Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DÚAS NOITES DE MÚSICA NO MOSTEIRO DE SAN PAIO
Os días 12 e 13 de agosto, no mosteiro de San Paio, na Ribeira Sacra, en Castro Caldelas, Dúas noites estará adicado á música do Atlántico lusófono. O festival presentará un concerto do compositor brasileiro Fred Martins e o espectáculo ?A travesía da saudade?, dirixido por Uxía.
www.duasnoites.com
O festival, organizado pola Asociación Amigos de Caldelas, acollerá o mércores 12 de agosto a actuación do cantautor brasileiro Fred Martins, que estará acompañado polos músicos Sérgio Tannus, (Guitarras, cavaquiño e mandolina), Isaac Palacín (batería) e Álvaro Iglesias (Contrabaixo). Fred Martins, premiado compositor e representante da Música Popular Brasileira, acaba de editar o seu cuarto álbum, ?Guanabara?, e esta é a primeira xira que realiza pola Península.

O xoves 13 de agosto, Dúas noites de música acollerá o espectáculo dirixido por Uxía "A TRAVESÍA DA SAUDADE?, un percorrido polas músicas de Galiza, Brasil, Portugal e Cabo Verde. Os músicos Sérgio Tannus (guitarras, cavaquinho e mandolina) e Sérgio Salles (teclados) acompañarán a Uxía nun espectáculo no que sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono, do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana.
O mosteiro de San Paio, en Santa Tegra, Castro Caldelas, espazo que acolle o festival, é unha das xoias do románico da Ribeira Sacra. Na súa primeira edición, o pasado verán, Dúas noites estivo adicado á narración oral, coas actuación de Carlos Blanco e Quico Cadaval. Con estas propostas, a asociación Amigos de Caldelas quere sumarse á oferta cultural para o verán en Caldelas e contribuir a poñer en valor un espazo diferente do rico patrimonio da Ribeira Sacra.

PROGRAMA DÚAS NOITES DE MÚSICA

Mosteiro de San Paio

Santa Tegra, Castro Caldelas, Ribeira Sacra.

12 de agosto

FRED MARTINS
Fred Martins trae a Galiza o seu cuarto álbum, ?Guanabara?, que o consolida como un dos máis brillantes cantautores brasileiros da súa xeración. Ésta é a primeira xira realizada na Península por este artista recoñecido internacionalmente.
Influenciado tanto polo folk anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira, a súa sensibilidade e versatilidade lévanno con
igual naturalidade ao pop maino como á samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro até o de agora, e do tamén poeta Francisco Bosco.
As súas composicións son interpretadas por destacadas voces da Música Popular Brasileira (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,...)

FRED MARTINS (Voz, guitarra)

SÉRGIO TANNUS (Guitarra)

ISAAC PALACÍN (Batería)

ÁLVARO IGLESIAS (Contrabaixo)

13 de agosto,

A TRAVESÍA DA SAUDADE

Espectáculo dirixido por Uxía, con Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e mandolina). Sérgio Salles (teclados) , e UXÍA (voz).
Unha corrente de música percorre o Atlántico: parte das brumas da Costa da Morte galega, baixa polas praias e falésias portuguesas, atravesa Cabo Verde, absorbe o calor do Golfo da Guiné e corre cos ventos que van rumbo ao Brasil. O nome dessa corrente é A TRAVESÍA DA SAUDADE, un espectáculo no que se mostran os frutos creativos desta comunión musical.
Do alalá ao fado, da morna à música tradicional azoriana, um concerto onde sopra a brisa da grande música do Atlántico lusófono.

UXÍA. Voz

SÉRGIO TANNUS (Guitarra, cavaquiño, mandolina)

SÉRGIO SALLES (teclados e melodía)

Hora:10:30h.

Venda anticipada de entradas a través de Caixa Galicia (9?)
E media hora antes de cada función, no propio mosteiro (12?).
Aforo limitado.

Máis información:

Asociación amigos de caldelas,
Amigos de Caldelas
duasnoitesdecontos@gmail.com
www.duasnoites.com

Asociación amigos de caldelas
Avenida de Ourense, 4 (1)
Castro Caldelas
Ourense
Prensa:
Charo Canal
609566967
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2009 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE PEDRO I. CARAMÉS




Afeccionado á fotografía desde a adolescencia, Pedro Iglesias foi tomando contacto co mundo da imaxe durante os últimos 17 anos, e o que comezou cunha cámara e un pequeno laboratorio caseiro converteuse, de forma autodidacta, nunha actividade secundaria que compaxina coa súa vida cotiá.
Pedro Iglesias traballou distintas temáticas e formatos fotográficos, desde o retrato en B/N ata a paisaxe en cor ou a fotografía panorámica, aínda que é precisamente a paisaxe galega o que ocupa maioritariamente o seu obxectivo e deulle maiores satisfaccións. Precisamente estas miradas aos recunchos con máis encanto da nosa xeografía, e en particular aos faros do litoral atlántico, conforman o material da súa primeira exposición, Xanelas, que visitou varios locais da Coruña.
Desde que decidiu por fin dar a coñecer o seu traballo, foi finalista en 2008 do concurso Mirada e Luz de Caixa Galicia (sendo a súa fotografía publicada no mes de agosto do calendario para o 2009 de devandita entidade) e finalista do concurso 50 Aniversario da liña A Coruña - Zamora organizado pola ACAF. Ademais realizou fotografía a nivel profesional para a A.X. Xacarandaina ou a compañía do bailarín Quique Peón na produción do seu espectáculo OVAY.

A exposición poderase ver no Centro Comarcal durante o mes de xullo.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 20-07-2009 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Bailando na Residencia de Patos
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-07-2009 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Orquestra "As Caracochudas"
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 03-07-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
EN XULLO ARDER E PATACAS COLLER
En xullo arder e patacas coller; por Sta Magdalena, a abelá chea; en xullo as cereixas coma puños.
Chegou o mes de xullo, un mes especial para min porque é cando nacín, o día 5, non digo de que ano para que ninguén o saiba e sigan pensando que son mais xoven, tal como aparento, ji, ji, ji... Tamén algúns calendarios poñen o día 10 como o día do meu santo e da miña nai, Sta Amelia, aínda que son os mais os que o poñen o 5 de xaneiro, cando veñen os Reis, e nos preferíamos o 10 de xullo porque así, ó cadrar cos Reis, xa matan dous paxaros dun tiro e só recibimos un regalo. Bueno, que o poidamos celebrar moitos anos e que vos o acordedes.
Imos ó noso, ós refráns de xullo, que son poucos os que teño e a maioría en castelán:


En xullo arder e patacas coller (paréceme que imos coller poucas como sigamos así, porque de momento de arder nada).
Por moito que queira ser xullo pouco ha de chover.
Quen mellor escarda os seus sembrados collerá en xullo mais puñados.
Un julio normal seca el manantial.
Julio brillante, año abundante.
Julio caliente quema al más valiente.
Julio triguero, septiembre uvero.
Julio, la carreta y el ubio.
En julio el sol da mucho calor y si no lo diere guardarte debes.
En julio, beber y sudar y el fresco en balde buscar.
Dice el labrador a su trigo: para julio te espero buen amigo.
El pollo de enero para julio es tomatero.



Comentarios (9) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 03-07-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0