente mesmo por un vello xornalista profesional como Víctor Luis Molinari, o italo-arxentino sempre amigo de Galiza e dos galegos.

*
* *


En xullo de 1936 foi a desfeita propiciada polo militarismo fascista que pouco a pouco se ía extendendo por Europa como un cancro devastador. As forzas máis reaccionarias da España erguéronse contra o poder constituído e constitucional. Ti estabas en Madrid coa comisión que entregou o noso Estatuto recén plebiscitado e a túa sorte sería a partir daí a da propia República: Madrid, Valencia, Barcelona, a derrota final e a desbandada cara a Franza desleal e o exilio. Mentres, Galiza sofreu dende o primeiro momento “o máis grande martirio da súa historia”. “O maior drama colectivo de terror e de espanto”. Son palabras túas. Os seus mellores valores remataron fusilados e asasinados nas cunetas. Bóveda, o organizador do voso partido Galeguista e cabeza económica do Estatuto, Casal —a quen, xunto coa súa dona María Miramontes tanto debías—, Casas... Quintanilla e outros socialistas: López Da Torre, Mazariegos, Ramón Maseda... Villaverde o líder cenetista, e tantos activistas obreiros. Benigno Alvarez, o comunista galeguista. Até o deputado Miñones, tan moderado. Xenerais que non se prestaron ao golpe, gobernadores civís como o da Coruña, Pérez Carballo e a súa dona Juana Capdevielle, a bibliotecaria. Artistas como Huici, Francisco Miguel, Camilo Díaz... E ademais, militantes anónimos, sindicalistas, traballadores, persoas que se mantiveron fieis aos seus ideais.
O 12 de agosto apareceu nun monte de Veigue, na túa Sada, o corpo mutilado do teu irmán Xohán Antón, xunto co de Carballeira e o de Manuel Prego, os dous viciños de Meirás. Ti aínda tardarías en sabelo. Non serían as únicas vítimas de Sada: o alcalde Fernández Pita foi fusilado e o dirixente cenetista Monzo aparecería morto tempo despois. Rafael Fernández Casas, mestre do Souto, tan pertiño de Veloi, tamén paseado. E aínda houbo outras vítimas, menos significadas quizá.
No nadal, cando xa tiñas confirmación do asasinato do teu irmán, escribíaslle dende Barcelona a Blanco-Amor coa alma desfeita: “O noso Antón, o meu gran camarada, o meu gran auxiliar, o meu mellor amigo, o meu inolvidábel animador, foi asasinado a culatazos. Apareceu con todas as costelas rotas e a testa desfeita. Aquela cabeza repleta de ideas xenerosas, de nobres pensamentos, de ilusión de futuro venturoso para a nosa patria, foi destrozada polos asasinos de Galiza e de España!”.
Non foi esta a única desgraza familiar: O voso pai morría de pena a véspera dos Reis de 1940 e a vosa nai nove meses despois. O teu fogar de Veloi ficaba descabezado e enloitado. Tamén na emigración van caendo outros irmáns: no 38 morría Eduardo en Filadelfia; no 40, pouco despois do pai, tamén morría Leonardo en Montevideo. É natural que estiveras desfeito e te sentiras so no mundo, sobre todo naquela dominicana Ciudad Trujillo da que axiña escaparías. Enténdese que pedises socorro postal ao teu amigo Blanco-Amor na Arxentina: “¡Axúdame! ¡Escríbeme! Non teño a quen falarlle no mundo.”

