Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TERCEIRO ANO NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PATOS
Na feira de Patos, na praia, en Baiona e en Outariz
O último fin de semán de xuño estivemos por 3ª vez na Residencia de Tempo Libre de Patos en Panxón, estancia que nos leva regalando xa hai 3 anos, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, do programa Tempos de Mulleres. Fomos un total de 22 caracochudas xunto coas mulleres do Castro e de Taboadela e alí xuntámonos con outras asociacións. Primeiro fomos á feira, onde compramos a maioría unhas sandalias, que temos na man, todas iguais e de diferentes cores, para poñernos dacordo un día e facer un desfile con elas por Montederramo, uniformadas de pés. Tivemos como sempre obradoiros moi divertidos, fomos á praia, e o mellor de todo é a festa que montamos á noite, con baile, canto, pandereteiras,"bombeiras", contos, desfile de modelitos polas distintas habitacións (camisóns, saltos de cama, pijamas, picardías...) até altas horas da madrugada,etc, etc. Este ano, como novidade, até quedou constituida a orquestra "As Caracochudas", á pandereta: Esther, Manuela e Trudis e ó bombo: Amelia, que xa lle quedou "a do bombo", e a Esther "a vella tola", polo jaleo que montaron despois á noite nos pasillos e habitacións, co resto das veciñas, excepto unhas de Cerdedo que case chaman á policia, as que nos puxeron os calificativos; pero había outras xovenciñas que se uniron á serenata, moi agradables. Houbo tamén incluso fantasmas que se nos apareceron na cama.
Esther, con ser "a vella tola", foi a que gañou a placa conmemorativa, grabada co seu nome, por ser a mais tremenda e animada do grupo, e despois deulle nas narices ás outras de Cerdedo que a querían levar presa, toda orgullosa ca súa chapa na camiseta.
De volta á casa paramos en Baiona e despois xa en Ourense na Chavasqueira e Outariz.
Foi un fin de semán estupendo, esperamos volver para o ano porque nos tratan moi ben na Residencia e pasámolo ademais en grande.
Podedes ver algunhas fotos (das que se poden ver)e videos na fotoblogoteca.
Comentarios (12) - Categoría: Estancia en Panxón - Publicado o 29-06-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE PINTURA SOBRE SEDA




Magda Camacho: Iníciase na pintura de forma autodidacta no seu estudio de Vilanova. Realizou diferentes cursos de perfeccionamento. Dende o ano 1997, adícase á pintura, sempre utilizando como soporte de traballo a seda natural. Foi segundo premio no concurso de peza única de Ávila no ano 2003.
Jopep Antoni Masana Caelles: Formouse na Escola de Arte de Vilanova i la Geltrú. Ó igual que Magda, dende o ano 1997 adícase á pintura utilizando como soporte a seda natural.



Exposicións e feiras: Barcelona, Madrid, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Valencia, Castellón, Valladolid, Zamora, León, Palencia, Salamanca, Soria, Ávila, Burgos, Toledo, Cuenca, A Coruña, Monforte de Lemos (Lugo), Francia e Alemania.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 17-06-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
BO TEMPO EN XUÑO, VERÁN SEGURO
Sardiñas, fogueiras, sabugueiro e rosas,  típicos do S. XoanEstamos no mes do S. Xoan(24), o S. Pedro e S.Pablo (29), o S. Antonio(13), o Corpus, o Sagrado Corazón(19)...; temos xa moitas festas para celebrar, e algúns refráns relacionados con todos eles:
- Polo S. Xoan, xa a sardiña molla o pan.
- Por San Xoan colle o lobo ó carneiro pola lan.
- Tantos días de xeada en Nadal como días de sol en San Xoan.
- O lobo no S. Xoan dalle a casa ó can, na Sta Mariña comen a cabritiña e no agosto levaos o pai ó rostro.
- En S. Xoan tempo de figos, non hai amigos, e no das fabas andamos a patadas.
- Do Santo Antonio ó S. Xoan once días van.
- En S. Xoan aínda hai 3 días para cardar a lan.
- Oliva unha por S. Xoan e cento por nadal.
- Auga por S. Xoan quita viño, aceite e pan.
- Dazasete de xaneiro, S. Antonio verdadeiro e 13 de S. Xoan, S. Antonio mentirán.
- Hai 3 xoves no ano que relumbran mais co sol, Xoves Santo, Corpus Cristi e o día da Ascensión.

No S. Xoan como di o refrán "a sardiña molla o pan", así que aí as podedes ver na foto estupendas, como para comelas. Ademais vedes as fogueiras típicas da noite de S. Xoan e o sabugueiro e as rosas, que se deixan ó rocío en auga na víspera de S. Xoan e coas que hai que lavarse á mañán para espantar os males e poñerse fermosos.


Comentarios (9) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 04-06-2009 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0