Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Estas fotos son da estancia na Residencia de Tempo Libre de Patos os días 18 e 19 de novembro de 2007, 4 e 5 de outubro de 2008, 27 e 28 de xuño de 2009, onde tivemos varios obradoiros; e tamén da visita a Mondariz na primeira viaxe, onde sacamos unha foto con Sancho Gracia e o bollazo do fillo Rodolfo Sancho; e ó castelo de Villasobroso en Ponteareas, na segunda viaxe de volta á casa; e Baiona e as Termas de Ourense no 2009.