Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTIVIDADES OUTUBRO E NOVEMBRO

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, concedeunos, como o ano pasado, a través do programa OUTONO NAS TERMAS, unha subvención dun 50% para unha estancia de dous días nun balneario, que nesta ocasión vai a ser no
HOTEL BALNEARIO HESPERIA ISLA DE LA TOJA****
O prezo son 28 ? por persoa e inclúe unha noite de aloxamento en habitacións dobres, en réxime de media pensión (cea do día de entrada e almorzo do día de saída), unha sesión de balneario: baño hidromasaxe (día de entrada pola tarde); e unha sesión de balneario: acceso ó club termal (día de saída pola mañá).
O pago efectuarase antes de abandonar o balneario. Non se inclúen os gastos de desprazamento, que como este ano non se fixo outra excursión, correrán a cargo da asociación.
Os días da estancia van a ser o domingo 7 e o luns 8 de novembro, porque só pode ser de domingo a xoves e só en novembro como o ano pasado.
A hora de chegada ó balneario será entre as 16:00 e as 17:00 do domingo día 7, e a hora de saída ás 12:00 do luns día 8. Así que, como o ano pasado, faremos algunha visita de camiño, á ida e á volta. Haberá que pagar a comida de mediodía do 1º e do 2º día.

O mércores día 27 de outubro de 19:30 a 21:30 haberá un obradoiro formativo no local da Asociación dirixido a dar a coñecer hábitos de vida saudable, autocoidado, importancia da auga no noso benestar, saúde etc; sendo requisito imprescindible ter asistido ó obradoiro para poder realizar a estancia no balneario.

Ademais tamén o día 19 de outubro temos en SANTIAGO no HIPERCOR, OS MARTES XACOBEOS, que este ano coincidindo co Xacobeo levan este nome, senón chámanlle OS MARTES CULTURAIS, sempre en martes, como o nome indica.
Ás de Xunqueira, Castro Caldelas e Montederramo tócanos ese día. Haberá charlas sobre a saúde, enfermidades etc, comida e visita ó Museo Pedagóxico; todo pagado por FEGAMUR (Federación Galega de Mulleres Rurais).
Algunhas xa fomos nunha ocasión e até nos deron un regalo os do Hipercor, a ver se o volven facer este ano; e como ese día visitamos o Parlamento agora toca o Museo Pedagóxico.
Hai que apuntarse para todo xunto de Amelia e o prazo remata o DÍA 12 DE OUTUBRO, e se te apuntas, despois, uns días antes das viaxes, xa preguntas, para saber a hora de saída e o qué se necesita levar.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Asociación - Publicado o 24-09-2010 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MARISA
Luisa Vázquez (Marisa) é natural de Castro Caldelas onde estudou a E.X.B. , marchou despois a Vigo a facer Bacharelato e posteriormente a Santiago, onde comezou os estudios de Historia da Arte.

Actualmente reside en Vigo aínda que mantén unha relación moi directa co Castro visitando regularmente a zona e ós amigos da infancia.

As súas inquietudes artísticas véñenlle de moi nova, probando en diversas disciplinas ata que dende fai uns anos se inclinou pola pintura.

O seu estilo pictórico é ecléctico, aínda que as influencias máis acusadas recíbeas de pintores de finais do XIX e do XX (postimpresionistas, expresionistas como Egon Schiele, modernistas como Gustav Klimt, sen deixar de lado outros autores do movemento moderno como Paul Klee e o seu estudio da cor).

Non obstante, nesta exposición a selección de obras presenta unha variedade estilística moi ampla con traballos que van dende o estudio da forma humana, das emocións ata o tratamento moderno da forma e da cor.

A EXPOSICIÓN PÓDESE VISITAR NO CENTRO COMARCAL TERRA DE CALDELAS ATÉ O 10 DE OUTUBRO.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 04-09-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
SETEMBRO ASOLANADO
Día de sol e choiva en Montederramo co Arco Iris
Ó mes de setembro non sabía moi ben que fenómeno atmosférico dedicarlle, así que decidinme polo sol e a auga xuntos, que cando sucede esto ó mesmo tempo, fórmase normalmente o Arco Iris:
Arco da vella ó poniente, ceiba os bois e vente.
Tarde de arcos, mañana de charcos.
Un arco iris por la mañana es la alarma del pastor, por la noche es el regocijo del pastor.
Arco da vella, auga na terra.
Arco iris o pronto llueve o aclarará en breve
Cando chove e fai sol anda o demo no Ferrol con agullas e alfileres pinchándolle o cú ás mulleres.
Agua y sol seguro el pulgón.
Agua y sol tiempo de caracol.
Cando chove e fai sol anda o demo metido no fol.
Cando chove e fai sol, alegre está o pastor.
Cando chove e fai sol, colle o caracol.
Cuando llueve con sol muere un diablo y nacen dos.
Cuando llueve y hace sol deja el perro a su pastor.
Sol y agua tiempo de cuajada.
Sol y lluvia, año de hartura.
Agua y sol para las huertas es lagarta y para las viñas pulgón.
Agua y sol tiempo de requesón, sol y agua tiempo de cuajada.

