Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Agora en xullo vou poñer refráns que empecen por "x".
Xente nova e leña verde todo é fumo.
Xamón e viño anexo estiran o pelexo.
Xarro pintado pronto quebrado.
Xoven ventanera, mala muller casera.
Xoia é a fama para ben gardala.
Xoves lardeiro, carne no pucheiro.
Xuiz airado, inxusto o fallo.
Xuiz de malas artes é o que non escoita ás dúas partes.
Xuntase a fame cas gañas de comer.
Xuramentos de muller non se han de creer.
Xuntos van o moito prometer e o pouco dar.
Xuventude sin saúde é mais amarga ca senectude.
Xunto a santo que non suda, o sacristán estornuda.
Xugador non te alegres que quen hoxe gaña, mañá perde.