Este blogue nace co obxecto de difundir a actividade da A. C. Irmáns Suárez Picallo, así como de recuperar e por a disposición do público diversos materiais de interese sobre o noso pasado,ao tempo que damos a coñecer os artigos escritos por Ramón Suárez Picallo e outros autores sadenses.
Estruturamos o blogue en varias seccións, nas que terán cabida noticias de actualidade sobre as nosas actuacións, artigos, textos históricos, fotografías...
Visitas (desde o 05/08/2010)
|
|

|
| Únete a nós! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| EXPOSICIÓN · RICARDO FLORES, SEMPRE EN SADA |
|
 |
|
|
|
|
| RICARDO FLORES, PROTAGONISTA DUNHA MESA REDONDA EN SADA |
|
 O pasado venres 27, tivo lugar, na Casa da Cultura Pintor Llorens, a anunciada mesa redonda en torno á figura de Ricardo Flores. Programouse no marco da exposición dedicada ao escritor sadense, nacido en Sada de Arriba e emigrado a Buenos Aires no 1929, cidade na que faleceu no 2002.
O acto abriuse cun breve video que combinaba fotografías de Ricardo e portadas das súas obras coa súa voz. A continuación, interviñeron persoas que o trataron en Buenos Aires. Abriu a mesa, presentando aos demais integrantes, José Mª. Monterroso Devesa. Falaron logo Antón Santamarina, Xosé Martínez-Romero, Pilar Jeremías, Luis Pérez e Carmen Moreno. Todos eles describiron a un Ricardo Flores fielmente comprometido con Galicia, coa lingua e coa cultura galega, ao longo de toda a súa vida.
Todos os participantes, desde cadansúa perspectiva, conseguiron trasladar ao auditorio ao Buenos Aires de Flores, de Abraira, de Seoane ou de Suárez Picallo. Ofrecéronnos testemuños desa parte da historia tan difícil de localizar na bibliografía: a que fala das relacións humanas, do carácter e da forma de ser dunha persoa, do quefacer cotián.
Ao acto asistiron, por parte do Concello de Sada, representantes dos grupos municipais do PSOE e do BNG. |
|
|
|
|
| SADA LEMBRARÁ A RICARDO FLORES CUNHA MESA REDONDA |
|

INTERVIRÁN VARIAS PERSOAS QUE O TRATARON EN BUENOS AIRES
O pasado 24 de xullo cumpríronse 10 anos do falecemento do sadense Ricardo Flores en Buenos Aires. Comediógrafio, compilador da lírica popular, xornalista, etc., Ricardo Flores, que fora nomeado fillo predilecto do Concello de Sada, traballou intensamente ao longo da súa vida en prol da dignificación da lingua e da cultura galega. Con motivo deste aniversario, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizou unha exposición biográfica que se pode ver na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada ata o próximo venres 27.