Comentarios (2) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 03-09-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS DE TOÑO MONTEIRO
Milexia, deusa dos Tiburos
O Centro Comarcal Terra de Caldelas acolle durante o mes de setembro a exposición de esculturas de Toño Monteiro.
A inauguración da exposición será o día 1 ás 19:00 h. Estades todos invitados, haberá un viño e uns pinchos.


Toño Monteiro é un escultor autodidacta, e como di Maíta Rodríguez, profesora de arte no IES Chamoso Lamas do Carballiño, ?logra construír unha obra orixinal, plena de forza, beleza e ás veces grandiosidade, facendo un crisol dos movementos ou tendencias plásticas máis importantes do mundo contemporáneo das que ningún artista logra escapar?.

A súa escultura é unha mestura do cubismo coa linguaxe expresionista e con certas pinceladas oníricas do surrealismo. Maíta Rodríguez continúa describindo así a súa obra: ?podendo sorprender ecos de Archipenko no ensamblamento de xeometrías arbitrarias, a continuidade espacial de Boccioni, as formas pulidas, puras e traballadas de Brancusi, as deformacións nas xesticulacións xeometrizadas de Zadkine, a monumentalidade arquitectónica e a unión elocuente de ocos e baleiros de Moore e a configuración simplificada do propio Gargallo que xoga co espazo, a masa e as arestas fornecéndoas dunha forza inusual?


Serán as verbas do propio artista as que mellor definan o por qué desta exposición: ?Máis alá de onde se perden os tempos, entre frondosas fragas, fermosos vales e impresionantes montañas viviron as tribos dos Coelernos, Cilenos, Caporos, Arronios, Nerios, Guigurros, Aidones, Tiburos e outras tantas espalladas polas numerosas lombeiras da nosa xeografía. Segundo Ptolomeo, Estrabón, Plinio, Trileuco e mesmo Avieno, estes historiadores, mercaderes e cartógrafos así nomeaban a estas tribos; e nos seus textos dicían que eran os habitantes de chozas, castros ou citanias do noroeste peninsular. Transformando estas antergas tribos en Druídas, Fadas ,Trasnos, Musas, Deuses, entre outros seres da nosa cultura mitolóxica, compuxen TERRAS DE OESTRIMNIA. E así poder mergullarvos neste mundo máxico e onírico onde estas ancestrais tribos conviviron no pasado, poñéndolle un pouquiño de imaxinación para poder transportalas ao noso mundo moderno?

A súa exposición, ?Terras de Oestrimnia? que presenta durante este mes de setembro no centro comarcal de Terra de Caldelas, desvela unha faceta ata agora descoñecida do artista; a paisón pola investigación histórica dos máis remotos habitantes destas terras. Deste afán, e tras o falecemento de Xaime Quesada, quen gostaba de contar lendas e historias dos Oestrimnios e outras tribus antigas, Toño Monteiro decide recuperar o entusiasmo do seu mestre , investigar con máis profundidade e facer unha obra con esta base. Nada mellor cunha pequena entrevista para definir a súa concepción desta mostra.

Nesta mostra o escultor desvela unha faceta descoñecida do artista ourensán: a paisón pola investigación histórica dos máis remotos habitantes destas terras. Dese afán xurdiu unha colección de esculturas que, dende o pasado mes de xuño e ata decembro do 2010 irá percorrendo todas as bisbarras de Galicia.


Para acadar máis información poden porse en contacto co persoal do centro no 988 204 630 ou por mail a cctcaldelas@comarcasdegalicia.com

Esta exposición poderase visitar no Centro Comarcal de Terra de Caldelas, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, de luns a venres; e de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, os fins de semán.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 01-09-2010 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0