Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANDAINA POR CASTRO CALDELAS
Camiñando a carón da igrexa de S. Xoan de Camba
Despois de dous anos a asociación "Ponte Louco" recupera esta andaina o próximo 22 de abril, venres de semana santa. O percorrido modificóuse con respecto ao anterior, será máis curto, duns dez quilómetros.

Esta vez a sáida é do Castro en dirección aos muíños polos canellos. Dende aquí seguirase o río ata a área recreativa da ponte das Táboas e continúase ata debaixo de Condelle. Dende alí vaise ata Basteiros, pasando por Casasoá e Montemiau. Tras pasar pola fonte de Piñeira crúzase o Río Caldelas e súbese por Camba para chegar ao Castro. A idea é facer o xantar na carballeira da Devesa (que cada un leve a súa comida).

O percorrido non é moi longo pero é duro. É imprescindible levar calzado impermeable.

Non é obrigatorio apuntarse, pero si recomendable para que os organizadores poidan saber con canta xente teñen que contar ou esperar por alguén.

Para apuntarse chamar ao Centro Comarcal: 988204630 ou enviarlle un mail á cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2011 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE DEBUXOS
Algúns dos persoaxes de cómics expostos
Non deixedes de visitar a exposición de debuxos sobre tela de diferentes cómics, de Susana Vázquez, no Centro Comarcal Terra de Caldelas, durante os meses de abril e maio, tódolos días menos os festivos, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.

Con esta exposición preténdese realizar unha viaxe á infancia de cada un a través dos nosos queridos compañeiros do cómic.
Nela hai espacio para todos, para bós (Mortadelo e Filemón), malos (irmáns Dalton), soñadoras (Mafalda) e aventureiros (Tintín).
Os nosos heroes levan un fondo diferente para resaltar as súas cualidades: os irmáns Dalton son dignos merecedores dunha boa tela de raias, así como Marco merécese unha tela cos xoguetes que non tivo na súa infancia
A artista busca que o espectador poda acompañala nesta viaxe e recordar os bos momentos que todos estes personaxes nos proporcionaron e seguen proporcionando.
Unha das frases que nos transporta a un estado de felicidade é ?Hogar dulce Hogar?, por eso quixo facer un símil con ?Cómic...dulce cómic? para recordar os grandes momentos que nos aportaron os nosos amigos dos cómics.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 04-04-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Pascuas enxoitas, ano de froitas.
Pascuas enxoitas ano de froitas
Como este ano coincide a pascua en abril, poñerei neste mes os refráns que teño relacionados con ela:
Cual tenéis la cara, tal tengáis la Pascua.
Día de pascua e domingo lardeiro cada cadelo no seu palleiro.
Échate a dormir en una mata que en un día se pasa la Pascua.
Lázaro mollado, Páscoas enxoitas, ano de froitas.
Pascoas enxoitas, ano de froitas.
Pascoas enxoitas, nin poucas nin moitas.
Pascoas marianas, neves e fames.
Pascoas marzales ou famentas ou mortales.
Pascoas marzales ou pestes ou fames.
Pascua marzal o hambre o mortandad.
Pascuas con quen quixeres, entroidos coas túas mulleres.
Pola pascua de resurrección 3 cousas non teñen razón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.
Pascuas molladas anadas dobradas
Quien la Pascua de Navidad tiene en el umbral, la de Flores tiene en el hogar.
Adiós martes de entroido, adiós meu queridiño, ata o domingo de pascua non volvo untar o fuciño.
Adiós domingo de entroido, adiós martes queridiño, ata o domingo de pascua non volvo untar o fuciño.
Na semana de Ramos lava os teus panos que na Pasión ou os lavarás ou non.
O día de Jueves Santo nin o paxariño move os ovos do niño.
O que non estree o día de Ramos, non estreará en todo o ano.

Comentarios (0) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 02-04-2011 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0