Coincidindo coa clausura da mesma, o día 27 ás 20:00 h., tamén na Casa da Cultura Pintor Llorens, terá lugar unha mesa redonda na que, con José Mª Monterroso Devesa como moderador, participarán varias persoas que trataron a Ricardo Flores:
-Luis Pérez: docente e avogado, ensaísta especialista en Eduardo Blanco Amor, García Lorca e na colectividade galega de Buenos Aires
-Carmen Moreno: entusiasta participante da cultura galega de Buenos Aires, especialmente en coros, agrupacións folkóricas e como actriz teatral en obras de Ricardo Flores
-Antón Santamarina Delgado: escritor e profesor de galego en Buenos Aires
-Xosé Martínez-Romero: Doutor en Sicoloxía, sicoterapeuta, docente e ensaísta fillo de galegos, nacido en Buenos Aires e establecido en Galicia hai máis de 10 anos
-Pilar Jeremías: activista cultural galega en Buenos Aires, compañeira de Martínez-Romero
No acto seguiranse a repartir exemplares do nº 12 dos Cadernos de Estudos Locais que edita esta asociación, titulado "Ricardo Flores. Sempre en Sada (1903-2002)". Nel repásase a traxectoria do sadense homenaxeado. |
|
|
|
|
| RICARDO FLORES. SEMPRE EN SADA |
|

|
|
|
|
|
| UN ARTIGO DE NEIRA VILAS SOBRE RICARDO FLORES (IV) |
|

|
|
|
|
|
| UN ARTIGO DE NEIRA VILAS SOBRE RICARDO FLORES (III) |
|

|
|
|
|
|
| UN ARTIGO DE NEIRA VILAS SOBRE RICARDO FLORES (II) |
|
.jpg)
|
|
|
|
|
| UN ARTIGO DE NEIRA VILAS SOBRE RICARDO FLORES (I) |
|
 Publicamos o presente artigo sobre Ricardo Flores, que nos fai chegar Xosé Neira Vilas e que orixinalmente viu luz no seu libro Memorias da Emigración III. |
|
|
|
|
| A ESTREA DUNHA OBRA DE RICARDO FLORES |
|

Tal día como hoxe, un 9 de xullo de 1938, en plena Guerra Civil, o comediógrafo sadense Ricardo Flores estreaba en Buenos Aires, no salón da Casa Suiza, Un ovo de dúas xemas, peza en dous actos, interpretada polo conxunto escénico da Sociedade Coral Os Rumorosos. Representaríase logo en numerosas ocasións nas diversas entidades da colectividade galega. Julho de 1938 estreou-se no salom da Casa Suiça Um ovo de duas gemas, peça em dous actos de Ricardo Flores, interpretada polo conjunto cénico da Sociedade Coral Os Rumorosos, que continuou representando-se polos cenários da colectividade.
Na segunda quincena deste mes de xullo comezarán os actos que esta Asociación vai desenvolver coincidindo co 10º aniversario do falecemento do escritor. O 18 terá lugar a inauguración dunha exposicón biográfica na Casa da Cultura Pintor Llorens e o 27, no mesmo lugar, celebrarase unha mesa redonda con xente que o tratou. |
|
|
|
|
| QUE A NOSA TERRA SEXA NOSA. Ricardo Flores |
|
 |
|
|
|
|
| INFRUENZA DA LINGUA. Ricardo Flores |
|
 Publicado en A Fouce, Buenos Aires, 15/12/1932. |
|
|
|
|
| ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE RICARDO FLORES |
|
 Arriba: Ricardo Flores (esquerda) e Ramón Suárez Picallo (dereita) nunha reunión da directiva do Centro Coruñés de Bos Aires.
Tal día como hoxe, 1º de maio, día do traballador, nacía no ano 1903 Ricardo Flores. Con motivo desta data, publicamos o seguinte artigo biográfico de Luis Pérez Rodríguez, que viu luz na revista Areal o pasado 14 de outubro de 2010.
O próximo 24 de xullo cumpriranse 10 anos do falecemento do autor sadense. A A. C. Irmáns Suárez Picallo está a organizar un ciclo de actos que terán lugar en torno a esa data.
RICARDO FLORES, PATRIOTA GALEGO
Luis Pérez Rodríguez
Ricardo Flores Pérez nace en Sada, no lugar de Sada de Arriba, o 1 de Maio de 1903. Do fondal das súas primeiras experiencias vitais de neno labrego e mariñeiro aboia o recordo do tío Meilán(1), quen o iniciaría no galeguismo coa lectura de A Virxe do Cristal de Curros Enríquez.
A súa afección ó teatro vén de moi novo. Na súa mocidade, dirixiu en Sada, con outros amigos, un Grupo teatral. Levaron á escena Un fillo de bendición -de tema mariñeiro e escenificada no Pavillón Moragra de Sada-, Consellos do Tío Xan(2)- sobre o tema da emigra¬ción, representada no mesmo pavillón- e Querer de comenencia -posta en escena no Salón Suízo da mesma vila. As peciñas tiveron unha grande acollida do público de Sada e animarían a Ricardo Flores a proseguir o camiño do teatro na emigración(3).
