Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Na reunión do sábado informóuse dos seguintes cursos que se van levar a cabo ata xuño: CURSO DE RESTAURACIÓN E PINTURA:
Tódolos venres de 18:30 a 20:30, ata o 5 de xuño. CURSO DE TAI CHI: Tódolos sábados de 18:00 a 19:00, dende o 28 de marzo ata o 30 de maio. CURSO DE BOLILLOS: Os mércores de 17:00 a 19:00, dende o 1 de abril ata o 27 de maio.
Anímate e participa. Só tes que apuntarte xunto de Meli.
O sábado día 14 ás 17:00 h, terá lugar no local da asociación, a reunión anual, para presentar o estado de contas, dar a coñecer as diferentes actividades previstas, así como organizar a excursión que tódolos anos se leva a cabo no mes de maio, e ademais atender ás distintas propostas feitas polas socias.
Con motivo deste día, fago esta entrada para que se vos suba a autoestima a tódalas mulleres estupendas que andades por aí , en especial ás "caracochudas" que, como o nome indica, xa a temos subidísima, pero non está de mais recordar certas cousas.
Que saibades que, a medida que envellecemos as mulleres, ganamos peso. Esto ocurre porque acumulamos moita información na nosa cabeza e chega un punto en que tanta información non cabe na nosa cabeza que se empeza a repartir por todo o corpo, entón o que pasa é que non sobran kilos senón que somos cultas, moi cultas, e ademais somos perfectas porque:
- Non nos quedamos calvas.
- Temos un día nacional e outro internacional.
- Podemos usar tanto color rosado como azul.
- Sempre sabemos que o noso fillo é noso.
- Temos prioridade nos naufraxios.
- Non pagamos a conta.
- Somos os primeiros rehéns en ser liberados.
- Se somos traicionadas, somos víctimas.
- Se traicionamos, eles son os cornudos.
- Podemos dormir cunha amiga sin ser chamadas homosexuais.
- Muller de embaxador, é embaxadora; marido de embaxadora ¿quén é?.
- Muller de presidente é a primeira dama; marido da presidenta ¿quén é?.
- Se decidimos facer traballos de homes, somos pioneiras; se un home decide facer traballos femeninos, é maricón.
E por último: Facemos toooodo o que o home fai e con TACÓNS MOI ALTOS...!!!
Coincidindo tamén con este día, hoxe ás 18:30 terá lugar no salón de actos do colexio de Castro Caldelas, a representación da obra de teatro: "Mulleres, Mulleres, Mulleres", feita polas mulleres do Castro en colaboración co C.I.M. O estreo foi en novembro e hoxe repítese. Estas mulleres ademais de traballadoras son tamén artistas.
Xa chegou o marzo e con moitos cambios, cambios no tempo, cambios na política, e cambios nos refráns.
Saquei esta idea de ir facendo unha entrada nova por cada mes, de Nito, un mestre de primaria que coñecín a través dun comentario que fixo no noso blogue na 1ª entrada dos refráns, e que tamén ten o seu: www.blogoteca.com/
galefas, no que podedes entrar, que está moi ben, e facer aportacións, onde veredes ademais o seu refraneiro popular.
Procuraremos non repetilos para que haxa mais variedade, anque a veces é difícil.
Estes son os de hoxe, outro día mais:
"Entre marzo e abril o cuco ha de vir, se o cuco non ven, o fin ten que vir".
"Marzo marzán á mañá cara de rosa e á noite cara de can".
"Marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso".
"Se por marzo canta a rá, no maio xa calará"
"Cando en marzo maiea, en maio marcea".
"Entre marzo e abril sae o cuco do cubil que coa neve non quere vir".
Anímate, que seguro que algún sabes, e se non é de marzo, non importa, pon o que saibas anque sexa mezclado cos meses, eso sí os dos meses gardaos para ir metendo na súa correspondente entrada.