Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Exposición de fotografía ?RIBEIRA SACRA, DE CAMIÑO AOS SENTIDOS? no Centro Comarcal Terra de Caldelas durante o mes de xuño, e no Centro Comarcal de Lemos en xullo.
A colección é obra dos membros da asociación de fotografía PHOSGALICIA e correspóndese cun encontro fotográfico que tiveron o pasado 25 de setembro, e que toma como recurs...o principal a vendima e a viticultura heroica de Ribeira Sacra.
Esta exposición lévase a cabo en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, quen no seu afán de poñer en valor os recursos do territorio e traballar pola marca de destino xunto aos demais axentes da zona vencellados dalgún xeito ao turismo (como é o Caso dos Centros Comarcais), segue a colaborar e axudar para levar a bo fin este tipo de iniciativas.Ver más
Hai moitos refráns relacionados co pan no mes de S. Xoan, así que dedicaréille entón este mes:
No mes de San Xoán, o sol coce o pan. 2
Auga en San Xoán, mata o viño e non fai pan.
En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
En San Xoán seca a raíz o pan.
En san Xoán, tanto viño coma pan.
Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello.
Se queres comer patacas por San Xoan, seméntaas cando o pan.
San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
San Xoán, san Xoán, deixa vi-lo pan que con el cho pagarán.
Agosto fáiselle maio a quen non ten pan sementado.
Hasta San Xoan, toda a herba é pan.
Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan.
Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e santo André o touciño.
Na Sta Mariña, na meda ou na arquiña.