O 31 de Agosto de 1929 emigra a Buenos Aires, onde axiña se incorpora aos proxectos culturais da colectividade. Así, iría ocupando cargos de relevancia na Sociedade Nazonalista Pondal, no Centro Provincial Coruñés, na Intersocietaria Galega, no Consello de Galiza, na Irmandade Galega, etc.
Exerce o xornalismo en distintas revistas e periódicos, en especial en A Fouce, voceiro da Sociedade Nazonalista Pondal, onde publica títulos tan elocuentes como «A Patria dos galegos» -25 de Xullo, 1933, nº 62-, «Contra os traidores hai que reuxir con braveza» -15 de Novembro, 1933, nº 65-, «Os símbolos patriáis, perseguidos d'alteraçóns» - Novembro, 1945, nº 84, etc.
Destacamos a súa actuación en dous campos que foron os que máis contribuíron a crear unha conciencia galeguista: os Coros e o Teatro galego.
Lembranzas de Ultreya, Lembranzas da Terra, Saudades, Os Rumorosos... foron outros tantos Coros que, amais da súa actividade musical, mantiñan conxuntos escénicos propios e acudían aos festivais artístico-danzantes que as numerosas entidades organizaban. Ricardo Flores presidiría a Sociedade Coral Os Rumorosos, engadindo á súa función específica de cultivo e espallamento do canto polifónico, unha actividade artístico-cultural que mereceu os eloxios dos seus compatriotas. El mesmo forma parte do seu prestixioso Coro, baixo a batuta do extraordinario mestre e director M. Prieto Marcos.
Relacionada coa súa actividade coral, publica Escolma de Cantigas Galegas -Edición da Caixa de Aforros de Ourense, Buenos Aires, 1984-. O libro conten A-la-lás, Cancións de berce, Foliadas, Pandeiradas e Ruadas. Algunhas das pezas son rescatadas da súa memoria dos tempos de neno. Outras son inéditas e naceron nos lameiros da saudade dos emigrantes. A veces, poetas coñecidos -M. Prieto Marcos, X. Mª Monterroso Devesa, etc- esconden os seus versos orixinais baixo o anonimato. Ricardo somete a lingua a un proceso de decantación, na procura da orixinaria enxebreza. El mesmo é autor de foliadas, cantigas e a-la-lás, que tamén música.
Ricardo Flores é un representante xenuíno do teatro galego da emigración. Seguindo a liña das Irmandades da Fala, namais chegar á Arxentina, entende que o teatro é un factor de capital influencia para o noso renacemento nacional e para a educación cultural do pobo. R. Flores entrégase a esta tarefa coma autor e director.
Pero o seu teatro reflexa á Galicia da súa infancia e mocidade. Máis en concreto, o cotián vivir das xentes da beira de Sada e das Mariñas de Betanzos. Os personaxes son un producto deste ambiente e a súa sicoloxía está presente na acción e nos diálogos. A linguaxe, viva e popular, serve de canle a esta realidade campesiña e mariñeira, que se resolve en situacións graciosas de humor popular. Estas pezas realistas están enlevedadas pola ética e escritas desde a autenticidade.
É consciente de seguir a tradición que vén desde os autores das Irmandades da Fala: Lugrís, L. Carré, A. Vilar Ponte, A. Cotarelo, X. Prado “Lameiro”...: era preciso eliminar do emigrante o seu complexo lingüístico-cultural, que mantiña na inacción o seu sentir patriótico.
O teatro de R. Flores sería moi solicitado polas Entidades galegas da emigración, pois as súas obras transportaban os emigrantes os eidos natais. De aí as súas moitas representacións.
Ademais das tres peciñas xa sinaladas anteriormente -Un fillo de bendición, Consellos do Tío Xan e Querer de comenencia- as obras de R. Flores son as seguintes:
-Mai e Filha(4): peza en dous actos e estreada nun festival do Centro Cultural de Betanzos, no ano 1932.
