Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AGOSTO TRONADO
Día de tormenta en Montederramo
A agosto tocóulle o trono, pois hai este refrán que dí: "Por San Bartolomé (24 de agosto), tormentas ha de haber".
E tamén teño estes outros relacionados ca tormenta e o trono:
A nadie le debe extrañar que en marzo empiece a tronar.
Abril que truena anuncia cosecha buena.
Animales perezosos, tiempo tormentoso.
Auga de tronada, nuns sitios pouca e noutros nada.
Cando trona en xaneiro, millo por todo o eido.
Cando trone en marzo, apreta os arcos.
Cuando abril truena, noticia buena.
Cuando truena en abril, el labrador es feliz.
Cuando truena en marzo, aparea las cubas y el mazo.
El año ha de ser bueno si por abril lo anuncian los truenos.
En julio gran tormenta, mucho espanta pero pronto escampa.
En septiembre truenos, ni malos ni buenos.
Noviembre tronado, malo para el pastor, malo para el ganado.
Por diciembre el trueno anuncia año nuevo.
Se no marzo oes tronar, prepara as cubas e o lagar.
Se trona en xaneiro rube as cubas ao fumeiro.
Si en noviembre oyes que truena, la cosecha siguiente será buena.
Si oyes un solo trueno ten por seguro el mal tiempo.
Si truena en abril, prepara la capa y échate a dormir.
Tronos en agosto, mellor mosto.
Tronos en xaneiro, mortandade no reino.
Truenos con luna nueva, prepárese a que llueva.
Truenos en abril, la media y el celemín.
Truenos en invierno señal de año bueno.
Comentarios (0) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 30-07-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
MONTEDERRAMO TROULA 2010
Na procesión, grupo de baile, orquestra, festa cubana.
PROGRAMACIÓN DA V EDICIÓN DA SEMANA CULTURAL: MONTEDERRAMO TROULA 2010

*DÍA 11 DE AGOSTO:
-ÁS 23:00H: CINE

*DÍA 12 DE AGOSTO:
-DE 11:00 A 13:30H: ACTIVIDADES PARA OS NENOS: ?LECER NO RURAL?
-ÁS 19:00H: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA ?AS NOSAS XENTES?
-ÁS 23:00: CINE

*DÍA 13 DE AGOSTO:
-A PARTIR DAS DOCE DA NOITE: V EDICIÓN DO CONCERTO- FESTIVAL ?O SON DAS PEDRAS? CAS ACTUACIÓNS DOS GRUPOS ?CINCO BAJO CERO ? E ?SONORO MAXÍN?.

*DÍA 14 DE AGOSTO:
-ÁS 19:00H : CONTA CONTOS: ?CONTOS DAS ESTACIÓNS?, A CARGO DO DÚO CONTA E CANTA.
-A PARTIR DAS DOCE DA NOITE: COMEZO DAS FESTAS PATRONAIS

*DÍA 15 DE AGOSTO:
-DE 16:00H A 18:45H: FESTA INFANTIL
-ÁS 19:00H: ESPECTÁCULO ?CIRCO MÁXICO? A CARGO DO MAGO CAYETANO LLEDÓ.
-FESTAS PATRONAIS

*DÍA 16 DE AGOSTO:
-ÁS 19:00H: TEATRO ?TRISTÁN CARA DE CAN?, A CARGO DO GRUPO TEATRAL ELEFANTE ELEGANTE TEATRO.
-FESTAS PATRONAIS.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 28-07-2010 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
III MOSTRA DE VIÑOS DA RIBEIRA SACRA OURENSÁ

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2010 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
FISIOTERAPEUTA EN MONTEDERRAMO
O concello de Montederramo contratou, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, un fisioterapeuta por 12 meses, a media xornada, para desenvolver un programa de saúde ós veciños, evitando desprazamentos a outras vilas.
Trátase dun servicio social ó que poderan acudir tódolos veciños que o necesiten, tendo prioridade os colectivos de persoas maiores, enfermos ou discapacitados.
O local habilitado para a fisioterapia é o centro multiusos-sede da Asociación de Mulleres Rurais "A Caracocha", ubicado na praza de Montederramo, nº 2, que será equipado con camilla, aparatos de rehabilitación, infrarroxos e de correntes, según as necesidades e a demanda do servizo.
Nos meses de verán o horario será de luns a xoves de 16 a 20 h e os venres pola mañá de 10 a 14, puidendo modificarse este en función do desenvolvemento do programa. No seu inicio o servicio vai ser gratuito, ainda que en función da lista de espera, podería cobrarse un precio módico por sesión.

Animamos a todas aquelas persoas, xoves ou maiores, que estén afectados por problemas musculares ou de osos, ou que desexen recibir masaxes, a que comproben os seus beneficios.
Comentarios (2) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 19-07-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE RESTAURANTE-BAR EN MONTEDERRAMO
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 14-07-2010 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS DE "MOXOM"

Moxom adicouse os primeiros anos á banda deseñada sendo un dos fundadores da revista ?Frente comisario?, e dende hai 10 anos esculpe en Madeira, realizando diversas exposicións en Ourense na Casa da Cultura, no Centro Cultural da Deputación, na Casa da Xuventude; no Mosteiro de Montederramo, o Castelo de Castro Caldelas e en varios Centros Comarcais de Galicia.
O seu traballo consiste en ir tallando e dándolle diferentes formas, sobre todo de mulleres, ós trozos de madeira que encontra no campo, madeira de diferentes tipos: vide, castiñeiro, piñeiro, carballo etc, e logo as vai pintando cunha combinación de cores variadas e case todas chamativas.
Nesta ocasión ten un total de 35 pezas de diferentes tamaños e formas.

A exposición pódese visitar no Centro Comarcal Terra de Caldelas durante o mes de xullo.

Os sábados pola tarde e domingos todo o día até o 28 de agosto, o Centro permanecerá pechado debido ás vacacións do personal.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 10-07-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
XULLO QUENTE
Día de calor e tormenta en Montederramo
Neste mes imos poñer os refráns do CALOR, porque supostamente ten que ser o mes mais quente do ano.
En julio el sol da mucho calor y si no lo diere guardarte debes.
En julio, beber y sudar y el fresco en balde buscar.
En xullo arder e patacas coller.
Julio caliente quema al más valiente.
As templanzas de Sta Mariña (18) e Santiago (25) fan o pan para outro ano.
Xaneiro xeadeiro; febreiro marmaruxeiro, cada surco seu regueiro; marzo, nin o rabo do gato mollado; abril, canta poida vir; maio pardo; S. Xoan claro; Santa Mariña calor; agosto, millor; conténtate labrador.
Maio ventoso, S. Xoan caluroso, Santiago borrascoso.
Do trinta de Xullo en diante, calor asfixiante.
O mes de Xullo principia asando e acaba tostando.
Xullo quente, millo valente.
Julio abrasado trigo seco y blando.
El calor de junio tiene la lluvia por enemigo.
Por xuño o moito calor nunca asusta ó bo labrador
Entre Virgen y Virgen el calor aprieta de firme
Hacia San Lorenzo (10 AGOSTO), calor muy intenso
San Xoán trae o inferno e san Andrés o inverno.
Marzo quente trae o demo no dente
Noviembre caliente, mayo helado
Agosto ardenteiro herba no palleiro.
Comentarios (2) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 02-07-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0