Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EXCURSIÓN Ó INVERNADEIRO

O sábado día 24 de setembro imos facer unha viaxe ó Parque Natural do Invernadeiro, cerca de Verín, no concello de Vilariño de Conso. Hai de plazo para apuntarse ata o domingo 18, pero son plazas limitadas porque non poden subir os autobuses grandes, así que se estás interesada, apúntate canto antes mandando un mail ó da asociación. En principio vai ser só para as socias, e no caso de non completarse o autobús cas socias, poderá ir xente de fora da asociación, que si sabes de alguén interesado falas ca presidenta para que lle reserve logo a plaza, no caso de sobrar algunha. O autobús será pagado pola asociación para as socias, e a comida, como hai que levala, xa se encargan de preparala 3 mulleres da asociación e logo xa se lle paga ese mesmo día a escote, según o que gasten e as que vaiamos. Xa llo comunicades tamén ás socias da vosa familia e ás veciñas da asociación. Hai que levar roupa e calzado cómodo para logo, as que queiran e poidan, facer algunha ruta por alí desde a aula onde nos deixa o autobús e onde podemos comer se chove, e senón de campo.
Saimos de Montederramo ás 8:00 e podemos estar no parque ata as 19 horas.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Asociación - Publicado o 06-09-2011 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN "LAS CIUDADES SUTILES"

O título ?Las Ciudades Sutiles? -extraído da novela de Italo Calvino ?Las Ciudades Invisibles?- é o elixido pola creadora Belén Suárez Leal, de Tioira (Ourense) para englobar una serie de pezas de marcado contido poético.

A levedade de formas e materiais convirte espacios arquitectónicos en espacios oníricos. É a fortaleza da fraxilidade que se concreta nun ventre materno, nunha crísalida, na brevedade pesada do caracol.

Arte-artesanía polo xeito de facer, reivindicación do traballo manual, recreación no proceso? delicadeza, exaltación do contacto co material: privilexios do papel, do fío, das plumas, da lá. É a seguridade dos espacios fráxiles. A grandeza dos vulnerables.

Quen queira achegarse ó Centro Comarcal de Castro Caldelas, poderá compartir o intimismo. Dende o 26 de agosto ata o 30 de setembro.
O centro estará pechado o día 8 por ser festivo local, as tardes dos sábados 10 e 17 e os domingos 11 e 18.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 04-09-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
SETEMBRO VENDIMA AS UVAS

Como neste mes é cando se fai a vendima e o viño, vou poñer algúns dos refráns relacionados, pois son moitos os que hai:
Agosto madura e setembro vendima as uvas.
En setembro e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo.
En septiembre el vendimiador corta los racimos de 2 en 2.
En setembro colle o viño e non durmas no camiño
En setembro vendima correndo
O que queira boa vendima facer que se poña en setembro a recoller.
Ós comenzos de setembro aparella as cubas pra vindimar as uvas
A auga fai mal e o viño fai cantar.
A carne pon carne, o pan panza e o viño guía a danza
A mala cama, colchón de viño.
Aceite, viño e amigo mellor canto mais antigo.
Algo lle falta ó viño se non ten agulla de caíño.
Antes que pan viño, antes que viño touciño, antes que touciño viño.
Bota sen viño, ola sen touciño.
Cada bota cheira ó viño que ten.
Collerás viño ou mosto se vendimas enxoito.
Come leite e bebe viño e de vello serás mociño.
De mozo bebe viño e de vello serás bo mociño.
Derramarse o viño é boa sinal pero non o sal.
Despois de morta nen viño nen horta.
Despois de uvas e mel sabe mal o viño pero fai ben.
Emprega o viño o que lle has de dar ós sobriños.
Labrador larchán nin colle viño nin colle pan.
Nin pote ó lume sen touciño nin xantar na mesa sen viño.
Non hai ruín viño con castañas salgadas e sardiñas asadas.
O leite e o viño fan ó vello mociño.
O viño das cepas vellas quenta as orellas.
O viño que é chispeiro non precisa pregoeiro.
O viño tinto quere estar apretado e o blanco folgado.
Os mariscos queren viño que para auga xa veñen dela.
Poda curto e ara fondo e terás viño dabondo.
Sopa de viño non emborracha pero alegra á rapaza.
Taberna onde hai bo viño, non necesita bandeira.
Uva ollada para o viño non vale nada
Viño acedo, touciño vello, e pan de centeo, sosteñen a casa en peso.
Viño de peras non o bebas, nin o deas a aquel que queiras.
Viño que salte, queixo que chore e pan que cante.
Galego fino con todo bebe viño.
Gasta en festas e viño o que has de deixar ós sobriños.
Con pan e viño xa se anda o camiño.
Queixo cego, pan con ollos e viño que salte ós ollos.
Ninguén que beba viño chame borracho ó veciño.
Mentras auga leve o Miño, no Ribeiro non falta o viño.
Comentarios (0) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 04-09-2011 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0