-Un Ovo de dúas xemas: Edicións do Rueiro, Buenos Aires, 1956. Peciña en dous actos. Foi estreada na noite do nove de Xullo de 1938 polo Conxunto da Sociedade Coral Os Rumorosos(5).
-Enguedello: tamén publicada e estreada a noite do 11 de Outubro de 1939. Este paso de comedia anecdótica foi representada polo mesmo Conxunto escénico anterior(5).
-Para isso som teu amigo: comedia en tres actos, escenificada polo Conxunto Lugrís Freire do Centro Provincial Coruñés, que el mesmo dirixía, o 25 de Abril de 1952.
-Ugío: coa Cidade Vella de A Coruña como telón de fondo, representada tamén polo anterior conxunto teatral o 12 de Xuño de 1953.
-Catro Estampas de Beiramar (O amor da costureira, Un home de mala sorte, Agora xa é tarde e No Areal): Edicións do Rueiro, Buenos Aires, 1961.
-O Afiador: estampa teatral nun acto; Un remedio malfadado: estampa da emigración nun acto, acontece no verán de 1965 nas Mariñas de Betanzos; e A nossa Terra é nossa!: igualmente sobre a emigración e nun acto. Todas elas do 1988 e publicadas en Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 96, A Coruña, 1992.
O noso autor foi obxecto dunha homenaxe na Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada, a súa vila natal, no Outono de 1990. Pronunciou, nesta ocasión, unha conferencia sobre A Lírica Popular Galega na Arxentina. Días antes, na Agrupación Cultural O Facho da Coruña, deu outra sobre O Teatro Galego como medio de afirmación proselitista.
Ricardo Flores falecería en Buenos Aires o 24 de xullo do 2002, cando contaba 99 anos de idade.
_____________________________________________
1. Este vello, amigo dos seus país e dos rapaces do rueiro, íalle pondo nas súas mans libros de Literatura galega, que o foron orientando definitivamente cara ó galeguismo. Cfr. Luis Pérez. Entrevista con Ricardo Flores, na Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires, no Outono de 1988. Arquivo persoal.
2. Xoguete cómico contra do indiano que fai ostentación fachendosa da súa riqueza.
3. Estas peciñas curtas emigraron con R. Flores a Buenos Aires e, segundo a súa propia confesión, queimaríaas. O teatro da emigración requiría outras preocupacións e actitudes.
4. Esta peza, coma tódalas que o noso autor ten escritas e non publicadas, teñen a grafía do galego reintegrado, postura que mantén afervoadamente xa desde os comezos da súa andaina de escritor e que hoxe comparte cun grupo de galegos de Buenos Aires.
5. Estas pezas teñen unha segunda versión inédita, feita polo propio autor, en galego reintegrado. Respetamos a grafía, como é natural. O título das que foron publicadas vai coa grafía da súa correspondente edición.
|
|
|
|
|
| UN ARTIGO DE R. FLORES SOBRE A LINGUA |
|
 |
|
|
|
|
| OS TRES BENADANTES, por Ricardo Flores |
|
 Publicamos hoxe outra breve narración do escritor sadense Ricardo Flores, que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na emigración, en Buenos Aires. O presente texto, como moitos outros, está ambientado no rueiro de Sada de Arriba, onde nacera o autor. |
|
|
|
|
| COUSAS DE CALQUER RUEIRO, por Ricardo Flores |
|

A DERRADEIRA NOITE DE MAIO
Por Ricardo Flores
É pola hora do lusco-fusco no derradeiro dia do mes de Maio, o mes máis frorido de todos. Ao rueiro vén chegando xente, como non soía ver-se tanta a miúdo no mesmo lugar; xente de distintas edades: mocedade, rapazada, e algunhas mulleres algo entradas en anos de madureza.
