ACHÉGATE O RÍO C.D.R. Portas Abertas


O meu perfil
rural@cdrportasabertas.org
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS


Despois de tres anos participando en limpezas de ríos a través do Programa de Voluntariado en ríos, esta vez sumámonos a iniciativa PROXECTO RÍOS da asociación ADEGA.
A través deste proxecto levarase a cabo unha limpeza de ríos simúltanea en toda Galicia para manter en bo estado de conservación os nosos ecosistemas fluviais.

ACHÉGATE E PARTICIPA: LIMPEZA DO RÍO TÁMEGA O DÍA 29 DE SETEMBRO ÁS 11:00H.
Para máis información e inscricións: 988417232 ou 988989508, rural@cdrportasabertas.org
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2013 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS OBSERVA Y DESCRIBE EL RÍO

ACHÉGATE Ó RIO
O pasado ano 2012 levamos a cabo o proxecto Achégate o río dentro do Programa de Voluntariado en Ríos. Nunha das actividades de análise da calidade do río propuxemos, a nenos e nenas dos colexios CRA Monterrei e C.E.I.P Castrelo do Val, realizar uns debuxos sobre os ríos para participar no concurso OBSEVA E DESCRIBE O RÍO de ADECAGUA dentro do seu proxecto Día Mundial del Control de la Calidad del Agua... A NOSA NORABOA OS/AS GAÑADORES/AS
1º Premio: Susana do CRA de Monterrei (Aula de Feces)
2º Premio: Antonio David C.E.I.P. Castrelo do Val
3º Premio: Marina do CRA de Monterrei (Aula de Vilaza)

Nos próximos días faremos entrega dos premios aos gañadores/as.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
O TRABALLO DO CRA MONTERREI
Tras levar a cabo a actividade Y ahora... nos acercamos al río coas cinco aulas que conforman o CRA Monterrei, este foi o resultado elaborado por eles mesmos.
Un bonito traballo que agradecemos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2012 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
O RÍO NON É UNHA PAPELEIRA!


O xornal A voz de Galicia fíxose eco da actividade "Limpa o teu río", na que grazas ós voluntarios/as quitamos os residuos presentes no río Támega ó seu paso por Pazos.
A coordinadora do Programa de Voluntariado en Ríos na que se enmarca esta actividade, Celia García Asenjo, foi a encargada de falar ca prensa e deixar ben claro que o pretendemos con esta actividade é demostrar que hai xente incívica que tira a basura o río.

De novo, moitas grazas ós/ás voluntarios/as.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2012 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPA O TEU RÍO!

PARTICIPA COMO VOLUNTARIO/A!

O vindeiro sábado 23 de xuño e o seguinte 30 de xuño levaranse a cabo limpezas do río Támega:
23 xuño ás 11:00h_dende Tintores a Castrelo.
30 de xuño ás 11:00h_dende Pazos dirección Queizás.
Estas limpezas consistirán na retirada de residuos existentes no río, na medida do posible, e nas súas beiras.

Infórmate e inscríbete no tlfn. 988417232.


RÍO TÁMEGA (TINTORES A CASTRELO DO VAL)



Xa levamos a cabo a limpeza do río Támega entre Tintores e Castrelo do Val.
Contamos con 11 voluntarios/as os que se sumou un veciño de Castrelo que trasportou o lixo no seu tractor ata os contenedores.
Limpamos tanto nas beiras como no curso do río. Atopamos sillas, rodas de coche e bicicleta, partes de electrodomésticos, caixas de cervexa, plásticos diversos e moitas botellas,... Aínda que nun primero momento parecia bastante limpo.
Moitas grazas a todos os que colaboraron e animamosvos a vir con nos a limpeza do vindeiro día 30 entre Pazos e Queizás.


