Asociación de Cus Inquietos


 BUSCADOR
Aqui estamos nos para que o corpo non se acostume ó sofa

Notificador de artigos.

Cada vez que escribamos un artigo o recibiredes por mail



O noso blog esta creado para poder suministrar a un grupo de amigos e todo aquel que desexe entrar, informacion das actividades ludico-festivas que andamos a argallar.

Calquera pode colaborar, e dar soporte para organizar toda clase de eventos e participar na publicacion dos mesmos para aqueles que non tiveron a oportunidade de asistir.

Para iso deixamosvos o seguinte e-mail:
cusinquietos@gmail.com



>> A. C. I. <<
cusinquietos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades de Fin de Semana da Xunta
Anuncio para quen se queira anotar nas actividades de Fin de Semana da Xunta:
Laura mais eu xa estamos anotados nalgunhas actividades. Quen se queira apuntar que chame XA, as prazas agótanse en nada!!

Por un lado "Xuventur" que consiste nunha fin de semana nunha casa rural (nos imos a Entrimo por 75€, tamén veñen Ivan e Ana de Cangas) do 30 de abril ao 2 de maio:
XUVENTUR - CASAS RURAIS E AVENTURA

Por outro lado están as actividades "dVeran". Nós anotámonos na actividade "Vento a Favor" do 31 de xullo ao 1 de agosto. Trátase de dous días nunha embarcación reformada, navegando arredor das Cíes, facendo buceo e durmindo no mar por 40€ (tamén veñen a irmá de Laura, Sandra; Irene e Alicia).
dVERAN
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hoxe á noite Termas de Outariz (Ourense)

Pois iso, xa que este finde non imos á neve pois hoxe á noite imos dar un paseo ata as termas de Ourense.

Alguén se apunta?

Polo momento imos fijo Laura, Patri, Rober máis eu (Breixo).

Saimos ás 10h da noite do Morrazo. É 1h20 de camiño. E nas pozas de auga quente... RELAX!!

Indicacións pa chegar (por se imos por separado):
Autopista ata Ourense, pouco antes de chegar coller a saída OU-402 a Cortegada (seguir dirección Ourense). Todo recto, ó mirar a ponte peatonal branca xa podedes aparcar. Alí é! ;)
NO GOOGLE MAPS

Recomendado levar albornoz para a saida das termas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Imos á neve!

Estes días nas comidas con Patri e Cris estivemos falando sobre ir á neve. Propoño un pequeno cambio:

¿Manzaneda ou Loitariegos?

É onde foi Laura en decembro, ten moitas máis pistas e é máis barato...
Manzaneda (maps):

3horas de distancia
Forfait 2 días = 36€
Alquiler skis = 28€/día
Durmida = 56€ dúas noites (iso mo dixéstedes vos).

Leitaregos (pasando Ponferrada, maps):

4h30 de distancia
Forfait 2 dias = 22,5€
Alquilers skis = 12,5€/dia
Durmida: teño visto algunha casa rural por 170€/7 persoas o fin de semana :) http://www.grichandana.com/tarifas.htm

qué opinades?
quén se apunta?
Saudos!
Breixo
Comentarios (44) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2010 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cea De Navidade
Boas Cus Inquietos...

Con esto de que o 2009 esta que se nos escapa pola porta (para ben ou para mal) e visto que pouco a pouco as nosas reunions van sendo mais... "complexas" de organizar.

Avisaremos con tempo, que logo todos temos as vacacions organizadas.

¿Habera que facer unha cena de aninovo ou que?.

Aceptanse propostas de lugares/dias...

O que si que seria bo e saber de que dia dispon cadaquen.
Borja


A cena realizarase o Sabado 26 en cela.
A maiores, faremos un amigo invisible para o cal cada un debe levar un regalo dun maximo de 3€.

Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2009 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Visita ó Pais Vasco

Hoxe coincidimos a comer en Vigo Patri, Cris, Nati, Laura máis eu (Breixo).

Na sobremesa falando con Patri xurdiu a idea de ir na ponte da constitución ó País Vasco.

Xa somos 3, a idea é ir nun coche (se somos máis pra encher dous coches sen fallo) e ir de venres tarde/noite a martes.

¿Alguén se apunta?

O único apuntarse con tempo polo roio de coller aloxamento...
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ONS
Onte falei con Cris e Rebe de ir a Ons este domingo.
Hai dúas opcións:

http://www.islasdeons.com/ (12€)
Saida de Bueu
10.30

Volta:
19.30

http://www.isladeons.net/ (12,5€)
Saida de Bueu
10h

Volta:
20h

¿Alguén máis se apunta?
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2009 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa en Cela fin do veran
Boas! pois iso festa este venres en cela!!!! yuhuuuuu Compraremos un pouco de churrasquiño no cantaclaro ou por ahi. Se fai bo tempo podemos ir aa lapaman se non podemos quedar directamente na casa de esther sobre as 9:30.
Festa!!!!

Bicos.

Cris
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-08-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Furancho
Boas! Quen se apunta a un furancho maña pola noite? para mais info esperade a nuria informe da localizacion.

Un bico.

Cris
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-08-2009 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Tarde de praia en Nerga!!
Ola rapaces!

Pois o dito por mensaxe e nos comentarios anteriores:

Mañá xoves podemos ir ata Nerga que é coma un sitio intermedio pra todos! O tempo será mais ou menos coma hoxe, non estivo nada mal por momentos (o final abriu hehe). E se non vai moi ben, pois coma dixo Breixo pódese quedar no chiringo :)

Eu dixen sobre as 4.30 porque pensaba que a maioría non traballaba, pero se queredes que sexa máis tarde non pasa nada.

Ata mañá! :)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Parapente!!!
PARAPENTE: SÁBADO 15 POLA TARDE


Ola rapaces!

Como xa vos dixera nun comentario anterior vou facer parapente! Estou animada, xa liei a unha canta xente e a ver se se apunta máis xente :)

Info xeral:

Lugar: O morrazo (en principio tiraste do monte e hai 3 sitios de aterraxe en Lapamán, Moaña e outro que non sei onde é)

Prezo: 50euros

Tempo: indefinido (dependendo do vento)

Material necesario: botas tipo trekking e un xersei, sudadeira, cazadora... por se acaso

Vaise sempre con instructor

E hai que avisar con 3-4 dias se se trata dun grupo grande :)

Bueno, pois eu deixo isto pra os intrépidos que se queiran apuntar, eu xa falei coa axencia e sería en principio pra semana que ven ou weno, tamén pode ser antes se hai alguén moi interesado :)

Ah! se a alguén lle apetece, pero dalle medo de primeiras que se anime anque sexa a ver como é a cousa e outro día probar

APUNTÁDEVOS!!!
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2009 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
hit counter
Aumentando día a día o número de Cus Inquietos...