Na casa dunha viciña, seguindo unha cousa xa tradicional, arranxara-se un altar para o celebramento do mes das frores que, baixo a advocación de María, a santa, patrona da parroquia, facia-se todos os anos, xuntando-se alí todas as noites os viciños devotos, rezando o rosario e entoando cantigas relixiosas axeitadas á circunstancia, e na derradeira noite, como é esta, aumentar o programa con pre-garias recitadas por meniñas.
Chegaba-se a hora de comezar a cerimonia e a xente vai entrando. O lugar non é de espazo abondoso para que poida caber con folgura toda a xente que hai; mais, puxa daquí a aperta dacolá, nengunha das mulleres queda sen entrar, non asin os mozos, que xa non tentan furar para dentro, deixando-se estar fora en agarda da hora da foliada, que sería despois do acto das frores. Os rapaces tampouco queren ocupar nengún sitio dos primeiros, adiante do altar, ao rivés dos outros días, preferindo quedaren-se atrás de todo. A xente está de pé e acha-se tan apiñoada que, nen siquer, poden erguer a man para se persinaren, tendo que facê-lo abaixando a testa.
Cando findáron os rezos e comezáron as cantigas, un par de rapaces, acochados polos demais compañeiros, poñen-se á tarefa de coser as mozas polas saias, unha coa outra. traguendo xa de antemán as agullas enfiadas, e sen que ninguén das outras mulleres se decatara da falcatruada.
Ao se arrematar todo e a xente trata de sair, aquilo converte-se nun algueireio de moitos diaños; fai-se tal enguedello de mozas, que algunha ten que bater cô corpo no chan, quedando-lle álgo ao recacho, que daría non se sabe o quê, porque non lle quedara.
O asunto, felismente, non acadou nengunha desgostosa consecuencia, senon que foi pillado con moi bon xorne; tanto a moza caida como as outras cosidas, xunto coa demais xente, festexaron a ocorrencia con longas gargalladas, as que duraron o tempo que tardou en se escoitaren os primeiros sons do acordeon dando comenzo á foliada.
O home que toca a acordeon fa-no moi ben, dá xenio verlle rebulir os dedos por acima das trécolas e escoitar os arpexos que tira delas; mais, con acompañamento dunha pandeireta faria mellor compaso para axudar a bailar, e daquela, pensou-se na "Tôca", indo á presa unha moza a buscá-la, filla dela; mentres se agarda pola sua chegada, os ollos de todos vên surprendidos o xesto slmpático e xeneroso da taberneira, quen vén moi risoña agasallando á concorrencia cunha prêsa de galletiñas redondas da grandura de botons de chaqueta. A taberneira sabia ben o que facia: trataba de levar sede ás bôcas, a fin de que despois lles dese gana de matá-la con boliches ou outra cousa de bedida, o que logo sucedeu, saíndo-lle o choio como ela o hosmara, xustamente a pedir de bôca.
A "Tôca" chama-se asín sen que sexa tôca. Ocorre que ésta muller ten unha man que a dobra moito para baixo, e cando era pequena gostaba de facer probas con ela, algu-nhas veces amostraba-a dun xeito, que semellaba unha verdadeira tôca; e daí, nasceu-lle o alcume de "Tôca", quedando-lle para sempre; e toca a pendeireta, como non hai ninguén que a toque á par dela, en toda a volta.
Xa vén, pois, a "Tôca", e a sua presenza coa pandeireta, ateou a foliada. Quê ben que a toca!
A noite semella máis ben unha noite de vran que de primaveira. Como é lua cheia, o rueiro está alumiado cunha luz pouco menos do que a luz do solpôr.
Os galos anuncian o cor da noite cos seus cocorocós. Son, pois, as vintecatro horas e a foliada segue cô carís do apoxeu: o mesmo fato de xente coas meixelas cor da cereixa, resoantes cantigas populares e abalos danzantes ben acompasados.
Ao sinalaren as agullas do reloxio a unha do dia seguinte, tal como estaba convido, xurden os sons dunha muiñeira que é coreada e bailada por todos, uns ben e outros non tan ben, do xeito que cada un sabe, findando con êsta tocata a foliada, e pôndo-lle cuño simbólico un par de rexos aturuxos.
