Non sei dende cando leva resistindo os abrazos do mar, sendo testigo mudo do noso pasado. De pequeno colábame nela. Recordo unha foto moi vella, de "époque", duns corazóns galegos xogando na praia ó golf baixo un parachoivas. Pareceume do mais normal, porque eu sempre souben onde estaba o burato. Alí, na cova do trasno...
Chegaron ó porto de Valparaíso a noite do 2 de setembro de 1939. As estrelas se acendían no mar e confundíanse cos escintileos desa descoñecida parada.
¡Parecía Barcelona!, exclamaba alguén. Se asemellaba ás cidades mediterráneas, e non era unha noite triste, senón longa. Quizais, a máis longa da vida.
O capitán pensou que era mellor chegar de día, xa que estaba o rumor en terra de que os viaxeiros viñan con doenzas.
Miraban o porto, as luces dos cerros e todos choraban coma nenos. Víase fermoso. As estrelas prolongábanse nos cerros e chegaban ata o mar en varias filas amarelas. Esa noite ninguén durmíu, como recorda un dos navegantes.
Cos primeiros escintileos de luz dese domingo primaveral, o barco ingresou á bahía e tiraron as escaleiras. Unha multitude esperábaos, cún palco de honor e música de fondo.
Por suposto que estaban as autoridades, amigos e simpatizantes do Partido Comunista e Radical.
Un grupo de enfermeiros do Ministerio de Sanidade esperábaos para vacinalos antes de repartilos entre a solidariedade porteña e santiaguina.
O curioso é que a persoa que liderou a vacinación dos refuxiados, o ministro de Sanidade, anos despois cambiaría o rumbo da historia chilena. Era Salvador Allende.
Da pouco foron baixando os sobrevivientes no sitio A do espigón. O primeiro en pisar o chan gritou: ¡Viva Chile! ¡Vimos traballar e a honrar a este país!
Despois do xantar, dous trens esperaban mais de mil cincocentos refuxiados para levalos a Santiago.
En 1939, Pablo Neruda viaxou ata París para desempeñarse como cónsul para a inmigración española. O recentemente electo presidente, Pedro Aguirre Cerda, aceptou que Pablo Neruda presidise a misión en favor dos refuxiados españois detidos nos campos de concentración do sur de Francia: "Sí, tráigame milleiros de españois. Temos traballo para todos. Tráigame mariñeiros, tráigame vascos, casteláns, extremeños" ("Tráigame millares de españoles", Las últimas noticias, 13 de agosto, 1995).
En compañía de Rafael Alberti, Pablo Neruda contratou un vello barco de carga francés que habitualmente cubría o traxecto de Marsella ás costas de África, cunha tripulación non superior aos dezasete mariños. O barco chamábase Winnipeg.
Dos lugares máis recónditos, chegaban cartas solicitando ser incluídos. A maioría foron aceptadas, tal como descríbeo Pablo Neruda nas súas memorias: "Os meus colaboradores, secretarios, cónsules, amigos, ao longo das mesas, eran unha especie de tribunal do purgatorio. E eu, por primeira vez e última vez, debo parecer Júpiter aos emigrados. Eu decretaba o último Sí ou o último Non. Pero eu son máis Sí que Non, de modo que sempre dixen Sí" (Confieso que he vivido, Barcelona, Editorial Argos Vergara S.A., 1980).
Forma parte do mito desta aventura onde estará agora o Winnipeg. Uns poucos din que foi afundido nas costas americanas, pero outros sosteñen con maior credibilidade que os submarinos nazis mandárono ao fondo do mar moi preto das illas Azores.
Onde queira que estea, os nosos respectos e saúdos.
A chegada do Winnipeg a Valparaíso o 3 de setembro de 1939 cós refuxiados españois, é produto do traballo despregado polo poeta chileno Pablo Neruda. Naqueles tempos cónsul especial para a inmigración española do seu país no fermoso París. Fiel reflexo do seu sentimento humanista e militante, e tamén da solidariedade do pobo chileno cás vítimas da barbarie fascista.
O destacado pintor José Balmes recorda: "Era de noite en Valparaíso cando chegamos. Toda a bahía estaba iluminada, case ninguén se moveu da cuberta ata o amencer. Había sol de primaveira ese día. En terra, rostros e mans entregábannos a súa amizade, a súa benvida. Logo de moito tempo sabiamos novamente o significado dún abrazo. O tren levounos pronto a Santiago, e ó paso lento por estacións, xentes que non coñeciamos entregábannos rosas e claveis. Ó amencer, miles de homes e mulleres esperábannos na estación Mapocho no medio dunha multitude de cantos e bandeiras. Era o comezo dun exilio distinto".