*
* *


Tanta familia na túa casa e ti sempre só polo mundo adiante. Sen descendencia, solteirón impenitente, sen casa propia, a deambular por “conventillos”, por fondas e pensións e casas amigas. Claro que a túa vida non era moi apropiada para fundar familia: emigración itinerante e sen oficio determinado (ou con mil mañas e oficios), exiliado inestable e sen fortuna... Mais propia para un amor en cada porto ou en cada país ou cidade de destino. Nunha ocasión —quizá a única—, cando xa tiñas sesenta e sete anos, contácheslles aos teus alumnos dun curso de xornalismo que eras solteiro porque non tiveras tempo de casar, e que estiveras a piques de facelo, na Catedral de Lugo!, o 4 de outubro de 1936, cerimonia truncada polo estalido da guerra. A cousa estaba, pois, preparada con tempo. A noiva (quen era ela Ramón?) quedou na Galiza franquista, e ti nunca falaches, mellor dito nunca escribiches dela en público. Fantasía de vello ou realidade? Para ser cousa inventada, a data semella moi concreta. Un misterio, como outros, que xa a ninguén interesa. E dez anos antes dedicaraslle un artigo á señorita Magdalena Jaureguiberry cando fuches a Suiza. Significou algo para ti aquela francesiña ou era cousa de “amor cortés”?
O certo é que sempre se falou, por atrás, e permíteme Ramón que fale de cousas que case nunca se escriben, da túa presunta homosexualidade: “O Picallo é un pouco pájaro”, dicían algúns nunha época en que estas inclinacións se tapaban máis que hoxe e non existía iso do “orgullo gay”. Ti sempre fuches discreto. O teu amigo, o teu “capitán”, o Blanco-Amor (“Blanco del Amor... de los hombres”, dixeron en letra impresa os seus ruíns inimigos), era niso máis indiscreto e rachador de tabúes. Unha actitude que non toleraban nin perdoaban moitos. Até o García Lorca encabuxouse con el cando o visitou e fotografou en Granada, en “su” Granada, na casa familiar, porque o poñía en evidencia diante da nai. Ti eras doutro xeito. Xa non só no teu torpe aliño indumentario fronte ao dandismo esaxerado do ourensán. Tamén na expresión. Nas túas cartas ao amigo —amizade duradeira e entrañábel, unha irmandade— eras tan discreto...! Iso si, sempre queixándote da soidade. E sempre estiveches só. E morriches só.
A vosa era unha amizade “clara e luminosa” que estaba “máis aló do ben e do mal”. Á túa casa de Veloi fora Eduardo a curarse do mal da perda da nai aquel verán de 1933. E a túa, Tareixa a Escribana, fixo de nai sustituta. El nunca o esqueceu. A túa nai, aquel señorito distinguido e tan elegante, en oposición ao bandallo do seu fillo, semelláballe mesmo un... un... ¡titiriteiro!, tal foi a verba que atopou e acertou a sair por fin dos seus beizos e que logo se contaría como anécdota en tertulias e cenáculos. Fora daquela cando o voso frustrado intento de acodir en lancha á romaría dos Caneiros betanceiros con aqueles rapaces mariñeiros de corpos apolíneos, varados na ría en agarda da subida da maré despois de berrar aquilo de “Para mariñeiros nós!”. Si, dende que vos atopastes na tertulia bonaerense do café “La Armonía”, a vosa foi xa para sempre unha amizade harmoniosa a través dos tempos e das distancias, cando as houbo. Amizade de influencias mutuas, de confidencias íntimas, de vivencias compartidas.

*
* *


Na Arxentina fuches persoa non grata durante os gobernos militares e reaccionarios por mor do teu pasado revolucionario e sindical, de “axitador” case profesional. Por iso penaches en Chile (país ao que remataches querendo) catorce anos alonxado, xa non da Patria, senón dos amigos de emigración e exilio e daquela cidade porteña, para ti tan querida.
En xuño de 1954 voltabas a Buenos Aires convidado á celebración dun novo aniversario do Plebiscito do Estatuto galego. Desaparecido Castelao, eras ti Ramón o chamado a presidir un acto de tan grande significado simbólico e político. O extraordinario e apoteósico recibimento, co público en pé, encheute de emoción, disipou os teus medos e predispuxo o teu ánimo para voltar á gran capital dos galegos definitivamente, tan axiña como as condicións políticas fosen favorábeis.
E a ocasión chegou (caído o xeneral Perón) dous anos despois, co gallo do I Congreso da Emigración Galega, un evento de grande repercusión e unidade antifranquista, ao que asistiron delegados de todo o continente americano e no que tiveches destacadas e agardadas intervencións. E de seguido tomaches as rendas do Consello de Galiza como un dos tres deputados supervivintes daquela especie de Goberno galego no exilio que se creara en 1944 baixo a dirección de Castelao. Encargácheste das relacións exteriores. Buenos Aires ficaba xa na periferia da política republicana española e as decisións tomábanse en Europa. Foi tempo de moita correspondencia cos Alvajar, os vosos delegados en París, o pai primeiro e o fillo despois. Esas cartas están hoxe, o que son as cousas, moi pertiño da túa Sada, no Arquivo municipal de Betanzos. E foi tempo de enfrontamentos coas posicións estritamente culturalistas do “interior”, é dicir dos galeguistas que no noso país renunciaran a organizarense politicamente e rexeitaban as directrices do galeguismo do exilio.
Gostabas tanto de falar! Nestes anos tiveches ocasión de conferenciar, alén dos actos políticos e máis ou menos oficiais, sobre os máis diversos motivos da realidade e cultura galega, por intranscendentes que lle parecesen a alguén: a paisaxe, a literatura, a festa dos maios, a noite de San Xoán, os paxaros, o quiñón do náufrago e a vida mariñeira, os xuristas galegos, historia e xeografía. Unha das primeiras conferencias que impartiras na colectividade, aló na túa mocedade, fora nada menos que sobre o Mariscal Pardo de Cela.
Os anos pasaban e o Franquismo afianzábase. Ti, cada vez máis envellecido, desesperanzado e enfermo íaste convertendo nun símbolo, o Gran Don Ramón, como o teu amigo Calviño de Castro che chamou nun soneto a xeito de sembranza.