Como todos teñen que se erguer cêdo para cumprir coas obrigas do traballo, uns en parellas de mozo e moza, outros desparellados, todos pillan o camiño dos seus respeitivos fogares, levando cada quén no seu esprito, unha farta de rexouba, e no maxin, a lêda imaxen da noite aquela e do rueiro aquêle, a que, despois do longo treito de algo máis de meio século, queren lembrar estas liñas tracexadas con anôto de saudade.
Galicia, 05-06/1972 |
|
|
|
|
| AMOR MARIÑEIRO, POR RICARDO FLORES |
|
 Colgamos hoxe este breve texto do sadense Ricardo Flores, publicado en Adigal, xullo-setembro de 1997, cando Ricardo contaba 94 anos. Como moitos outros do autor, versa sobre o folcklore musical galego, e neste caso sobreo alalá Amor Mariñeiro, con letra de Ramón Suárez Picallo e música de Paz Hermo, e composto para a obra teatral do primeiro Marola. |
|
|
|
|
| OUTRO VILANCICO DE RICARDO FLORES |
|
 RICARDO FLOREZ PÉREZ naceu en Sada de Arriba no 1903 e, emigrando cando novo, morreu en Buenos Aires no 2002, logo dunha vida dedicada de cheo ao desenvolvemento da cultura galega alén mar. Dramaturgo, narrador, xornalista, etc., tamén tivo a súa faceta como recompilador da líria popular e como creador de composicións musicais propias.
Nesta ocasión presentamos un novo vilancico, do que Ricardo Flores é autor da letra e da música (asina co seudónimo de Herre Chiquelo). |
|
|
|
|
| UN VILANCICO DE RICARDO FLORES |
|
 RICARDO FLOREZ PÉREZ naceu en Sada de Arriba no 1903 e, emigrando cando novo, morreu en Buenos Aires no 2002, logo dunha vida dedicada de cheo ao desenvolvemento da cultura galega alén mar. Dramaturgo, narrador, xornalista, etc., tamén tivo a súa faceta como recompilador da líria popular e como creador de composicións musicais propias.
Nesta ocasión presentamos o seguinte vilancico, do que Ricardo Flores é autor da letra e da música (asina co seudónimo de Herre Chiquelo). |
|
|
|
|
| COUSAS DE CALQUER RUEIRO. OS TRES AMIGUIÑIOS, por Ricardo Flores |
|
 Nun dos seis lugares que compoñen a parroquia hai dous rueiros: o rueiro grande e o rueiro pequeno, tal é como os nomeian os viciños estando fora dêles, por haber máis fogares no primeiro que no segundo; e achando-se dentro do chan de calquera dos dous, referíndo-se ao outro, din-lle, o rueiro dalá.
Nos dous rueiros non escaseaba a xente miuda; coa dun e doutro, xuntaba-se unha boa rolada déla. Entre a do rueiro pequeno había tres nenos, cuios nomes eran: Fiz. Roque e Liño. Os tres concorrían á mesma escola, indo e voltando sempre xuntos, por seren moi amigos e apegados compañeiros en todas as andadas e brinquedos.
—Tres diaños en figura de nenos —a alguén se lle ouvia dicir con eisaxero, ao vé-los a cotío en arrichante compaña.
Que eran tres anxos, tampouco un podía dici-lo. Pois os nenos, gozando de pleia saude, o común é de que sexan travesos, cousa que ben se pode considerar normal; e éles, ao estaren dentro de tais condicions físicas, eran á par de todos.
Ademáis dos enredos entre os tres ou entreveirados con outros rapaces, cada quen tiña o seu entretenimento particular.
