Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
O luns día 2 de marzo, en horario de 17:30 a 19:00 h, dará comezo un novo obradoiro con Déborah, a nosa dinamizadora da comarca. Nesta ocasión vai a ser sobre o Procesador de Textos, o Word. Vai ter lugar no local da asociación, cunha duración aproximada de 6 días. Anímate e participa. Podes apuntarte no Centro Comarcal:988204630 ou xunto de Amelia. Pode asistir quen queira, non só as socias, incluso homes. Logo, unha vez que empece o curso, entra na fotoblogoteca en "Obradoiros coa rede" e xa poderás ver as fotos dos asistentes ca súa profe.
Cando eu iba en 7º de E.X.B., veu un mestre xoven para Montederramo porque fallecera D. Xulio, que era o mestre que tiñamos para os cursos de 6º, 7º e 8º. Este mestre, que tamén me enterei que morreu hai pouco, chamábase D. Xesús Rguez Xares, e era moi bo, a mín sempre me daba sobresaínte e enseñóunos moitas cousas que nunca fixeramos: a tocar a flauta, facer un xornal, "A Caracocha", que agora seguen facendo no colexio, saídas ó campo..., en fin que era un sistema de educación completamente diferente ó que tiñamos cos mestres de sempre anque tamén eran excelentes; e ademais de todo esto, D. Xesús quería que fósemos recopilando refráns que logo íbamos lendo de vez en cando; e eu collía ós meus pais as noites longas de inverno, e íbanme dicindo, e aínda seguen, unha gran cantidade deles, que vou coleccionando; cada un novo que oigo, procuro apuntalo ou intento recordalo; e como estou sempre con iles na boca, Déborah propúxome facer esta entrada para que vaiades tamén vos facendo as vosas aportacións e entre todos fagamos unha nova colección. Para ir abrindo camiño, vou empezar polos relacionados cos meses, que hai moitos, e cada mes imos metendo os que saibamos, ademais de outros. Aí vai este, xa que este ano tivemos neve abondo: "Dura mais unha mala veciña que a neve febreiriña".
Lástima non poida ver esto D. Xesús, que seguro que lle faría moita ilusión.
Dende aquí o mais agarimoso recordo das súas antigas alumnas caracochudas.
No Centro Comarcal Terra de Caldelas están tendo lugar sesións de curtametraxes da Axencia Audiovisual Galega, tódolos sábados ás 18 horas.
Ademais tódolos meses hai diferentes exposicións temporais; este mes pódese visitar unha de pintura realista ó óleo, da pintora de Valga (Pontevedra), Ángeles Garrido.
Para mais información podedes chamar ó Centro Comarcal: 988204630, ou enviar un mail a: cctcaldelas@comarcasdegalicia.com