RÍO TÁMEGA (PAZOS)



Gracias a todos os/as voluntarios/as por acompañarnos nesta xornada de limpeza na que quitamos dun pequeno tramo do río Támega en Pazos, moitos e variados residuos: rodas, escurre pratos, roupa, botellas de plástico e cristal, set de maquillaxe, etc.
Acompañounos tamén a coordinadora do Programa de Voluntariado en Ríos da Confederación Hidrográfica, Celia García Asenjo e Ignacio Franco do Instituto de Estudios del Medio.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA FORMATIVA EN TORNO Ó RÍO CORNEJA (ÁVILA)

O CDR Portas Abertas participou o pasado xoves 14 de xuño nunha acción formativa práctica dentro do Programa de Voluntariado en Ríos, celebrada en torno ó río Corneja preto de Villafranca de la Sierra (Ávila).
Esta xornada consistiu no muestreo de peixes e macroinvertebrados do río, así como sobre a construción de escalas de peixes. A través da pesca eléctrica (inofensiva) rastrearonse os peixes existentes no río Corneja: Escalo, troita, boga e vermejuelo... observáronse os macroinvertebrados: samesujas, cabaliños do demo, casullos.... e por último ensináronnos unha das oitos escalas construidas neste río para permitir o paso dos peixes cado existen presas ou azudes.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
PASEANDO POLA CIDADELLA
"Paseando pola Cidadella" é un itinerario autoguíado da zona da Cidadella froito da actividade "¿Me conoces?"
A través deste itinerario, en castelán (para poder chegar a máis xente), poderás coñecer máis sobre o patrimonio, a flora, a fauna... Deixámoscho, que o desfrutes!


PASEANDO POR LA CIDADELLA





Así mesmo, deseñáronse uns paneis informativos sobre a flora e a fauna que esperamos algún día os atopemos no percorrido da Cidadella.


PANEIS FLORA E FAUNA DA CIDADELLA


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2012 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
ENTRE RÍOS ANDA EL JUEGO

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, organizou a exposición ?Entre ríos anda el juego?, en homenaxe ós/ás voluntarios/as que veñen participando no Programa de Educación Ambiental e Voluntariado en Ríos deste Ministerio, co fin da conservación e o coidado dos nosos ríos.


Grazas a todos os/as voluntarios/as que colaboraron co CDR Portas Abertas no desenvolvemento dos seus proxectos de Voluntariado en ríos dende o ano 2009.


Información Exposición "Entre ríos anda el juego"

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2012 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
ACCIÓN DENDE CASA

Comeza a actividade "Acción dende casa" coa finalidade de fomentar o aforro de auga nos fogares para contribuir a defensa dos nosos ríos así como ensinar os mellores hábitos de consumo e tecnoloxías que podemos aplicar no fogar para un consumo responsable.

Coa colaboración de FEMURO concretáronse as asociación de mulleres rurais que participarán na actividad:
Martes 5 xuño- Asociación "A Esperanza" (A Salgueira)
Xoves 7 xuño- Asociación "San Salvador de Roza" (Medeiros)
Venres 8- Asociación "A Lama" (Queirugás)
Xoves 14- Asociación "O recuncho" (Tamaguelos)
Venres 15- Asociación "3 de maio" (Laza)
Martes 19- Asociación "O Toural" (Mandín)
Mércores 20- Asociación "Patio de Melo" (Ábedes) e Asociación "Fonte do Sapo" (A Rasela).

FAI CASO... COIDA A AUGA!



ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2012 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
DESCUBRIMOS A RIBEIRA
O pasado sábado 26 de maio, achegámonos ó río Pontón na Cidadella un grupo de nenos e nenas acompañados polos pais e/ou nais para coñecer a ribeira.

Aínda que o tempo púxoo difícil ó comezo, acabou saíndo o sol o que nos permitiu:
-Coñecernos cun divertido xogo de presentación co paracaídas.
- Xogar por equipos a descubrir as especies vexetais que se atopan á beira do río.
- Confraternizar no xantar e compartir mesa e mantel no monte.
- Na sobremesa xogar ó bingo das especies para recoñecer non só árbores e plantas senón tamén animais.
- Recrear xogando o río a través do paracaídas eliminar especies invasoras e coñecer os seus efectos negativos para o río...

Rematamos a xornada coa baixada a cascada, cunha caída de auga de mais de 15 m., desfrutando da paisaxe.

Foi unha xornada medioambiental, interxeracional, familiar, intercultural e de solidariedade cos nosos ríos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2012 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0