Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Charla sobre as actividades productivas no medio rural
Participantes en "Tempos de Mulleres II"De novo este ano a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, concedéunos o programa "Tempos de Mulleres III", e o martes día 27 de xaneiro, de 17 a 19 h, teremos xa a 1ª charla sobre o qué pode producir o medio rural. O resto do programa levarase a cabo nos meses de setembro-outubro.
Na foto podedes ver algunhas das asistentes ó programa "Tempos de Mulleres II" que se desenrolou o ano pasado. E na fotoblogoteca tedes algunhas mais.
Comentarios (6) - Categoría: Charlas - Publicado o 24-01-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de pintura e restauración
Obras de varias socias



Agora estase levando a cabo tódolos venres en horario de 18:30 a 20:30, un curso de manualidades, que se ven realizando xa hai anos durante aproximadamente 4 meses e que ten moi boa acollida por parte das socias. Podedes ver mais fotos dos traballos feitos e das artistas, na fotoblogoteca.
Comentarios (2) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-01-2009 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ata saímos na prensa
Noticia publicada en  "La Voz de Galicia"
Xa somos famosas, hoxe saímos na Voz de Galicia e a todo color, nunca se viu outra polo estilo. Déborah, a dinamizadora, mandou a noticia ós medios, e, de momento, que nos saibamos, só saímos aquí, pero se cadra aínda aparecemos outro día; se así sucede, e se nos enteramos, xa vos informaremos. Olvidáronse de poñer a dirección do blogue, anque Déborah mandoulla, pero xa moita xente a coñece e senón que pregunten ou que a busquen.
Comentarios (15) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2009 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
O significado do nome da asociación
"A Caracocha", para os que non o saiban, é a árbore que aparece nas fotos da cabeceira do blogue, e que deu nome á nosa asociación. Esta árbore está, como vedes, na praza do pobo, e ten aproximadamente 400 anos. Considerábase árbore sagrada, símbolo de pureza e divinidade, porque o muérdago só podía ser cortado cunha fouce de ouro.
Ademais, onde aparece a primeira mención ó nome Ribeira Sacra, foi nun documento que entregou no ano 1124 a fundadora Dona Teresa de Portugal, ó abade do mosteiro, e este nome era ?Rovoira Sacrata?, vocablo latino que significa, ?un lugar onde había un roble ( carballo en galego), de aí que o mosteiro fose construído ó lado do carballo, que hoxe xa non se conserva, pero que agora temos ?A Caracocha? no seu lugar, e que pasou a ser tamén símbolo do escudo do concello de Montederramo, que aparece reflexado en diferentes partes do mosteiro e incluso no escudo do Cister, a orde á que pertenceu o mosteiro.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2009 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
As alumnas ca profe
Elisa, Asun, Déborah, Carmen e Meli
Como queríamos saír todas na foto con Déborah, e non tiñamos quen nola sacase, Carmen foi buscar a Toño, o alcalde, e sacóunola el, por certo moi favorecidas.
Comentarios (8) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 13-01-2009 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Creación do noso blogue
Meli, Carmen, Asun, Elisa, Angeles
Que vos parece, en vez de estar nas rebaixas, estamos aquí aprendendo a facer o blogue da nosa asociación, mortiñas de frío, pero moi gustosas de aprender cousas novas con Déborah, que é unha excelente profe.
Ademais a principal motivación é amosar as distintas actividades que realizamos tódalas integrantes da asociación.
Aquí vai a primeira foto das que fan posible a entrada deste blogue.
Comentarios (13) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 08-01-2009 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0