José Balmes tamén narra, pese ós seus entón 12 anos, como Pablo Neruda e Delia do Carril vestidos de branco e con chapeu, nese comezo de verán americano de 1939, recibían a avalancha de homes, mulleres e nenos. Relata que alí, xunto ó Winnipeg, que estaba pegado ó malecón, outorgáronselles a tódolos refuxiados, en nome de Chile, papeis con timbres e fotos que os convertían novamente en homes e mulleres libres.
Agrega que a viaxe foi case interminable, porque se trataba dun barco que fora cargueiro de peixe. Os seus camarotes eran literas de seis camas de madeira. Pero a esperanza de seguir con vida e gozar da liberdade mitigaba a dureza da viaxe, dende o embarque no porto francés de Trompeloup Pauillac e a partida o 4 de agosto de 1939, ata a chegada a Valparaíso o 3 de setembro de 1939.
Un tema recurrente son as razóns de Pablo Neruda, entón un novo poeta chileno, para preocuparse polos exiliados españois nunha loita plagada de dificultades e intereses negativos, ata lograr adquirir o barco e organizar a emigración. Unha única viaxe, por certo, para a esperanza, pois xa sería demasiado tarde para organizar outras.
Coñécese a parte negativa do ser humano, cás súas baixezas. Pero a historia do Winnipeg móstranos tamén a parte boa: o amor ós seus semellantes e a xenerosidade dún mozo chamado Pablo Neruda.
¡Como a conduta dún só home pode cambiar o destino de tantos!
Pablo Neruda fixo as xestións para o traslado dos refuxiados a Chile por encargo do seu presidente, Pedro Aguirre Cerda, e do partido da Fronte Popular.
No Winnipeg chegaron a Chile intelectuais, pintores, escritores, profesionais cualificados..., homes e mulleres de empuxe e de tesón que deixaron as súas pegadas nese país.
Juan José Casanova, outro dos refuxiados, recorda: "Os refuxiados do Winnipeg eran todos sembradores, dicía o meu pai, que era un pouco poeta, porque o home que pasa pola terra e non sementa pasou en balde".
Algúns quixeron render unha homenaxe ó presidente Pedro Aguirre Cerda. Para ilo copiaron unha pequena foto e pintaron un gran cadro que serviu de bandeira patria da nave, como pode apreciarse na fotografía ó marxe.
A inmensa maioría deles xa morreu. E de seguro que todos iles levaron ben presente ata a súa tumba este viaxe. Un viaxe que partíu do corazón dún poeta e que fíxose realidade grazas a xenerosidade de todo un pobo. Tamén é seguro que poden descansar en paz, pois deixaron en Chile os seus froitos.
Durante a viaxe só morreu unha persoa, pero tamén naceu unha nena que foi bautizada co nome de América Winnipeg. Precisamente, có nome da terra e do barco no que os dous mil cincocentos depositaron todas as súas esperanzas.
"La relación extraliteraria que mantuvo Neruda con España es poco conocida en nuestro país, pero marcó el destino de cerca de 2.500 exiliados españoles que, gracias a él, pudieron refugiarse en Chile y evitar los campos de concentración. El Winnipeg, el buque que fletó Neruda para llevarlos rumbo a su patria, resulta un episodio casi desconocido y sorprendentemente emotivo del final de la Guerra Civil Española".
Cheguei a Chile cunha gran inquedanza: rastrexar o paradeiro do pai da miña tia Maruxa. Era un dós cerca de dous mil cincocentos exiliados republicanos españois salvados por Neruda no Winnipeg. E eu só tiña unha vella carta de facía mais de trinta anos que limitábase a sinalar un nome, o de Dona Elena Valdés Segovia, e un enderezo, o de o "Cerro de las monjas" en Valparaiso.
Por suposto, eu non me desanimei, porque sentía que atopala historia de Aurelio era unha vella deuda.
De entre tódolos republicanos aresáns que nunha data como a de hoxe poderíamos recordar como humilde homenaxe a súa loita e sacrificio pola liberdade, eu lembro neste intre o nome do noso paisano Carlos Romero Rebón, morto o 9 de febreiro de 1942 en Gusen (Mauthausen), veciño de Cervás, porque é de xusticia que un pobo recorde ós seus millores fillos.