Hoxe publicaban o primeiro listado de premios (cds e camisetas pra montaxes con música deo grupo, en youtube).. ¡¡non tiven sorte!! :(, pero polo que comentan haberá mais sorteos.. así que é todo cuestión de seguir tentándoo :). O caso é que botando unha ollada aos videos participantes ¡¡máis de 70 agora mesmo! descubrín que xa se pode escoitar o seu ultimo disco enteiro, saltando de video en video... así que si alguén aínda non tivo oportunidade... xa sabe. E quen xa a tivera, que o disfrute novamente:
Pois isa é a pregunta. Cando un blog deixa de actualizarse, ou se escrebe nel cada MOITO tempo, como é o caso deste. ¿Debería pecharse? A min dame mágoa.. pq sempre penso 'se cadra mais adiante, con mais tempo..', pero pasan os días e non conto nada por aquí. En realidade xa o dixen cando comecei con isto.. non teño constancia pra levar un blog! :|
O Courel está xa na Rede Natura e agora o Novo Goberno ven de lanzar una
tímida sondaxe na Voz de Galicia, edición de Lemos, “para tomar o
pulso”á opinión sobre a declaración de Parque Natural.
Estamos seguros de que un pequeno anaco do Courel será Parque Natural,
porén dende SOS Courel estamos en contra de calquera “paripé en
miniatura” cremos que se debe declarar integramente as cuncas do Lor,
do Selmo, do Soldón e do Ferreiriño como mínimo.
A xente do Courel está a favor do PN, pero estase a boicotear tal
declaración por outros intereses que todos coñecedes:
- No Courel non hai médico a partir das dez da noite, dende o 2002.
- No Courel non hai transporte público dende o 2004, cunha poboación
totalmente envellecida.
- No Courel non hai nin un só veciño ou veciña que traballe en Medio
Ambiente.
- @s trece integrantes das brigadas do lume, traballan fora do noso
Concello, non hai ningunha brigada no Courel.
- O Lixo municipal segue tirado polo monte.
- A Estación Biolóxica, non se fai, despois de os veciños da vila de
Seoane, comprar un solar por 12.000 euros fai 7 anos.
- A Ferrería permanece pechada dende a súa restauración con fondos
públicos, fai arredor de 8 anos.
- O albergue que se rematou no verán do 2006, construído con fondos
públicos, aínda non se abriu, por, ao parecer, problemas na relación
camas/ metros cadrados.
- No 2003, os veciños pediron o asfaltado da pista forestal que dá aceso
directo a Monforte, acurtándose a distancia ao Hospital Comarcal nunha
media de 25 quilómetros, en troques a Xunta ven de aprobar a unha super
estrada por Quiroga, xustificándoa polo transporte da lousa. Mentres o
acceso a A6, segue atascado no quilómetro 3, despois de 3 anos.
- Mentres @s pouc@s veciñ@s que quedan a maioría xubilad@s se afanan por
coidar o souto, o mellor da Provincia; a Xunta segue a arar os montes
con “buldozers” e a plantar piñeiros.
- Cando xa se ten dabondo comprobado, que as canteiras non serven para
fixar a poboación, temos a menor densidade de poboación de Galiza; xa
están en marcha 4 novos proxectos para outras tantas canteiras de lousa.
- ..............................................
Esta mensaxe pódeslla pasar aos/as teus/túas amig@s.
O hotel Louxo comprométese a ofrecer os seus servizos en galego
[23/01/2007 19:02] O dito de que de sabios é rectificar vaille moi acaído ao hotel Louxo da Illa da Toxa. A empresa comprometeuse coa Mesa pola Normalización Lingüística a iniciar un proceso de galeguización dos seus servizos. A primeira mostra pódese ver dende este martes. A páxina electrónica do hotel xa dispón dunha versión la lingua do país. A empresa adoptou a decisión despois de que trascendese que lle tiña prohibido por escrito aos empregados o uso do galego.
O director do centro hostaleiro, Manuel Amoedo, entrevistouse en Santiago este martes co presidente da Mesa, Carlos Callón. Amedo explicoulle que toda a polémica se debe a un "erro" e a unha "redacción desafortunada" do manual de atención ao cliente. O hotel que agora se denomina Louxo-La Toja pasará en breve a ser Louxo-A Toxa. Tamén introducirá a nosa lingua na sinalización e nas facturas. Callón considera estes feitos uns "xestos de boa vontade".
ONDE só queda alguén pra aguantar dos nomes poño eu a ampla fronda a redroma dun castiñeiro e sentada á súa sombra xunta a longa estirpe do último labrego. Non coma as estirpes dos reis ciscadas en múltiples pazos e alcázares en países diversos senón as estirpes campesiñas xeraciós e xeraciós xuntas á porta das casas pechadas na escaleira de pedra ou nas raigañas fóra dunha árbore coma esta. (...) Uxío Novoneyra