Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OUTONO NAS TERMAS

A Secretaria Xeral para o Turismo e a Secretaría Xeral da Igualdade concedéunos unha subvención para o balneario de Guitiriz os días 29 e 30 deste mes, a través do programa "Outono nas Termas". Imos participar 18 mulleres da asociación e xa vos contaremos qué tal foi a experiencia.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2009 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA EXPOSICIÓN NO CENTRO COMARCAL

CÁSTOR VILLAR SABUCEDO EXPÓN AS SÚAS FOTOGRAFÍAS NO CENTRO COMARCAL DE TERRA DE CALDELAS
Durante o mes de Novembro

?CONTRASTES?
A exposición, que participa tamén no "OUTONO FOTOGRÁFICO",é unha recompilación do fotógrafo afeccionado, Cástor Villar Sabucedo, que recolle imaxes das súas viaxes polo mundo.

Comercial de profesión, a fotografía é a súa paixón e así o amosan as instantáneas que se exhiben nesta mostra composta por 28 fotografías a cor e branco e negro dun tamaño de 30 x 45.

Esta recompilación é un breve reflexo dalgunhas das súas experiencias dende que comezou a súa afición pola fotografía, tanto de paisaxes, natureza, retratos, etc.

Mostra nesta colección os ?CONTRASTES? existentes entre dous mundos cercanos pero totalmente opostos, como son a auga e a vida que ela representa expresada nas fotografías tomadas en Galicia e norte de Portugal, nos seus ríos e na riqueza da súa flora, enfrontado ó deserto e a dureza das condicións para desenvolver a vida nel que representan as fotografías do seu derradeiro viaxe a Marrocos, onde quedou abraiado pola beleza das súas paisaxes e a sinxeleza da súa xente ás que lles brinda unha homenaxe con imaxes cargadas de cor e forza.

Esta exposición poderase visitar no Centro Comarcal de Terra de Caldelas en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, de luns a venres, e os fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Para acadar máis información pódense poñer en contacto co persoal do centro comarcal no 988 204 630 ou no correo cctcaldelas@comarcasdegalicia.com.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 10-11-2009 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECCIÓN DA CURTA "TERRA DO MILLO"

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 05-11-2009 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO EN MONTEDERRAMO

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 04-11-2009 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
SE NOVEMBRO EMPEZA BEN, NADA É DE TEMER
Polo S. Martiño, castañas e viño.





Hai moitos refráns dedicados a S.Martiño pero eses poñeréinos no seu día. Agora van estes outros sacados, os que están en castelán, do libro: "Los mejores refranes españoles":
Vaites co mes, que empeza con Santos e acaba con San Andrés.
Día de tódolos santos (1) neve nos campos.
De santos a nadal é inverno natural.
Polo Santos o que sementa millo come cardos.
Día se Sta Catalina (25) neve na cortiña.
Se queres patacas comer, aplícate en novembro a recoller
No mes de mortos, non sache-la horta nin capes os porcos.
A últimos de noviembre coge tu oliva siempre.
Antes de noviembre la uva sin fruto quede.
A primeros de noviembre quién no sembró que no siembre.
De mitad de noviembre en adelante el invierno es constante.
Noviembre, mes de castañas, batatas y nueces.
Noviembre y enero tienen tempero.
Noviembre es de estío la puerta del frío.
Noviembre, si las flores dan, coge el azafrán.
Cuando noviembre acaba, el viento empieza.
Si noviembre empieza bien, confianza es de tener.
Si en noviembre oyes que truena, la cosecha siguiente será buena.
Niebla en noviembre trae el sur en el vientre.
Noviembre tronado, malo para el pastor, malo para el ganado.
Comentarios (5) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 03-11-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0