Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTROIDO EN MONTEDERRAMO

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 16-02-2011 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
O SÁBADO 26 DE MARZO TERÁ LUGAR NO LOCAL DA ASOCIACIÓN ÁS 16:30 A ASAMBLEA XERAL ORDINARIA COS SEGUINTES ASUNTOS A TRATAR:
APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
PRESENTACIÓN DO ESTADO DE CONTAS.
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES.
ROGOS E PREGUNTAS.
Comentarios (0) - Categoría: Reunións - Publicado o 16-02-2011 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE JUDITH BRIOIS VÁZQUEZ










A exposición que acolle este mes e o seguinte o centro comarcal de Terra de Caldelas consta de 21 pezas que amosan o traballo da pintora de orixe francés Judith Briois. Nesta exposición ademáis das súas obras, a pintora quere que unha das súas alumnas poida exponer algún cadro. Tamén vai a expor un cadro do seu pai, coma homenaxe a el.

De orixen Francés, actualmente reside no Carballiño. Ademáis de amosar a súa creatividade coas súa obras, adícase tamén a ensinar a pintar a outras persoas e a facer retratos.

A exposición consta de pezas realizadas con distintas técnicas, podendo atoparse acrílico, óleo, acuarela e ata pintura en area.

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 10-02-2011 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
S. MATIAS ANDA CO ENTROIDO ÁS PORFÍAS
Entroido en Montederramo
Neste mes vou poñer os refráns do entroido porque, aínda que este ano cadra no mes de marzo, casi sempre é no mes de febreiro, ademais "o San Matías(24 de febreiro)anda co entroido ás porfías".

O antroido ao tizón, a Páscoa ao sol
Páscoas con quen quixeres, entroidos coas túas mulleres
Día de Antroido ou de Páscoa, cada papón na súa casa
O antroido coas súas artes, botou a San Matías fóra do martes.
Martes de antroido, cando has de vir; casquiñas de ovos, case habedes de ruxir.
Entroido larafuzán, coméchesme a carne e deixáchesme o pan.
Non todos os martes son días de antroido.
Día de Antroido e domingo de Pascua, cada larpeiro na súa casa.
Comentarios (1) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 02-02-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0