Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora que foi o día 8 de marzo, terán lugar este sábado día 26 na Casa da Cultura de Trives, unha serie de actos para conmemorar este día, organizados por Xóvenes Agricultores e a Asociación de Mulleres Rurais de Trives, para as asociacións da zona que queiran participar.
Ás 10:15 dará comezo unha charla sobre Dietética e nutrición e a continuación unha sobre Violencia de Xénero; despois haberá unha obra de teatro e por último unhos pinchos de despedida.
Se vos apetece e podedes participar, poñédevos en contacto coa vosa presidenta.
A campaña deste ano, "Vivir a diferenza, garantir a igualdade", ten como obxectivo promover a igualdade de mulleres e homes e implicar á cidadanía galega no compromiso de acadar unha sociedade onde se confíe nas capacidades de tódalas persoas, sen exclusión.
Mulleres, non vos esquezades de celebrar o noso día, disfrutádeo a tope sen dar golpe.
Como o día 8 é o Día da Muller, neste mes vou poñer refráns relacionados con nos, as mulleres, que son moitos os que hai, eu teño 347. Xa fun poñendo algúns o ano pasado e o anterior, así que, este ano porei outros poucos, e vos tamén podedes aportar os que queirades.
Muller do cego que se compón moito non se compón para el que se compón para outro.
Muller enclenque, muller para sempre.
Muller morta non fala.
Muller morta, sete á porta.
Muller que asubía, vaca que esturría e galiña que canta de capón, na miña casa non.
Muller que sabe latín apartaa Deus de min.
Muller que silba e fía de pe nunca boa é.
Mulleres, mulas e muletas escríbense todas coa mesma letra.
Mulller que asubía e mexa de pé, será home pero muller non é.
A muller e o ouro pódeno todo.
A muller onde pon o ollo, pon o logro.
A muller fai o home.
A muller lista algún couce cisca.
A muller que tunde ao home, fai ben se pode.
A muller e a sardiña pequeniña é ben feitiña.
No andar e no comer, coñécese á muller.
A muller sen home, ela o guisa e ela o come.
Mujer alta y bigotuda sargentona.
Mujer ataviada, ballesta armada.
Mujer barbona, mala persona.
Mujer bella con exceso, mucho sexo y poco seso.
Mujer bella o loca o necia.
Mujer bigotuda, mujer corajuda.
Mujer brava cada día terremoto en tu casa.
Mujer codiciada pocas veces no lograda.
Mujer con barbas más las tiene en el alma que en la cara.
Mujer con barbas, Dios nos valga.
Mujer con pero no la quiero.
Mujer contenciosa tómela otro por esposa.
Mujer coqueta para otro que a mi no me peta.
Mujer graciosa vale más que hermosa.
Mujer hacendosa vale más que mujer hacendada.
Mujer hermosa nunca es pobre.
Mujer hermosa y buena espada, de muchos son codiciada.
Mujer hermosa, engreída y vanidosa.
Mujer hermosa, mujer peligrosa.
Mujer hermosa, mujer vanidosa.
Mujer hermosa, soberbia y contenciosa.
Mujer muy carnal nunca la hartarás.
Mujer vinosa no hay en el mundo peor cosa.
Mujer vinosa, desastrosa.