Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
O maio que ha de ser maio, han de parar oito días os bois e o carro.
1- Quen o carro unta ós seus bois axuda.
2- O que ten carro e muller non lle falta que facer.
3- Se queres que o carro cante móllalle o eixe no río.
4- O que queira vivir do carro, que o leve sempre ó seu coidado.
5- O carro que renxe sempre alegra ó carreteiro.
6- O que ha de cantar o boi ten que ilo cantando o carro.
7- O que non canta o carro, cántano as dentoiras.
8- O que non canta o carro, cántano as treitoiras.
9- O que non unta o carro, quédase ás veces na corredoira.
10- Carreteiro que non unta o carro, non sae do camiño.
11- O carro máis mellor pódese torcer.
12- Cando no camiño hai barro, unta-lo carro.
13- O mal carreteiro para de noite no sendeiro.
14- O traveseiro é bo conselleiro que da despacio o consello.
15- Carro derradeiro, ben cargado ou ben valeiro.
16- Un carro entullado non sae se o home vello non vai.
17- Co eixe e as rodas do carro moito coidado.
18- Catro bois nun carro, se ben turran para arriba, mellor turran para abaixo.
19- Dende que cae o carro, nunca faltan carrileiras.
20- Non se pode guiar ben o carro se non se tripa o barro.
21- Onde poida anda-lo carro non hai cabalo.
22- O que non ten carro nin bois, anda antes ou anda despois.
23- Se queres que o carro cante bótalle o eixe de vido, as treitoiras de carballo e os croucós de sangubino.