Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CHARLA SOBRE A AUTOESTIMA
O xoves 16 de abril ás 17:00 h terá lugar no local da asociación, unha charla sobre a AUTOESTIMA, organizada polo C.I.M (Centro de Información á Muller) a través do programa "Quérome, quérote", para aprender a coñecerse a unha mesma, escoitarse, sentirse, valorarse, agarimarse, coidarse ...
Comentarios (0) - Categoría: Charlas - Publicado o 14-04-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A PORTUGAL
Saída de Montederramo ás 7:30. Tras realizar as paradas necesarias, chegaremos a COIMBRA.
Poucos praceres hai comparables a percorrer Coimbra e perderse polos seus callexóns, contemplando as moitas marabillas que xalonan esta cidade, que ve pasar o tempo desde a marxe dereita do río Mondego.
A Torre do século XVIII de 34 m de altura e O Arco de Almedina son os referentes do centro da cidade, aínda que tampouco podemos esquecernos dos seus numerosos conventos e igrexas, entre as que destacan especialmente: A Catedral Románica Sé Velha e a Capela de San Miguel do s. XVI. Os palacios da Universidade de Coimbra fundada en 1290, sendo a universidade máis antiga de Portugal, os seus museos e xardíns son de tal beleza que non é de estrañar que os estudantes entonen con suprema delicadeza os fados que resoan en cada recuncho de Coimbra.
Comida pola zona.
Unha parada obligatoria é o paseo polo parque temático Portugal dos Pequeninhos, construído en 1950 con maquetas en miniatura cos principais edificios do país.
Ademais, para os amantes da observación de aves, A Mata do Choupal, a beiras do río Montego, alberga a maior colonia de milanos de Europa.
Por todo iso, ao marcharnos de Coimbra quédanos a sensación de gozar dunha das cidades máis belas de Portugal.
Xa iniciando a viaxe de regreso, faremos unha parada en AVEIRO, tamén chamada A Venecia Portuguesa polas canles que atravesan a cidade e as góndolas de cores que as percorren.
Un pobo pesqueiro digno de coñecer.
Logo desta pequena parada, iniciaremos a nosa viaxe de regreso aos nosos fogares.

PREZO PARA 40 PERSOAS: 45 ?
*As socias só pagarán 25 ? (o resto págao a asociación).
INCLÚE : AUTOCAR GRAN TURISMO +VISITAS INDICADAS CON GUÍA+ ACOMPAÑANTE+ COMIDA+SEGURO DE VIAXE.
Comentarios (2) - Categoría: Excursións - Publicado o 13-04-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE ANDRÉS BALDONEDO NO CENTRO COMARCAL
A VIDA E OBRA DO ARTISTA
Andrés Baldonedo Sotelo, natural de Castro Caldelas (Ourense), naceu en 1983 e comezou a súa actividade pictórica como alumno do pintor cubano Alfonso, en 1998. Despois de abandonar a pintura durante algúns anos, volveu con moita ilusión e actualmente estuda na escola Artellar de Vigo. A súa primeira exposición estará no Centro Comarcal de Castro Caldelas durante o mes de abril.

Andrés Baldonedo asina as súas obras co nome propio de Andrés e realiza unha obra inscrita en varios estilos: o impresionismo e a abstracción. A súa especial significación da paisaxe queda valorada nos tipos do mundo galego e nas peculiaridades cromáticas do seu contorno.

A OLLADA DO ANDRÉS

Os do Centro Comarcal Terra de Caldelas pídenme medio folio de vida. Menos mal que é sóio por unha cara. Medio folio branco para explicar a miña pintura. Non vai ser doado. Con toda a modestia debo recoñecer que son un aprendiz que sinte moita curiosidade polo arte de pintar e as súas manifestacións ao longo da historia, dende os primeiros homes das cavernas, que pintaban as súas escenas de caza, ata os impresionistas, que buscaban novos camiños para diferenciarse da fotografía.

Fixen varios cursos e, grazas á tutela do profesor cubano Alfonso, fun dándolle forma a motivos figurativos e abstractos.
Un pequeno grupo de cadros que quero compartir cos meus veciños, familiares e amigos.

Pinto sobre as paisaxes do Castro, os lugares míticos, como a Pena do xastre. Impresionado polo desastres do Prestige, pintei ós voluntarios limpando o chapapote. Os voluntarios, cos seus traxes brancos sobre o mar negro, cheo de chapapote, causaron en min unha forte impresión e quíxenlle facer unha pequena homenaxe. Atrevinme con algún espido, algunha mariña, paisaxes de Caldelas e estudiei as manifestacións da luz e as sombras sobre un pano branco. É a miña primeira exposición e atrévome porque estou en familia e entre amigos e espero que así se vexa.

Comentarios (2) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 06-04-2009 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
EN ABRIL AUGAS MIL
Toxos e uces en Montederramo

Xa chegou o abril e xa están moi floridos os toxos e as uces porque este ano veu adiantada a primaveira, e de momento, como o clima está cambiado, nin os refráns se están cumplindo, e pola pinta que leva, no abril paréceme que non vai haber tampouco "augas mil", pero imos seguir igual co noso refraneiro mensual:
"A auga en abril enche o carro e o carril"
"Abril amoroso, S. Xoán ventoso"
"Se queres saber cando é abril a golondrina viracho a decir"
"No abril ronca a porca no cubil"
"Polo abril xa só poda o labrego ruín"
E por último, de momento, este que saquei do Carrabouxo que viña na Región do sábado:
"Xeada de abril, rara pero baril".
Comentarios (13) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 04-04-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0