Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
En octubre, toma os bois e cubre.
En octubre a terra esterca e cubre.
En octubre non molesta o lume.
En octubre, o primeiro, repón o teu capero.
Octubre as mellores frutas pudre.
Se octubre reflexa, aguza a rexa.
Se neva en octubre, sete meses cubre.
A lúa de outubre mata ó seu dono.
Por S. Lucas (18) o azafrán a pellucas.
Otoñada segura S. Francisco (4) a procura.
Polo Pilar , os nabos na terra e o viño a envasar .
Polo S. Lucas saben as uvas porque hai poucas ou ningunhas.
Por S. Lucas alza o boi da suca e mata o porco e tapa a cuba.
Polo S. Francisco o trigo do monte, ou nado ou no cisco.
En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
Por Sta Teresa (15) as nubes traen agua ás presas.
Polo san Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
Polo san Lucas saben ben as uvas.
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
Como en anos anteriores, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, nos concedeu o programa ?Tempos de Mulleres III?, e durante os meses de outubro e novembro levaranse a cabo os seguintes obradoiros:
OUTUBRO
TEMPOS DE MULLERES III ? VENRES 2 E 9, DE 16:00 A 18:30.
POTENCIANDO O NOSO CORPO - SÁBADOS 10, 17, 24 e 31, DE 17:00 A 19:00.
Obradoiro de Ximnasia de Mantemento con clases teóricas e prácticas.
COÑECÉMONOS, A NOSA HISTORIA ? MÉRCORES 14 E 21, DE 17:00 A 19:00.
NÓS TAMÉN SOMOS ESCRITORAS - XOVES 15, DE 16:00 A 20:00.
NOVEMBRO
A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE - LUNS 16, DE 16:30 A 18:30.
CREATIVO E DE XÉNERO ? VENRES 20 E 27, DE 19:15 A 21:45.