Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS DO CONCURSO "ADIVIÑA CALDEL@S"
Algúns dos asistentes ó acto
O xoves 28 de xaneiro terá lugar no Centro Comarcal ás 18:00 horas, a entrega de diplomas e premios ós participantes do concurso "Adiviña Caldel@s", levado a cabo por Déborah, a dinamizadora da comarca, coa colaboración de Dori e Amelia, xestoras do Centro Comarcal, e no que participaron 37 persoas das diferentes asociacións da comarca, resultando como gañadoras, de entre todas elas, as concursantes da nosa Asociación "A Caracocha", ás que xa se lle entregou ademais o seu premio particular. Pero agora, como esta iniciativa da nosa Déborah, volveu a resultar gañadora de entre tód@los/as demais dos/as distintos/as dinamizadores/as, ó igual que o ano pasado a iniciativa de "Recordos", levada a cabo ca Asociación de Xubilados de Castro Caldelas, por eso temos este acto no que cada un/unha levará o seu diploma, e como non hai premios para todos, farase un sorteo diante dos asistentes.
Ogallá Déborah siga gañando moitos mais premios porque así, de paso, tamén os gañamos os demais. É unha sorte ter unha persoa tan eficiente entre nos.

Así que xa sabedes, os que participastes, vémonos ese día.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 25-01-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE FOTOS DA FESTA DOS FACHÓS






Durante o inverno do 2007 tivo lugar no Centro Comarcal TERRA de CALDELAS un curso de Fotografía Dixital organizado pola Fundación Comarcal ó que asistiron veciños da Comarca.

O 19 de Xaneiro, durante a celebración da Festa dos FACHÓS, os alumnos e profesores do curso realizaron un bo número de fotografías seleccionadas agora nunha exposición que serve, ante todo, para agradecer o entusiasmo demostrado durante o curso de todos os participantes, e ó mesmo tempo, para dar a coñecer a propia festa dos FACHÓS a aqueles que só veñen durante o mes de Agosto por estas terras Caldelás.

Así é a festa do ?lume? en honor o San Sebastián.
FACHÓS: 19 de Xaneiro
¡¡ Estades todos invitados !!
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 15-01-2010 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
XANEIRO XIADEIRO
A fonte de Montederramo cuberta de xiada e carambelo.
Este ano imos adicar os refráns ó tempo; cada mes vai ir referido ás diferentes condicións meteorolóxicas. Ó mes de xaneiro tocalle a "xiada", tal como vedes no título do artigo, pois a maioría dos refráns referidos á xiada son de xaneiro, xa que é cando mais xía. Así que xa sabedes, se este mes aportades algún refrán nos comentarios desta entrada, ten que referirse á xiada. Aí van os que teño de momento:
O mes de xaneiro é o xiadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
Xaneiro, xiadeiro; febreiro fervedeiro; marzo pelarzo; abril co día no cubil.
Xaneiro, xiadeiro, febreiro, grileiro.
Xaneiro, xiadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.
Se o Nadal vén mollado, o xaneiro vén xeado.
En enero, se hiela el agua en el puchero y la vieja en el lecho.
Enero helado y febrero aguado
A xeada de febreiro mata a vaca e mailo leiro.
Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoán caloroso, que fai o ano fermoso
Tantos días de xeada en Nadal como días de sol en San Xoán.
Se xea o día de Candelas sesenta noites detrás dela.
Febreiro, xeada na leira e cachopo na laleira
Las nieblas de marzo, serán heladas en mayo.
Ano de xeadas, ano de anadas.
En xaneiro xéase a auga no pucheiro.
Se xia ben por xaneiro, moito chove por febreiro.
Xeada de abril, rara pero baril.
Dice la oveja en febrero: ?hiele, hiele hasta que el rabo se me pele?, y responde el buey: ?lluvia, lluvia, lluvia, hasta que el cuerno se me pudra.
Heladas en marzo favorecen los sembrados.
En abril la helada sigue a la granizada.
Heladas de enero nieves de febrero neblinas de marzo lluvias de abril aires de mayo sacan florido al año.
Decembro mollado, xaneiro xeado.
Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba
Chove, chove, na casa do pobre; xía, xía na casa García; sarabea na casa de Brea; neva na casa Varela.
Cando xía na Lama, chuvia na cama.
Antes le falta el padre al hijo que la helada al granizo.
En diciembre, se hielan las cañas y se asan las castañas.
Por todos los Santos (1 de noviembre), hielo en lo alto; por San Andrés (30 de noviembre), hielo en los pies
Tantas heladas habrá en mayo como nieblas hubo en marzo
Los hielos por la Encarnación (25 de marzo) los últimos son, si no sale marzo respondón.
Hasta San Urbano (25 de mayo), no está libre de hielos el hortelano.
Por San Vicente (22 de enero), helada o corriente.
Comentarios (6) - Categoría: Refraneiro popular - Publicado o 10-01-2010 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
CINE NO CENTRO COMARCAL

A asociación cultural "O IRRIO" de Castro Caldelas e o Centro Comarcal organizan para este nadal sesións de cine pola tarde ás 16:30. Si vos acercades polo centro poderedes ver casi todas as pelis de Tim Burton.
Até o 10 de xaneiro.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 07-01-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DE FOTOS E XOGUETES ANTIGOS

Poder disfrutar de los recuerdos de la vida es vivir dos veces.
Marco Valerio Marcial. (40-104) Poeta latino.

Recordar: del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón.
Eduardo Galeano, periodista e escritor uruguayo.

Eran outros tempos: exposición de fotos e xoguetes doutras épocas.

Non fai tanto tempo as cousas eran bastante diferentes a como son agora. Xogabamos máis na rúa, non viamos tanto a tele, os amigos saían de parranda cos seus instrumentos e pensar nun teléfono móvil era practicamente ciencia ficción.
Non fai tanto tempo por estas terras non viña o Papá Noel e, sen embargo, os nenos esperabamos cunha ilusión infinita a chegada dos Reis. O día 5 de Xaneiro cantabamos e despois de cenar metiámonos na cama co corazón acelerado tentando durmir o máis cedo posible para que a noite pasase veloz. Ó espertar non tiñamos 20 paquetes no zapato, pero valorabamos o pouco ou moito que as Súas Maxestades tiveran a ben traernos.
Non fai tanto tempo os Madelmanes eran a última moda, as bonecas de Famosa as máis codiciadas, o scalextric o máis desexado? Moitos destes xoguetes xa non existen ou mudaron de aspecto, por eso os rapaces de antes queremos renderlle hoxe unha pequena homenaxe con esta exposición.
Esperamos que vos guste.
Agradecementos a todos aqueles nenos e nenas de antes que nos prestaron os seus xoguetes ou as súas fotos.

Organizada polo Centro Comarcal e a Asociación Cultural "O Irrio" de Castro Caldelas.

No Centro Comarcal Terra de Caldelas, até o 13 de marzo a de xoguetes e até o 31 de marzo a de fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades Centro Comarcal - Publicado o 04-01-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0