Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIAXE A COIMBRA E AVEIRO

O día 10 fomos de excursión a Coimbra e Aveiro, 45 mulleres, 8 homes e 2 nenos, en total 55 persoas. É algo lonxe para facelo só nun día e tivemos que andar a cen para poder ver algo, pero aínda así visitamos o mais importante, a Catedral de Coimbra, a universidade, cunha biblioteca impresionante, a capela de S.Miguel, cas súas paredes de azulexo, típicas de Portugal e a Cidade dos Pequeniños, que tamén nos encantou, cas súas casiñas, monumentos, e pezas de museo en miniatura. Comemos o bacalhao que estaba moi bó, e pola tarde fomos a Aveiro, a Venecia Portuguesa, onde vimos os seus canais cas góndolas, a catedral e un Centro Comercial aberto con tendas de moda, moi bonito, todo con arcos de pedra. Podedes ver fotos de todo na fotoblogoteca.
E regresamos ós nosos fogares á 1:00 da madrugada, cantando e contando contos no autobús sen parar, e organizando xa a seguinte.
Comentarios (6) - Categoría: Excursións - Publicado o 14-05-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
6 Comentario(s)
1 Manolo, ¡dichoso tu entre todas las mujeres!. Bueno nesta ocasión está tamén o Serafín de Ferrón alá atrás, pero xa non é a primeira vez que é o único home entre mulleres, non nos ten medo, abandona á Pili, que a pobre anda mal d#blgtk08#as pernas, e vaise cas outras a ver cousas; en Aveiro podédelo ver en case todas soíño á nosa beira.
Que poida estar entre nós moito tempo, que nos acompañe ás excursións e que non se lle enfade a muller por deixala sola.
Comentario de Melita (15-05-2009 19:08)
2 Que ben o pasades,que envidia(pero sana)estame nentrando ganar de ir a min tamen,jeje.Ideal a cidade dos pequeniños,non?e de Aveiro xa tiña es#blgtk08#coitado que era moi bonito.Agora a proxima excursion polo sur de Pontevedra q tamen hai moito que ver.

saudos...seguide asi!!!
Comentario de ARANTXA, Ponteareas (18-05-2009 23:51)
3 Ben, pois a mín entroume a curiosidade por coñecer a Amelia. Estás na foto?#blgtk08#r /> Pouco a pouco ireivos coñecendo a todos polos comentarios que facedes.
Comentario de Nito (26-05-2009 19:56)
4 Meli é a da cazadora vermella na primeira fila, a que está agarrando #blgtk08#o seu marabilloso bolso de Adolfo Domínguez!!!! Jejejejeje, bicossss
Comentario de Déborah (27-05-2009 11:22)
5 Ola Nito, pois si que estou na foto, son a de roxo da esquina que está agachada diante, e se entras na fotoblogoteca verasme en moitas mais, aínda que a maioría son sacadas por mín, unha fotógrafa profesio#blgtk08#nal, ji, ji, ja, ja..., menos mal que agora as cámaras o fan todo e pódese borrar o que esté mal, porque antes cas outras, moitos cartiños gastei e para, ó mellor, non aproveitar case nada.
Saúdos.
Comentario de Amelia (27-05-2009 11:38)
6 Pois agora xa #blgtk08#che fago cara.
Comentario de Nito (27-05-2009 16:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal