Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTANCIA NO BALNEARIO DE LAIAS

O LUNS E MARTES 5 E 6 DE NOVEMBRO volvemos de balneario, nesta ocasión a LAIAS. Temos a chegada ó balneario o luns a partir das 16:00 horas e a saída o martes ás 12:00 que é cando hai que deixar as habitacións libres.

O prezo, incluindo unha noite de aloxamento en habitacións dobres, a cea, o almorzo do día seguinte, o uso libre das piscinas termais ata as 19:00 do 1º día e ata que nos vaiamos o 2º día e a bañeira hidromasaxe, son 47 ?, mais caro que en Arnoia porque o hotel de Laias e de Lobios son de 4 estrelas e o de Arnoia de 3. A maiores disto si alguén quere facer algún tratamento ofrecen á súa vez un desconto dun 20% en cada un.

Hai que levar, como sempre, bañador, gorro de baño e chanclas; a toalla e o albornoz xa nolo prestan alí.

Pagaremos 50 ? en lugar de 47, 3 ? mais para a axuda do autobús, para redondear, e o resto xa corre a cargo da asociación e deixamos na conta o que sobre para ter algo a que botar mao se nos fai falta ata fin de ano, que despois, a partir de xaneiro, xa empeza de novo o pago das cuotas das socias e xa volvemos repoñer pois últimamente son os únicos ingresos que temos.

Hai que apuntarse xunto de Amelia. O plazo é ata o 30 de outubro, e pagar xa se paga no balneario.

Saímos de Montederramo o luns día 5 ás 14:30, xa comemos polo tanto na casa, e chegamos de novo o martes día 6 sobre as 14:00 para xa volver a comer á casa, así aforramos en comer de restaurante, o traballo de buscar onde comer ben e barato e así só botamos 24 horas fora da casa por si nos estrañan moito os maridos, por si hai outras ocupacións e ademais as que imos a Ioga aínda o podemos aproveitar tamén ese día. Non se pode gastar todo nun día, haberá que ir gardando algo para o sucesivo e repartindo os cartiños para outras actividades.
Comentarios (1) - Categoría: Actividades Asociación - Publicado o 24-10-2012 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
XIX FEIRA DA CARNE EN MONTEDERRAMO

XIX EDICIÓN DA FEIRA DA CARNE EN MONTEDERRAMO O 12 DE OUTUBRO, COMO TÓDOLOS ANOS.
NON FALTEDES POIS ESTE ANO CADRA ESTUPENDAMENTE EN VENRES, CÓMESE MOI BEN (EMPANADA DE CARNE, CARNE Ó CALDEIRO, CARNE RICHADA, PAN, VIÑO DA RIBEIRA SACRA, ...BICA, E LICOR CAFÉ), ESTÁ TODO MOI BO E ABUNDANTE E MOITA FESTA DESDE A MAÑÁ ATA AS 20:00 H APROXIMADAMENTE, AMENIZADO TODO CON CHARANGAS, ADEMAIS COINCIDE CA FEIRA MENSUAL QUE SE CELEBRA TÓDOLOS 12 E 28 DE CADA MES, CON PULPEIRAS E VENDEDORES AMBULANTES DE ROUPA, CALZADO, FRUTA.......
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Montederramo - Publicado o 05-10-2012 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
POLO S. SIMÓN COLLIDAS AS UVAS SON

O día 28 deste mes é o día de S. Simón e como teño moitos refráns relacionados con este santo, aí van:
De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón.
A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón.
Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
As avenidas de San Simón, sonadas son.
As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois. 29
Polo San Simón, poñer o tapón; e polo San Martiño, proba o teu viño.
As cheas de San Simón, sonadas son.
Polo San Simón, suca, varón.
Polo S. Simón aperta o baldón.
Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
Polo san Simón, áncoras ó fondón.
Por S. Simón siembra el buen labrador.
Por S. Simón cada mosca vale un doblón.
Por S. Simón níspero a su razón.
Por S. Simón proba o viño e o porco polo S. Martiño.
Por S. Simón siembra varón, por todos los santos con ambas manos
Por san Simón a xeira do cogordón.
Por San Simón cada moneda vale un doblón.
Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas.
Por san Simón o néspero se repón.
Por San Simón, camiñar si, navegar non.
Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Asi como eles son santos, traian os trebóns mansos.
San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
Comentarios (0) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 03-10-2012 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0