Fiz, adoitaba andar cun cichote, xoguete que soia facer-se de bieiteiro, levando-o na cintura á maneira de quen leva un revólver; e con ele, cando atopaba a xeito a alguén do seu igual, a veces inda que fora de máis tempo, pá!, disparaballe na coliga unha pêlla ou unha bolina feita con papel húmido, apretado côs dedos, non salvando-se sempre dun bon retruque de man ou de pe, por ben lixeiras que tivera as pernas e por moito que erguera os calcañares para correr; tratando-se de rapazas, prefería cichar-lles auga nas orellas, pois adivertia-lle máis, escachando-se de risa, e facia-se tamén de menos coida-do para o seu peléxo.
Roque, non saía da casa sen unha funda pendurada do brazo, ceibando pedriñas a canto paxaro albiscara; e senon, ceibaba-llas a calquer cousa, polo que moita xente tiña probado a sua ponteiria, e sendo poucas as casas do lugar que non lles tivera roto algún vidro das fenestras, o que, nalgúns casos, custaba-lle boas azoutas de sua nai, cando chegaban con queixas a xunto déla e non tiña máis remedio que pagá-lo.
A Liño, tiraba-lle o debuxo, e soia pôr-se a facer figuras no chan, riscando as liñas cun anaco de tella que percuraba levar sempre consigo. Debuxaba casas, navios, animáis, caricaturas de persoas, unha cheia de cousas, que chamaban a atención da xente, gabando a sua abelencia artística, có que ele pillaba fachenda, comezando a por ao pe de cada debuxo as iniciáis do seu nome e apelido: un ele e un pe. Liño Parga.
Un certo día, a iso da caída da tarde, achando-se os tres no seu rueiro, fartos de tanto xogar ao piom e de enredar á saltacabana, sentáron-se arrimados á casa da señora Xila de Couce; Couce era o apelido do seu home, de nome Xoán, máis coñecido polo mal-nome de "Porqueiro", o que lle viña herdado de seu abó, a quen llo habían posto por se adicar á cria de porcos; mais, ai! da persoa que se atrevese a nomeá-lo polo alcume diante do seu naris, que non lle quedaría chisca de gana de volver a facé-lo. E a Liño, nése intre, petou-lle debuxar no chan a figura dun porco; cando xa tiña arrematado e, por indicación de Roque, estaba-lle engadindo a botada dun cagallón, aparecen pola porta o "Porqueiro", quen ao ollar o debuxo, cometeu a babiolada de se dar por aludido, pillando o neno por unha orella e ameazando-o:
—Agora mesmo borras iso do chan. se non queres que che arrinque a orella.
O neno, tremante de mêdo, respondeu tatexando:
—Ssss... sí. señor. Máis, ssss.. .solte-me a orella, que... que xa o desfa... fago!
Ao soltar-lle a orella, côs zocos dos pés esfregou os riscos do debuxo, facendo-o desaparecer.
—E se volvo a pillar-te debuxando a mesma figura diante da miña casa, non che vou arrincar unha orella, arrincarei-che as duas —indo-se para dentro.
Os outros dous nenos erguiron-se e achegáron-se ao amigo: como en atitude de solidarida-de, pousáron-lle unha man en cada hombreiro e, levando-o no meio, foron-se dali caladiños como petos.
Ao día seguinte pola maña, a parede da casa da señora Xila de Couce, pola banda do curral, apareceu cunha ringleira de pes pintados con carbón. Cando se ergueu o "Porqueiro" e ollou aquilo, virou-se doente, que se nêse intre tivera diante de si ao autor da falcatruada, pobre do seu coiro! Asaca por aquí, pescuda por ali, non logrou descobrir quen fóra; inda que o suspeitaba e sen trabucamento. Como non había probas de testemuñas, pensou e pensou ben, que seria mellor deixar morrer asín o asunto, non escarabellan-do máis nêle. Botou man dun trapo e esfregou con êle e meia ducia de pes que lixugaban a parede: despois, pasou-lle unhas brochadas de cal e, as poucas horas, a fachada da casa xa estaba limpa, locindo toda ela a mesma brancura de neve da vespera, sen que se notaran ren os riscos das devanditas letras, inicial do alcume que tanto o amolaba.
