A. C. Irmáns Suárez Picallo - Sada


Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...


Visitas (desde o 05/08/2010)





Únete a nós!
comisionsuarezpicallo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AUDIO DO HUMIDAL DAS BRAÑAS
Difundimos hoxe o seguinte audio rexistrado pola técnica de son Yolanda Mored no humidal das Brañas de Sada. Outra forma de achegármonos, a través do son, a riqueza, en forma de biodiversidade, que atesoura o gran pulmón verde de Sada.


Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 14-11-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
INFORME SOBRE AS BRAÑAS DE SADA
Desde a Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, realizouse un detallado informe sobre as Brañas de Sada coas propostas da SGHN para a súa conservación e recuperación como patrimonio natural e cultural. O informe está dispoñible en rede, podendo acceder a el premendo aquí.
Recomendamos a súa lectura, moi útil para comprender a necesidade de preservar este espazo.

Tamén xurdiu da SGHN unha campaña de recollida de sinaturas para pedir unha figura de protección efectiva para As Brañas de Sada.

Deixa a túa sinatura

Agradecemos a difusión tanto do informe como da recollida de sinaturas; e aproveitamos para agradecer tamén á SGHN a súa implicación e compromiso na conservación do medio ambiente.

Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 02-10-2012 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
UN INFORME DA SGHN SOBRE AS BRAÑAS
Publicamos hoxe un artigo do nº 3 da nosa revista Areal, que comprende un breve resumo acerca do informe elaborado sobre o humidal das Brañas pola Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural.


Areal nº 3
Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 02-09-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
A SGHN recolle firmas para que As Brañas de Sada sexan incluídas na nova Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”
A Delegación das Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural creou unha recollida de firmas dixital para solicitar a inclusión do humidal sadense As Brañas na nova Reserva da Biosfera galega. A continuación xúntase o texto que acompaña á petición, así como o enlace para deixar a sinatura.


Fai click aquí para asinar

A paraxe coñecida como as Brañas de Sada é un humidal litoral de orixe natural situado en pleno centro urbano desta vila costeira da Coruña (Galicia-España).
O humidal forma parte dun antigo “sistema de humidal praia-barreira” sobre o que se situou a trama urbana de Sada.
As Brañas sufriron una profunda transformación debido á explotación de arxila para a fabricación de tella e ladrillo iniciada a principios do s.XX e abandonada 60 anos despois. As lagoas actuais son produto da explotación de máis de 10 telleiras.
Desde 1994 está vixente un Plan de Protección no que se preservan 24ha mais que en realidade serviu como instrumento para urbanizar, a base de sucesivos recheos, unha superficie equivalente usurpada ó humidal.
Ademais de acoller especies ameazadas (Real Decreto 439/1990, Catálogo de especies amenazadas) e de interese comunitario (Directiva 92/43/CEE), As Brañas conservan restos do pasado recente industrial, tan ameazados pola desidia e o abandono como a fauna e flora do contorno.
Na Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) traballamos para que dunha boa vez cesen as ameazas de urbanización, o verquido de restos de todo tipo e a despreocupación do goberno municipal que, aínda que apoia a creación da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, non achega nin un só metro cadrado de superficie protexida á mesma e ademais, no Plan Xeral de Ordenación Urbana omite a figura de protección de As Brañas e, con alevosas intencións, recualifica os terreos que estas ocupan.
Axúdanos a esixirlles ó alcalde e ó goberno municipal de Sada que, sen ambigüidades, decidan protexer As Brañas de forma efectiva, que as propoñan e inclúan entre os espazos protexidos da futura Reserva da Biosfera e que cesen as súas prácticas especulativas, tomando as medidas oportunas para converter este humidal nun referente para o turismo verde (diversificando e desestacionalizando así a oferta turística dunha poboación tan dependente desta actividade) e que sexa un espazo para que a cidadanía goce dunha natureza ben conservada.
Artigo sobre As Brañas escrito por Rafael Carballeira e publicado no Nº1 de Areal
Asina a petición
Delegación das Mariñas, SGHN
Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 29-08-2012 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
UN PORCO TEIXO NA PRAIA DE ARNELA (SADA)
Un domingo deste verán atopámonos cun porco teixo na praia de Arnela a Vella. O animal seguramente caera polo balado desde o seu tobo, situado xusto enriba da praia. No camiño de volta ao monte, para a nosa sorpresa, o porco teixo decidiu darse un chapuzón, co que puidemos comprobar as súas cualidades como nadador. Deixámosvos un pequeno video no que se recolle esta curiosa experiencia.

Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 27-08-2012 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
UN ARTIGO DE CALROS SILVAR SOBRE A ORNITOFAUNA DE SADA
2
Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 24-08-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
AS BRAÑAS DE SADA, A NATUREZA ESQUECIDA
Recuperamos hoxe para a nova sección "Espazos naturais de Sada" un artigo publicado no primeiro número da revista Areal, editada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo. Titúlase "As Brañas de Sada", a natureza esquecida, e foi escrito por Rafael Carballeira Coego, biólogo estudoso do humidal sadense. Nas súas páxinas recóllense as características máis relevantes das Brañas: a flora e fauna que albergan, a súa ubicación estratéxica para seren empregadas como aula da natureza e outras cuestións de interese que se descubren ao longo da súa lectura.

As Brañas. Rafael Carballeira
Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 16-08-2012 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
ESPAZOS NATURAIS DE SADA: UNHA NOVA SECCIÓN NO BLOGUE
Iniciamos hoxe esta sección dedicada a divulgar os valores medioambientais e paisaxísticos do noso municipio. Facémolo coa intención de contribuír a coñecérmonos un pouco mais a nós mesmos e, ao mesmo tempo, concienciar á cidadanía da importancia de preservar eses espazos e de esixir aos responsables políticos a súa activa implicación, antepoñendo o interese polo respecto e coidado do medio aos intereses especulativos que só benefician a uns poucos.

Sada alberga espazos de gran interese, como poidan ser o humidal de As Brañas (estudado por Rafael Carballeira no Nº1 de Areal), a costa de Fontán a Veigue e diversas áreas arboradas do interior.

Todos eles caracterízanse por teren sufrido o acoso dun urbanismo mal planificado e profundamente irrespectuoso, mais conservan valores que os fan susceptibles de atención, estudo e conservación.

Desde este blogue procuraremos cubrir as carencias informativas que a este nivel presenta a administración municipal na súa web, onde non existe un apartado divulgativo nesta materia.

Unicamente podemos atopar alusións ás praias de Sada, ás principais rutas de sendeirismo e ás Brañas. En todo caso, son moi breves, emprazadas no apartado de Turismo e enfocadas desde un punto de vista exclusivamente turístico e non divulgativo.

Xuntamos unha pequena montaxe audiovisual de diversos paraxes de Sada, agardando que vos guste.


Comentarios (0) - Categoría: Espazos naturais de SADA - Publicado o 14-08-2012 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal