Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Luisa Vázquez (Marisa) é natural de Castro Caldelas onde estudiou a E.X.B. Marchou despois a Vigo a facer Bacharelato e posteriormente a Santiago, onde comezou os estudios de Historia da Arte.
As súas inquietudes artísticas véñenlle de moi nova, probando en diversas disciplinas ata que dende fai uns anos se inclinou pola pintura.
O seu estilo pictórico é ecléctico, aínda que as influencias máis acusadas recibeas de pintores de finales do XIX e do XX (postimpresionistas, expresionistas como Egon Schiele, modernistas como Gustav Klimt, sen deixar de lado outros autores do movemento moderno como Paul Klee e o seu estudio da cor).
Non obstante, nesta primeira exposición a selección de obras presenta unha variedade estilística moi amplia con traballos que van dende o estudio da forma humana, das emocións ata o tratamento moderno da forma e da cor.
Xa chegou o agosto e, xa nos enfriou o rostro todo o mes de xullo, e en agosto aínda será peor, imos ter que levar unha manta para as festas de Montederramo que son o 14, 15 (A Asunción) e 16 (S. Roque), e xa que son as festas do noso pobo, as fotos están relacionadas con elas. E como tódolos meses aí van os correspondientes refráns:
1-Agosto ardenteiro herba no palleiro.
2-Agosto e vendima non son cada día.
3-Agosto todo lo seca menos el mosto.
4-En agosto secan os montes e en setembro as fontes.
5-En agosto anque sexa pouco quen non goza del é louco.
6-O que queira bo entrecosto que cebe no agosto.
7-A auga de agosto da azafrán, mel e mosto.
8-En agosto sol posto noite connosco.
9-En agosto, viño mosto.
10-En agosto nin viño, nin muller nin mosto.
11-En agosto o porco por o entrecosto.
12-Auga pola virxe de agosto, ano de mosto.
13-En agosto ás 19:00 sombra no rostro.
14-As castañas queren no agosto arder e no setembro beber.
15-A chuvia no agosto non trae bo mosto, nin bo magosto, nin bo entrecosto.
16-No agosto xa enfría o rostro
17-O que en agosto non da cebada, en S. Xoan non da xornada.
18-Pájaros en agosto, gordos como tordos.
19-Sete agostos, sete rostros.
20-Vale mais nubrado de agosto que sol de setembro.
21-Por santa Mariña, xa como a galiña; por agosto, xa son bo raposo.
22-O que queira bo inverno pasar que non deixe en agosto de mallar.
23-Auga en agosto nin bo nabo nin bo magosto.
24-Agosto fáiselle maio a quen non ten pan sementado.
25-Agosto mollado, nin sebo nin nabo nin pan para o ano.
26-Agosto nos farta e agosto nos mata.
27-Agosto pasou e o que mallou, mallou.
28-Agosto madura e setembro vendima as uvas.
Emilio Araúxo, preparou unha exposición do seu amigo xa falecido, o escritor galego Uxío Novoneyra, ó que se lle dedica o día das Letras Galegas do próximo ano. A exposición componse de fotografías feitas por Emilio a Uxío e ó Courel, o seu lugar de nacemento, e tamén diferentes poemas escritos por el, así como poemas caligráficos.
Uxío Novoneyra naceu no ano 1930. Estudou no Instituto de Lugo. Despois segue os cursos comúns de Filosofía e Letras na universidade de Madrid e polos ano 1951 empeza a escribir os seus primeiros poemas. Unha afección pulmonar introduce na súa vida un longo período de convalecencia que o leva á súa aldea do Courel e alí comeza a escribir ?Os Eidos?. Entre os anos 1962 e 1966 vive en Madrid e traballa na radio e na televisión e alí publica ?Elexías do Courel e outros poemas?. No ano 1968 escribe no Courel o poema ?Vietnam canto?. En 1974 publica ?Os eidos 2?, acompañado de debuxos de Laxeiro. En 1979 aparecen os poemas caligráficos e en 1980 escribe o seu poema ?Gadaño cada vrao?. En 1983 é elexido presidente da asociación de escritores da Lingua Galega. Nos seguintes anos publica ?Muller pra lonxe?, unha antoloxía de poesía de amor; ?Do Courel a Compostela?, un libro marcado polo fracaso histórico nacional e pola falta de vontade colectiva do pobo; ?O cubil do xabarín? , ?Gorgorín e Cabezón?, ?Ilda, o lobo, o corzo, o xabarín?, contos para nenos; ?Poemas da doada certeza?; ?Camelio xaponés?, poemas arredor de Santiago de Compostela; ?Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes?, sobre agonía do mundo labrego; ?Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas?, un devalar tolo, en círculo, do Courel ó Cebreiro; e traballa nun novo libro ?Cantata en Compostela?.
Uxío Novoneyra morreu o 30 de outubro de 1999.
A exposición pódese visitar no Centro Comarcal Terra de Caldelas do 03 ó 20 de agosto, e do 24 de agosto ó 07 de setembro na casa do concello de Parada de Sil.