Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Como o día 11 deste mes é o día de S. Martiño vou poñer os refráns que se refiren a el porque hai moitos:
1-Ajo ¿por qué no medraste?, porque por S. Martín no me sembraste.
2-Antes de S. Martiño pan e viño; despois de S. Martiño, fame e frío.
3-Ata S. Martiño aínda pinga o ramalliño, despois de S. Martiño, allo, fame e frío.
4-Castañas, noces e viño fan a ledicia do S. Martiño.
5-De S. Miguel a S. Martiño recóllese o pan e gárdase o viño.
De santos a S. Martiño van os capós ó calorciño
6-Do S. Martiño en diante nin crego nin estudante.
7-El viento que anda por S. Martín, dura hasta el fin.
8-En S. Martiño abre o pipote do viño.
9-En S. Martiño mata o teu porquiño.
10-En S. Martiño, pan e viño e de S. Martiño en diante fame e frío.
11-No S. Martiño acaba a sementeira e barra o viño.
12-No S. Martiño bebe o viño e deixa a auga pro muíño.
13-No S. Martiño hai que atestar con castañas e viño.
14-No S. Martiño porco e viño.
15-No S. Martiño remonta cada día un ferradiño.
16-O día de S. Martiño téstalle a tapa ó viño.
17-O día de S. Martiño, toma castañas e bebe viño.
18-O lema do S. Martiño é: pan, castañas e viño.
19-O verán de S. Martiño dura tres días e un pouquiño.
20-O veranillo de S. Martín dura 3 días e fin.
21-Quen queira ter allo fino que o poña por o S. Martiño.
22-Polo S. Martiño nin fabas nin liño.
23- ? proba o teu viño.
24- ? sempre quere o seu granciño anque sea pequeniño.
25-Polo S. Martiño veranciño, pola Sta Isabel (1 inverno a encher.
26-Polo S. Martiño trompos a camiño.
27-Polo S. Martiño abilla o teu viño.
28-Polo S. Martiño andan as noces a roliño.
29-Polo S. Martiño baixa á adega e bebe o viño.
30-Polo S. Martiño colle o porco polo fouciño.
31-Polo S. Martiño estrea os teus zapatiños.
32-Polo S. Martiño sementa o teu alliño.
33-Polo S. Martiño sempre chove para que non poidas beber o viño.
34-Polo S. Martiño vende o teu viño antes ó pipeiro co taberneiro.
35-Polo S. Martiño, nin fabas nin liño.
36-O veranillo do S. Martiño dura mentras o can lambe o fuciño.