Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
* A dar ninguén se pón rico. A dar ninguén morre rico.
* A ganancia anda cos zocos na lama, que non no xergón da cama.
* A riqueza non alonga a vida.
* Aforra o avaro e non sabe para quén nin para cando.
* Anque o diñeiro che sobre, se non tes caridade, chámate pobre..
* Ben pode dicir que é rico o que ten bos amigos.
* Cando non tiña, tranquilo durmía; agora que teño, durmo con medo. Ladran os cáns e estoume na cama, qué tranquilo está o que non tén nada.
* Canto máis se ten, máis se quer.
* Con cartos na bulsa, calquera runfa. Con diñeiro e maña, todo se amaña.
* Anque me ves que descalzo veño, tres pares de zocos teño.
* Cada pobre goberna como pode.
* Cando non hai pan aproveitanse as farangullas.
* Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará...
* Canto máis pobre, menos limosna.
* Coitelo de pobre, corta canto ve e deixa canto colle.
* Cando o vilán enriquece, a ninguén coñece.
* Cando o vilán enriquece, non ten amigos nin parentes.
* Cando pedimos, somos meiguiños; desque alcanzamos, xa cambiamos.
* Cando vos pedimos, dona vos dicimos; e cando vos temos, chamámosvos como queremos.
* Non pidas a quen pediu, nin sirvas a quen serviu.
A faldriqueira do pobre con pouco diñeiro se enche.
Chocolate con petada na casa dos pobres, é comida rara, porque é cara.
Chove, chove na casa do pobre; xía, xía na Casa García; sarabea na casa de Brea; neva, neva, na casa Varela.
Como chove na casa do pobre, na miña non que é de cartón.
Da riqueza e da santidade, a mitade da mitade.
Mais inventa un pobre que cen avogados.
Non te enamores meniña da cebilla do zapato, canto mais rico mais pobre e canto mais pobre mais guapo.
- Ricos y pobres todos son hombres.
- Ricos y pobres, la tierra se los come.
- Ricos y pobres mal se componen.
- Un pobre alegre no envidia ni a duques ni a marqueses.
- Un pobre estudiando y un rico durmiendo, este va bajando y aquel subiendo.
- El rico cuanto más tiene, más quiere.
- El rico es codicioso, el pobre deseoso.
- El rico y la sanguijuela nunca se hartan de la sangre ajena.
- En el pobre el oro parece cobre.
- Rico que ha sido pobre, corazón de cobre.
- En la bolsa del pobre cuando más hay cobre.
- Cuando el rico habla todos ponen buena cara.
- Cuando se va para rico hasta las mulas paren potricos.
- Alegría y pobreza y no pesares y riquezas.
- Da a los ricos lo suyo y a los pobres lo tuyo.
- Dar es riqueza, pedir, pobreza.
- El pobre discreto huye de tener pleitos.
- El pobre da de lo poco que tiene, el rico todo para sí lo quiere.
- El pobre es rumboso, el rico roñoso.
- El pobre es señor y criado de sí mismo.
- El pobre haya cerradas todas las puertas, el rico todas abiertas.