E o feito, en nengún da viciñanza deixou un mal zoño: todos seguiron risoños igual que sempre, ollando con agarimosa tenrura aqueles nenos, e contemplando pracenteiramente os seus brinquedos e axiordos, co que tornaban asallosa a imaxen do rueiro. |
|
|
|
|
| A NAI ENREDANDO CO FILHINHO, por Ricardo Flores |
|

Grazas a Andrés Yañez, que puxo á nosa disposición diversos materiais de Ricardo Flores (1902-2002), podemos hoxe publicar o presente texto do autor sadense afincado en Buenos Aires.
Decorriam os días da prímeira semana do agosto e com um.a sazom ajeitada dum magnifico verao, indo ja fora um par de jornadas.
Na vila branca e marinheíra de Sada dava-se encéio aos trábalos de ornamentacom pública para o celebramenfo da sua festa mayor, em memoria da patronada parroquia. Santa María, e mais da cápela de San Roque. O folguedo e os diveríimentos comegam o día quinze e arremaíam o día dezoito.
Um.a fogueira circunstancia, fazia agoirar um.a fesía de agosto este ano verdaderamente rachada, como soe dizerse, mais rachada que nunca, tal era o balbor que tanto entusiasmo ascendía no ambiente.
Era um ano de muita fartura de froitos do mar, sobretodo de sardina , peixe de mui rendoso lucro; e as rapetas, havía que ver como vinham todas as manhás cedinho, tocando a buguina como anuncio do éxito das largadas de redes ao mar e as conseguintes aladas, deitando a bordo cárregas de peixe que traguiam para vender, e que significava boa compensagom do trabalho da noite.
Com tanta amorrada de sardina que havia, a gente andava, que nom cabía dentro de si, de contentíssima que se sentía, e metida em aprestos extraordinarios, um tanto de luxo, do que outros anos nom podia sonhar.
A vida deste povo, ao igual do que a vida doutros povos da Galiza, depende da pesca; o sustento da sua comunidade, provém do que se pode exírair das augas do mar, as que suponhem as hortas dos marinheiros. E a gente marinheíra, cando o vento nom se Ihe cola polos petos, por terem-nos bem forrados , sabem-se fazer ver e luzir-se de primeira, nom cabe dúvida.
Passava de meia manhá, e das sete companhas que sairam a véspera para pescar, faltava por estar de volta a do "Periquete" pois como fóra vender o peixe á Corunha, nom pudera chegar cedo, canda as demais, que foram vender a praças de mais perto.
A mulher de um dos que faltavam nesta companha, achava-se a espreita da sua chegada, e ao enxergar a lancha e a buceta que vinham a toda vela, com ansia botou a andar co filhinho no colo, duns seis sete meses, para agardar na rampa ao seu home quem de pe na proa da lancha vinha portando nas maos um barquinho de xoguete para seu pacholinho.
E mentras as duas embarcaçons vinham aproadas cara onde a mulher estava, que justo, ali tinham que atracar, ela tratava de Ihe escorrentar o sono ao filhinho, fazendo-lhe contos e enredando com ele a fim de que cando seu pai pujesse os pes nas lajes de rampa, cabo deles, topasse o seu amantinho eos olhos abertos.
Turulú, meu pacholinho
Ti bem podes turular-e
Túa nai está contigo
E teu pai ja vém do mar-e.
Ai, la-la-ra-lá ai, la-la-ra-lá ai, la-la-ra-lá ai, la-la-ra-la-la.
Este meu pequerrechinho
É como a flor do laranjo
Os olhinhos tem azúis
O mesminho que os dum anjo
Ai, la-la-ra-lá , etc.
Nom te troco, meu meninho
Nom te troco, meu amor-e
Nem pola prata da lúa
Nem polo ouro do sol-e.
Ai, la-la-ra-lá etc.
|
|
|
|
|
|
|