Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
XVI EDICIÓN DA FEIRA DA CARNE.MONTEDERRAMO 2009
A Feira-festa da carne de Montederramo foi creada en 1993 e celébrase anualmente o 12 de outubro para coincidir ca Feira dos bois que se realizaba antigamente.
Este ano, a maiores, a Xuventude de Montederramo,organiza un día de Festa previo á celebración da Feira, é dicir, o día antes, 11 de Outubro están previstas as seguintes actividades:
-De 19:30 a 23:00h: FESTA CON TRÍO MUSICAL.
-A Partir das 00:00h: Gran Discoteca Móvil.
-Torneo de Toro Mecánico: "Premio do que domine ó xato". Haberá tres premios de entradas para a Feira da Carne:
1º Premio: 6 entradas
2º Premio: 4 entradas
3º Premio: 2 entradas.
O obxectivo da celebración desta Feira, é servir de escaparate e de promoción para a actividade gandeira que se da na zona, orientada de maneira preferente á producción de carne de primeira calidade. Non en vano unha alta porcentaxe da actividade desenrolada na comarca está vinculada á gandeiría.
A comida da Feira_festa da carne de Montederramo conta cun menú composto por productos da comarca: carne de terneira ó caldeiro, richada e en empanada, viños da Ribeira Sacra, licor café e bica mantecada.
O que queira boa vendima facer que se poña en setembro a recoller.
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
En setembro arden os montes e secan as fontes.
En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
En setembro come e vende, pero non sexa tanto o comer que non deixes de vender.
En setembro e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo.
En setembre non hai vella que non temble.
En setembro os melóns atópanse polos rincóns.
En setembro vendima correndo.
No agosto a fariña e no setembro, a fouciña.
No setembre, colleita e non sembres.
No setembre come e vende, mais non sea tanto o vender que non deixes qué comer
Ós comenzos de setembro aparella as cubas pra vindimar as uvas.
Jorge Cacharrón , é un artista autodidacta, meticuloso, perfeccionista e namorado da súa terra e das súas xentes, que reflicte no seu traballo: ?Paisaxes?.
Debido, tal vez, a este permanente contacto co contorno e as súas xentes, retoma a súa maior e vella afección da fotografía. Coma se dun novo reto profesional se tratase, entrégase ao difícil arte de capturar imaxes e logo plasmalas para que os demais e un mesmo as gocen.
?Paisaxes? é o froito de horas e horas de traballo e de miles de imaxes tomadas, de momentos e veladas interminables buscando o encadramento, o motivo, a oportunidade, en definitiva: a foto. Esta é xa unha segunda selección dunha saga que seguirá completándose con outras, xa en proceso de creación, que reflicten a realidade e a contorna da súa terra, a nosa terra e as súas xentes, as nosas xentes.
Paisaxes é o reflexo dunha observación da natureza no momento oportuno de esplendor, buscando os mellores efectos naturais que cada estación outorga ás imaxes, captándoas coa súa máquina e volcándoas no seu estudio para o seu remate.
Os que se queiran achegar a este Centro Comarcal de Castro Caldelas, poden estar seguros de que se emocionarán pola forza das imaxes, ás veces pola grandiosidade da súa sinxeleza e outras, as máis, polo inmenso cariño que o autor puxo nelas.