Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Dende o Ministerio do Interior, estase a levar a cabo un Programa chamado ?PLAN MAIOR: SEGURIDADE?, que ten coma obxectivo principal mellorar a seguridade dos nosos maiores.
Unha das medidas que se van levar a cabo con este Programa, é a impartición de charlas informativas, nas que se tratarán temas como:
-Previr as principais ameazas que afectan á seguridade das persoas maiores (maltrato nas súas diferentes vertentes; robos e hurtos, singularmente no entorno de entidades bancarias; e estafas)
- Fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e favorecer que denuncien calquer actuación delictiva que lles afecte.
- Perfeccionar a resposta policial na súa atención ás persoas maiores.
Etc.
Así, neste noso Concello impartiranse dúas Charlas:
-DÍA 6 DE OUTUBRO (XOVES), ÁS SEIS DA TARDE, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO
-DÍA 13 DE OUTUBRO (XOVES), ÁS SEIS DA TARDE, NO LOCAL SOCIAL DE VILARIÑO FRÍO.
XVIII EDICIÓN DA FEIRA DA CARNE EN MONTEDERRAMO: PROGRAMA 2011:
Martes 11:
"Quentando os Fogóns". En esta jornada víspera de la "Feira da Carne", se celebrará la "III Festa da Xuventude" que comenzará a partir de las 20.00h.
Miércoles 12:
A partir de las 13.00h tendrá lugar la apertura de la carpa donde tendrá lugar la comida. Los asistentes podrán degustar:
-empanada
-"carne ó caldeiro"
-"carne richada"
-bica y pan de la zona
-vino de la zona (ribeira sacra)
El precio de las entradas por persona es de 15 euros y se pueden adquirir en la Oficina de Turismo de Montederramo.
A este mes tocáronlle os refráns das castañas porque: "Por san Quintín(31 de outubro)castañas ó rolín"
Antes de asar as castañas, olla se están ben amosegadas, que si che estoupan ó lume sáltanche á cara.
A castaña quere no agosto arder no setembro beber.
A castaña e o besugo no febreiro están en xugo.
A castaña que está no camiño é do veciño.
Con castañas asadas e viño novo, xa non morre o pobo.
Se o mes de agosto ven claro, bo magosto e bó nabo; se ven nubrado, pouca castaña e o nabo furado.
Sempre ó porco mais ruín halle tocar unha castaña boa.
Se chove en agosto non hai magosto.
Se hai nubeiro o día de S. Pedro Fiz (1 de agosto), castaña furada e nabo ruín.
Se queres viño, planta o teu bacelo; se queres castañas, que as plante o abuelo.
Se ves moito ourizo non fagas carrizo.
Temprana es la castaña que por septiembre regaña.
Sempre o porco ruín ha de topar cunha boa castaña.
Polo S. Cibrán (16 setembro), castaña en man.
O domingo 9 de outubro iremos ó balneario de Augas Santas en Ferreira de Pantón.
Saímos de Montederramo ás 9:30. Primeiro imos a Monforte para visitar algúns lugares de interese como o Colexio dos Escolapios, (o que lle chaman ?O Escorial galego?, por ser de estilo Herreriano como o Escorial, e tamén como o noso mosteiro), o Mosteiro de S. Vicente de Pino, hoxe convertido en Parador de turismo, ca súa igrexa, e o castelo ca Torre da Homenaxe, ata ás 12:15, porque ás 12:30 temos que estar no balneario e alí faremos o circuíto acuático con piscinas termais con chorros, cuellos cisne, cascadas, camas de oxixenación, piscina de contraste, jacuzzi, camas quentes e ademais a sauna e o baño turco.
Comemos alí e logo pola tarde visitaremos o Mosteiro cistercense de Ferreira de Pantón o único habitado de tódolos da Ribeira Sacra por monxas Bernardas, e logo xa regresamos ós nosos fogares.