Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BO NADAL
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 23-12-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO CURSO DE INFORMÁTICA
Déborah, a dinamizadora tecnolóxica da comarca, está impartindo en Montederramo un novo curso de iniciación á informática e a internet. A foto corresponde os alumnos deste curso.
Moita xente de toda a comarca se puxo ó día cas novas tecnoloxías grazas á nosa Déborah, que leva traballando con nos 3 anos, e agora é unha mágoa que lle remate o contrato e que non poida seguir, pois hai moita mais xente interesada nestes cursos e outros que leva feito en todo este tempo, tal como: o procesador de textos, o manexo do tlf móvil, a cámara dixital, a creación de varios blogues (como por exemplo o noso)...
Ademais, tódolos anos, con motivo do día das letras galegas e do día de internet, levou a cabo varias iniciativas, que participaban nun concurso, das que sempre saíu gañadora; entre elas están: un concurso e exposición de fotografía antiga ca asociación de xubilados de Castro Caldelas, outro concurso titulado "Adiviña C@ldel@s" entre varias asociacións da comarca, resultando gañadora a nosa; tamén tivo unha iniciativa moi boa con 4 mulleres da nosa asociación,"Memoria de muller", etc.
En fin, que nos gustaría que continuase entre nos moito mais tempo, porque é moi traballadora e emprendedora e todos estamos encantados con ela.

Grazas por ser así Debo, non cambies, e volve pronto (bueno, aínda non te fuches).
Comentarios (7) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 13-12-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN NO CENTRO COMARCAL

NOVA EXPOSICIÓN NO CENTRO COMARCAL TERRA DE CALDELAS para o OUTONO FOTOGRÁFICO

DO 01/12/2009 Ó 15/12/2009
horario de 10:00 a 14 e de 16:00 a 19:00 de luns a venres e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00

*?Kallary Muscuy Warmi Wuankurishka / Antigos Soños de Mulleres Kichwas?*

Exposición sobre a vida das mulleres indíxenas kichwas da Amazonía Ecuatoriana que leva por título *?Kallary Muscuy Warmi Wuankurishka / Antigos Soños de Mulleres Kichwas?*, levada a cabo por *Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD* co apoio da *Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia*.

A presente proposta circunscríbese no ámbito dos Desprazamentos Imaxinarios e Conceptuais, nos que a loita permanente da nacionalidade Kichwa Amazónica intenta sobrevivir dentro dun mundo globalizado como pobo, como nacionalidade e como mulleres.

O acceso ás conquistas da mediciña contemporánea, principalmente na área da Atención Primaria tería sido difícil sen contar coa participación da comunidade e, principalmente do papel que desempeña a muller. Rol que se viu ampliando na medida que os xóvenes (homes) iniciaron a migración lenta, pero progresiva, ás cidades, na estratexia de supervivencia. Nesta última etapa sen elas teríase dado unha descomposición social da familia, a comunidade e das organizacións sociais nativas de incalculables efectos sociais, económicos e políticos. É por elo que a *MULLER KICHWA* converteuse nunha aliada fundamental nos procesos de desenvolvemento da súa comunidade. Ela sendo a responsable da reprodución social da identidade do seu pobo, na actualidade é a principal actriz da xeración das condicións apropiadas para o desenvolvemento da familia: como nai, como ecóloga, como curandeira e lideresa das relacións interculturais.

Coa difusión da presente mostra procuramos contribuir con experiencias concretas ao coñecemento e ao debate da sociedade galega sobre o novo rol da muller e o home kichwas nas relacións interculturais e poli funcionais ao interior das comunidades e na relación coa sociedade globalizada. Asimesmo, queremos incentivar o debate e potenciar a búsqueda das novas relacións de xénero: complementarias, solidarias, fraternais e sen nengún tipo de discriminación.

Os materiais para levar a cabo esta mostra son exclusivamente audiovisuais na modalidade de documental e fotográficos. A finalidade de ditos materiais é realizar unha exposición fotográfica e un visionado do documental coa idea de difundir a cultura, tradicións e empoderamento da muller kichwa, na procura da difusión da situación psicosocial da muller nas novas relacións de xénero.

Tanto o documental como a mostra fotográfica realizáronse pola Asociación RIOS e Paz e Desenvolvemento ONGD, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

A *Mostra Fotográfica*, froito do apoio de Luis Vera (fotógrafo Paraguaio de Cruz Vermella Suiza) e a colaboración de Raquel Clausí (fotógrafa Valenciana radicada en Granada e colaboradora puntual de Paz e Desenvolvemento), está composta por *34 fotografías de 33x50 cm.* realizadas en branco e negro e editadas en cartón pluma enmarcadas *e dous paneis informativos de 80 x 100 cm.,* onde se mostran diferentes aspectos da vida diaria das mulleres e nenas kichwa, especialmente vinculadas á seguridade alimentaria e a educación para a saúde intercultural.

O *documental* ten unha duración de 27 minutos. Nel se privilexia os novos roles da muller kichwa frente aos do home, dando importancia efectiva ao rol de liderazgo na comunidade e na organización. Tamén se dá importancia á identificación da problemática da saúde comunitaria, as estratexias implementadas desde o coñecemento tradicional e desde as solucións que plantea a medicina contemporánea. No enfoque do traballo predominan as concepcións de interculturalidade, equidade de xénero e se incorpora a visión filosófica kichwa da complementariedade e vinculación entre diferentes, pero en relacións indispensables de equidade e de respeto.



Comentarios (2) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 06-12-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
DECEMBRO MOLLADO, XANEIRO XEADO
As chuvias de Nadal, non fan mal.
Bo ano, Nadal soleado.
Se nadal nada, sinal de boa anada
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro.
Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro.
En decembro descansar e en Xaneiro traballar.
Nadal escuro, sementa no duro.
Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento.
Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal.
En Nadal todas as cousas andan mal.
Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val.
Pola Concepción ningunha galiña pon.
No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
Fías de Nadal, nen tecedeiras fan.
Nadal sen porco non veñan moitos.
Nadal e xaneiro, mitade e santeiro.
Nadal e xaneiro uzal e palleiro.
Comentarios (6) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 05-12-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
ESTANCIA NO BALNEARIO DE GUITIRIZ

O 29 e 30 estivemos un grupo de 15 mulleres dándonos unhos baños en Guitiriz. Metéronnos primeiro nunha bañeira de esencias moi relaxante e despois fomos ó club termal e probamos tódolos chorros; viñemos coma novas, desexando que a Xunta nos conceda outra subvención para volver.
O balneario está moi ben e tratáronnos de maravilla.
Aproveitando a viaxe visitamos o 1º día Lugo e o 2º de volta o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Podedes ver fotos de todo na fotoblogoteca.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2009 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0