<language>ga</language> 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
   <description><![CDATA[O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e con este motivo fago esta entrada para que vexades o que facemos e o que valemos as mulleres, aínda que haxa quén non o recoñeza e as veces até nos mesmas:
A Muller debe ser completamente lavable pero non ser de plástico, ter mais de 200 pezas movibles, todas cambiables, e ser capaz de funcionar cunha dieta de calquera cousa e sobras, ter un regazo que poida acomodar 4 nenos ó mesmo tempo, ter un bico que poida curar dende un xeonllo raspado até un corazón roto, e fará todo con dúas mans soamente.
Cúrase soa cando está enferma e pode traballar días de 18 horas.
Non só é capaz de pensar senón tamén de razoar e negociar.
As lágrimas son a súa maneira de expresar a súa dicha, a súa pena, o seu desengano, o seu amor, a súa soidade, o seu sufrimento e o seu orgullo.
A muller ten forzas que marabillan ós homes.
Aguantan dificultades, levan grandes cargas, pero teñen felicidade, amor e dicha. 
Sorrín cando queren berrar, cantan cando queren chorar, choran cando están felices e rin cando están nerviosas.
Loitan polo que creen, enfróntanse á inxustiza, non aceptan “non” por resposta, cando creen que hai unha solución mellor.
Prívanse para que a súa familia poida ter.
Aman incondicionalmente.
Choran cando os seus fillos triunfan.
Alégranse cando as súas amizades conseguen premios.
Son felices cando escoitan sobre algún nacemento ou unha voda.
O seu corazón rómpese cando morre unha amiga.
Sofren ca perda dun ser querido, sen embargo son fortes cando pensan que xa non hai mais forza.
Saben que un bico e unha aperta poden axudar a curar un corazón roto.
Sen embargo hai un defecto na muller: QUE SE LLE ESQUECE CÁNTO VALE!!!!!!!!
CURSOS PREVISTOS PARA OS SEGUINTES MESES
   <description><![CDATA[Durante os meses de marzo, abril e maio, levaranse a cabo os seguintes cursos:
CURSO DE BOLILLOS: En marzo e abril, os luns de 17:00 a 19:00 h.
CURSO DE RESTAURACIÓN E PINTURA: En abril e maio, os venres, de 18:30 a 20:30.
CURSO DE XIMNASIA: Xa se ven desenrolando dende outubro e remata o sábado 27 de marzo.
MARZO AIROSO
   <description><![CDATA[Pois ó mes de marzo tocóulle o aire ou o vento, de aí o refrán: "Marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio, florido e fermoso".
E ademais xuntei estes outros relacionados con este fenómeno atmosférico, do que tivemos constancia hai poucos días, a chamada "Cicloxénese explosiva":
Luna que sale colorada, próxima ventada.
De los santos hasta adviento, mucha lluvia y poco viento.
De Todos los Santos hasta Adviento, ni demasiada lluvia ni demasiado viento
Vento solan, auga na man.
Norte escuro, vendaval seguro.
Nordés polo serán, vento do sur pola mañán.
Ceo escamado, vendaval ó rabo
El viento junta la parva y el viento la desparrama.
El viento y el pez saltan casi a la vez.
Viento que sopla de tierra, en el mar da poca guerra.
Guárdate de la lluvia y el viento y del fraile fuera de su convento.
Tanto viento como haga, tanta agua.
Un viento conoce a otro.
Aire cierzo cuando llueve, llueve de cierto.
Aire colado a muchos ha matado.
Aire de Levante agua delante.
Aire de Tramontana agua mana.
Hasta que sople buen viento no hagáis mudamiento.
Cando chove e fai vento, pecha a porta e métete dentro.
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
Auga miúda, vendaval que dura.
En marzo marzadas, aire frío e granizadas
Días de choiva e vento non saías a cazar que perderalo tempo.
ASAMBLEA  XERAL ORDINARIA
EXPOSICIÓN DE FOTOS DA RODAXE DA PELÍCULA "LOS GIRASOLES CIEGOS"
ENTROIDO EN MONTEDERRAMO
   <description><![CDATA[O SÁBADO, DÍA 13, ÁS 21:00, TEMOS FESTA DE ENTROIDO NO BAR-RESTAURANTE "REFUGIO".
CEA E BAILE AMENIZADO POLO MÚSICO, JOSÉ DE SOBRADO (TRIVES).
PREZO: 12€.
HAI QUE APUNTARSE E PAGAR NO REFUGIO ANTES DO DÍA 11. 
ANÍMATE E ACUDE DISFRAZADO. 
ÍMOLO PASAR, COMO SEMPRE, DE MARAVILLA.
FEBREIRO FOLERPEIRO
   <description><![CDATA[Neste mes imos poñer os refráns da neve por eso o de "Febreiro folerpeiro".
Dura a mala veciña o que a neve febreiriña.
Neve febreiriña tarde ven logo camiña.
Neve febreiriña comea a galiña.
Día de San Nicolao está a neve de pao en pao e, se non, no chao.
Tódolos tempos, tempiños son, pero a neve é gran prisión.
Por San Severo, neve no Bocelo; por San Román neve no chan.
Año de nieves, año de bienes, en tu casa si los tienes.
