Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EXPOSICIÓN "A HISTORIA DO LIBRO, O LIBRO NA ESCOLA"
A historia do libro é a historia do home mesmo e se hai un lugar no que os homes nos achegásemos aos libros ese é, sen lugar a dúbidas, a escola.
Esta exposición pretende ser un repaso e unha homenaxe a ese obxecto, a esa obra de arte que é o libro.
Dende o momento en que o home inventou a escritura un novo mundo de dimensións insospeitadas abríase ante el. O saber e os sentimentos tiñan agora unha perdurabilidade que a simple oralidade da palabra falada non podía concederlle.
Dende as táboas de arxila mesopotámicas con escritura cuneiforme, pasando polos xeroglíficos exipcios conservados en papiros, polos pergameos con caligrafía grega ata os codex ou códices de pergameo romanos, o libro e a escritura non deixou de evolucionar e de ir cobrando unha importancia cada vez maior. Xa na Idade Media os Códices eran verdadeiras obras de arte con miniaturas e debuxos que lles imbuían un valor incalculable. Este tipo de obras comezará o seu declive coa invención da imprenta no século XV que conseguirá que os libros deixen de copiarse a man e, ademais, comezarán a usar o papel como soporte principal dos escritos. Durante un tempo libros manuscritos e imprimidos conviven, pero os segundos acabarán impoñéndose por razóns obvias. Dende entón a publicación e difusión de libros non parou de crecer e, na actualidade, estamos a asistir a un novo cambio: a aparición do libro electrónico. Só o tempo nos dirá se este acabará substituíndo definitivamente ao libro imprimido.
A maioría de nós tivemos os nosos primeiros achegamentos ao libro, ou os nosos achegamentos máis "serios" na escola. Case todos recordaremos os libros nos que aprendidos a ler, os das nosas materias favoritas, os das nosas primeiras lecturas literarias e seguramente recordarémolos con cariño.
Na exposición poderedes ver como cambiaron os libros escolares en poucos anos e sorprenderédesvos ao ver como eran os dos vosos avós, pero tamén como son agora os dos vosos netos.

A exposición está organizada polo Centro Comarcal e a Asociación Cultural "O Irrio" de Castro Caldelas, con aportacións de xente da comarca. Permanecerá no Centro até o 31 de maio.
Esperamos que gocedes coa visita e non esquezades que:

?Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora.?
?El libro es como un jardín que se lleva en el bolsillo?
(Proverbio árabe)


Comentarios (1) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 16-03-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Un exemplo de mulleres traballadoras, fiando, tecendo, cosendo....O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e con este motivo fago esta entrada para que vexades o que facemos e o que valemos as mulleres, aínda que haxa quén non o recoñeza e as veces até nos mesmas:
A Muller debe ser completamente lavable pero non ser de plástico, ter mais de 200 pezas movibles, todas cambiables, e ser capaz de funcionar cunha dieta de calquera cousa e sobras, ter un regazo que poida acomodar 4 nenos ó mesmo tempo, ter un bico que poida curar dende un xeonllo raspado até un corazón roto, e fará todo con dúas mans soamente.
Cúrase soa cando está enferma e pode traballar días de 18 horas.
Non só é capaz de pensar senón tamén de razoar e negociar.
As lágrimas son a súa maneira de expresar a súa dicha, a súa pena, o seu desengano, o seu amor, a súa soidade, o seu sufrimento e o seu orgullo.
A muller ten forzas que marabillan ós homes.
Aguantan dificultades, levan grandes cargas, pero teñen felicidade, amor e dicha.
Sorrín cando queren berrar, cantan cando queren chorar, choran cando están felices e rin cando están nerviosas.
Loitan polo que creen, enfróntanse á inxustiza, non aceptan ?non? por resposta, cando creen que hai unha solución mellor.
Prívanse para que a súa familia poida ter.
Aman incondicionalmente.
Choran cando os seus fillos triunfan.
Alégranse cando as súas amizades conseguen premios.
Son felices cando escoitan sobre algún nacemento ou unha voda.
O seu corazón rómpese cando morre unha amiga.
Sofren ca perda dun ser querido, sen embargo son fortes cando pensan que xa non hai mais forza.
Saben que un bico e unha aperta poden axudar a curar un corazón roto.

Sen embargo hai un defecto na muller: QUE SE LLE ESQUECE CÁNTO VALE!!!!!!!!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
CURSOS PREVISTOS PARA OS SEGUINTES MESES
Un grupo de mulleres facendo ximnasia
Durante os meses de marzo, abril e maio, levaranse a cabo os seguintes cursos:

CURSO DE BOLILLOS: En marzo e abril, os luns de 17:00 a 19:00 h.

CURSO DE RESTAURACIÓN E PINTURA: En abril e maio, os venres, de 18:30 a 20:30.

CURSO DE XIMNASIA: Xa se ven desenrolando dende outubro e remata o sábado 27 de marzo.


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-03-2010 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
MARZO AIROSO
Un día de vento no Castro dende o Centro Comarcal
Pois ó mes de marzo tocóulle o aire ou o vento, de aí o refrán: "Marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio, florido e fermoso".
E ademais xuntei estes outros relacionados con este fenómeno atmosférico, do que tivemos constancia hai poucos días, a chamada "Cicloxénese explosiva":

Luna que sale colorada, próxima ventada.
De los santos hasta adviento, mucha lluvia y poco viento.
De Todos los Santos hasta Adviento, ni demasiada lluvia ni demasiado viento
Vento solan, auga na man.
Norte escuro, vendaval seguro.
Nordés polo serán, vento do sur pola mañán.
Ceo escamado, vendaval ó rabo
El viento junta la parva y el viento la desparrama.
El viento y el pez saltan casi a la vez.
Viento que sopla de tierra, en el mar da poca guerra.
Guárdate de la lluvia y el viento y del fraile fuera de su convento.
Tanto viento como haga, tanta agua.
Un viento conoce a otro.
Aire cierzo cuando llueve, llueve de cierto.
Aire colado a muchos ha matado.
Aire de Levante agua delante.
Aire de Tramontana agua mana.
Hasta que sople buen viento no hagáis mudamiento.
Cando chove e fai vento, pecha a porta e métete dentro.
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.
Auga miúda, vendaval que dura.
En marzo marzadas, aire frío e granizadas
Días de choiva e vento non saías a cazar que perderalo tempo.


Comentarios (2) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 04-03-2010 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0