Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estancia no balneario de Cuntis

O SÁBADO 9 E O DOMINGO 10 DE NOVEMBRO un grupo de Caracochudas imos a disfrutar do balneario de Cuntis. Cada ano probamos un diferente e este ano imos a coñecer este, unha actividade que levamos facendo desde o ano 2009 e que nos permite compartir un fin de semán xuntas e mellorar ademais a nosa saúde.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Asociación - Publicado o 29-10-2013 17:33
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 09-10-2013 17:17
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 09-10-2013 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
O Sil leva a auga e o Miño a fama.

Como corresponde, neste mes tócalle ós refráns que empezan por "o":
1. O abad do que canta xanta.
2. Ó agradecido, mais do pedido.
3. O aldeán galego por unha cunca de leite quere outra de aceite.
4. O amo imprudente fai ó mozo neglixente.
5. O bidueiro arde no bulleiro.
6. Ó bo calar chámanlle sancho.
7. Ó bo pagador non lle dan prendas.
8. O bo pano, na area véndese.
9. O boi solto ben se lame.
10. O cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido.
11. O caldo en quente, a inxuria en frío.
12. O can do hortelano non quere as mazás para si nin para o seu amo.
13. O cardo que ha de picar, con espiña nace.
14. O caro é o que sabe.
15. O casado casa quere.
16. Ó catarro dalle co xarro.
17. O cebo é o que engaña e non a caña.
18. O coello ido o consello vido.
19. O comer e o rascar vai no empezar.
20. O cortés non quita o valente.
21. O criado e o amo só serven por un ano.
22. O dar é honor, o pedir dor.
23. O diñeiro do pobre dúas veces se gasta.
24. O exceso de vicio saca a porta do quicio.
25. O falar todo é parola.
26. O fillo da cabra cabrito ha de ser.
27. Ó freír será reír.
28. O fumo vai para o fumeiro e o grande burro váiselle ó eido.
29. O fumo vai para o seu luar e a grande pandorca déixase estar.
30. O golpe da sartén aínda que non doe, tizna.
31. O gusto danado xulga o doce por amargo.
32. O hábito non fai ó monxe.
33. Ó home rico ándalle ben o pico pero se é pobre ou se cansa ou se dorme.
34. Ó labrador descuidado, os ratos cómenlle o sementado.
35. O leite sen pan ata a porta vai.
36. O lume apágase con auga pero a auga non se apaga con nada.
37. O mal atrae ás moscas.
38. O mal camiño andalo pronto.
39. O mal e o ben á cara ven.
40. O mal vaia e veña e o ben nunca se perda.
41. O medo garda a viña.
42. O mellor desprezo é non dar aprecio.
43. O mellor escribano bota un borrón.
44. O mellor mariñeiro morre no mar onde ninguén se pode descoidar.
45. O morto ó hoio e o vivo ó bolo.
46. O ollo do amo engorda ó cabalo.
47. O olvidado nin agradecido nin pagado.
Comentarios (0) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 01-10-2013 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0