Año de nieves, año de bienes, pero no vayan a ser tantas las nieves que estropeen los bienes.
Ano de nevadas, ano de fornadas.
Año de nieves, año de mieses.
A neve enriba da lama, ven a chuvia e faille a cama.
Se a neve cae na lama, por auga chama.
Día de tódolos Santos, neve nos campos.
Día de Sta Catalina, neve na cortiña.
Por los Santos, la nieve en los altos y frío en los campos.
E xa que hoxe é o día de S. Brais, aí vai este:
Por S. Blas, la cigüeña verás, y si no la vieres, año de nieves.
ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS DO CONCURSO "ADIVIÑA CALDEL@S"
   <description><![CDATA[O xoves 28 de xaneiro terá lugar no Centro Comarcal ás 18:00 horas, a entrega de diplomas e premios ós participantes do concurso "Adiviña Caldel@s", levado a cabo por Déborah, a dinamizadora da comarca, coa colaboración de Dori e Amelia, xestoras do Centro Comarcal, e no que participaron 37 persoas das diferentes asociacións da comarca, resultando como gañadoras, de entre todas elas, as concursantes da nosa Asociación "A Caracocha", ás que xa se lle entregou ademais o seu premio particular. Pero agora, como esta iniciativa da nosa Déborah, volveu a resultar gañadora de entre tód@los/as demais dos/as distintos/as dinamizadores/as, ó igual que o ano pasado a iniciativa de "Recordos", levada a cabo ca Asociación de Xubilados de Castro Caldelas, por eso temos este acto no que cada un/unha levará o seu diploma, e como non hai premios para todos, farase un sorteo diante dos asistentes.
Ogallá Déborah siga gañando moitos mais premios porque así, de paso, tamén os gañamos os demais. É unha sorte ter unha persoa tan eficiente entre nos.
Así que xa sabedes, os que participastes, vémonos ese día.]]></description>
EXPOSICIÓN DE FOTOS DA FESTA DOS FACHÓS
Durante o inverno do 2007 tivo lugar no Centro Comarcal TERRA de CALDELAS un curso de Fotografía Dixital organizado pola Fundación Comarcal  ó que asistiron veciños da Comarca.
O 19 de Xaneiro, durante a celebración da Festa dos FACHÓS, os alumnos e profesores do curso realizaron un bo número de fotografías seleccionadas agora nunha exposición que serve, ante todo, para agradecer o entusiasmo demostrado durante o curso de todos os participantes, e ó mesmo tempo, para dar a coñecer a propia festa dos FACHÓS a aqueles que só veñen durante o mes de Agosto por estas terras Caldelás.
Así é a festa do “lume” en honor o San Sebastián. 
FACHÓS: 19 de Xaneiro
¡¡ Estades todos invitados !!
XANEIRO XIADEIRO
   <description><![CDATA[Este ano imos adicar os refráns ó tempo; cada mes vai ir referido ás diferentes condicións meteorolóxicas. Ó mes de xaneiro tocalle a "xiada", tal como vedes no título do artigo, pois a maioría dos refráns referidos á xiada son de xaneiro, xa que é cando mais xía. Así que xa sabedes, se este mes aportades algún refrán nos comentarios desta entrada, ten que referirse á xiada. Aí van os que teño de momento: 
O mes de xaneiro é o xiadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor. 
Xaneiro, xiadeiro; febreiro fervedeiro; marzo pelarzo; abril co día no cubil.
Xaneiro, xiadeiro, febreiro, grileiro. 
Xaneiro, xiadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro. 
Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado. 
Se o Nadal vén mollado, o xaneiro vén xeado.
En enero, se hiela el agua en el puchero y la vieja en el lecho.
Enero helado y febrero aguado
A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro.
Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano fermoso
Tantos días de xeada en Nadal como días de sol en San Xoán.
Se xea o día de Candelas sesenta noites detrás dela.
Febreiro, xeada na leira e cachopo na laleira
Las nieblas de marzo, serán heladas en mayo.
Ano de xeadas, ano de anadas.
En xaneiro xéase a auga no pucheiro.
Se xia ben por xaneiro, moito chove por febreiro.
Xeada de abril, rara pero baril.
Dice la oveja en febrero: “hiele, hiele hasta que el rabo se me pele”,  y responde el buey: “lluvia, lluvia, lluvia, hasta que el cuerno se me pudra.
Heladas en marzo favorecen los sembrados.
En abril la helada sigue a la granizada.
Heladas de enero nieves de febrero neblinas de marzo lluvias de abril aires de mayo sacan florido al año. 
Decembro mollado, xaneiro xeado.
Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba
Chove, chove, na casa do pobre; xía, xía na casa García; sarabea na casa de Brea; neva na casa Varela.
Cando xía na Lama, chuvia na cama.
Antes le falta el padre al hijo que la helada al granizo.	
En diciembre, se hielan las cañas y se asan las castañas.
Por todos los Santos (1 de noviembre), hielo en lo alto; por San Andrés (30 de noviembre), hielo en los pies
Tantas heladas habrá en mayo como nieblas hubo en marzo
Los hielos por la Encarnación (25 de marzo) los últimos son, si no sale marzo respondón.
Hasta San Urbano (25 de mayo), no está libre de hielos el hortelano.
Por San Vicente (22 de enero), helada o corriente.