*
* *


Nunha ocasión dixeches ou escribiches: “emigrei aos catorce anos”. Segundo iso sería en 1908. Noutra que emprenderas a primeira viaxe polo mundo un día de xaneiro de 1912. Quizá, como tantos mozos, para fuxir a un servizo militar que vos levaba aos mozos pobres de carne de canón á guerra colonial de Africa. E noutra ocasión puntualizaches que fora un día de San Xosé, o 19 de marzo de 1912, cando entraches por vez primeira no porto de Buenos Aires, unha cidade que tiña daquela setecentos mil habitantes. E isa semella data máis asisada.
Tamén fuches emigrante sen fortuna. Como a maioría, non si? Como tantos galegos que cando lles preguntaban que sabían facer respostaban “calquer cousa”. Contáchesllo nunha carta anos despois a Casares Quiroga (teu correlixionario un tempo e do que te despedías como tal), quen non deixaba de ser un señorito coruñés: empregado de botica, mecanógrafo sen experiencia, cobrador de recibos, vendedor ambulante de doces, reposteiro en barcos mercantes…
Aínda non cumpriras os dezaoito anos cando comezaches a túa longa traxectoria de emigrante, de exiliado, de desterrado que nunca deixarías de ser xa ao longo da túa vida. Porque mesmo cando te reintegraches temporalmente á Terra, aqueles cinco anos da República, da “nena”, viñas como emigrante, como representante e voz dos emigrantes bonaerenses aos que algún día terías que render contas.
E logo xa non houbo posibilidade de retorno. O emigrante ficou condenado ao desterro, ao exilio, a vivir e penar errante polos camiños do mundo coa saudade pendurada do corazón, como un peso aplastante e asfixiante.
Arrastraches a túa dor —dor colectiva e persoal— polas terras americanas: os Estados Unidos de Norteamérica (o país sen nome), a República Dominicana (paso fugaz e escuro), Chile (o país austral polo que sentías afecto e gratitude, logo de dezaseis anos acollendo o teu exilio), e por último a Arxentina, o Buenos Aires que viras medrar ao tempo que ti te transformabas de adolescente en home feito e dereito. Vintesete foron os anos arxentinos, dezanove de emigrante e oito de exilio. Para ti, o desterro era a verba que resumía todas as desventuras humanas. E sabías moito diso.
Os teus traballos remataron o 14 de outubro de 1964. Ías camiño dos setenta anos, vividos intensamente, “moi navegados” e “calafateado” de cando en cando polos médicos do Centro Galego, como dicías na túa lingoaxe mariñeira. Sabiaste esmorecer a cada pouco e a melancolía íase apoderando de ti mentres as doenzas se acumulaban: o corazón, a diabete, a vista... Ti non querías morrer alá, Ramón. Mais tivo de ser. A Chacarita, o inmenso cemiterio bonaerense, acolleute no panteón dos galegos, como acollera antes a Castelao e tantos outros. Ti querías descansar no Fiunchedo, na túa Sada, cos teus, cos teus avós, cos teus pais, con algúns dos teus irmáns. Con Antón mártir, teu irmán tamén en ideais; coa ría á vista, que algúns están empeñados en tapar.
Agora estás aquí, con eles, con nós, no Fiunchedo, fronte a esta ría que aínda nos permite ollar a especulación nefanda do urbanismo irracional e avarento que se impuxo na túa vila e no país todo. Viñeron a recibirte o teu sobriño Moncho e a familia, os teus paisanos de Sada, xentes das Mariñas e de toda a nazón galega. Moitos nados xa despois da túa partida definitiva. Non habían ser poucos os que non sabían de ti, mais mobilizounos a idea que ti defendías. Contados os que te coñeceron en vida, como o vello Isaac, lembras?, el que ergueu a fábrica de soños no Castro de Samoedo e hoxe defenestrado polos que tanto lle deben. El foi quen hai corenta e catro anos nos dixo que querías descansar no Fiunchedo. Por iso estamos aquí, Ramón, contigo, para cumprir o teu desexo.


Publicado en Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo, Comisión Irmáns Suárez Picallo, Sada, 2009.
Comentarios (0) - Categoría: Biografías-Ramón Suárez Picallo - Publicado o 18-04-2010 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal