Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIAXE A BETANZOS, SOBRADO DOS MONXES.....

Comentarios (0) - Categoría: Excursións - Publicado o 11-05-2011 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

O día 16 fomos un grupo de 100 persoas do Arciprestazgo de Caldelas, a gañar o Xubileo a Santiago de Compostela.
Saímos ás 8 da mañá de Montederramo. Ó chegar fomos directos á Catedral e despois pola tarde, até as 20:00, andivemos de paseo por Santiago: o casco histórico, o Museo do Pobo Galego.... Regresamos ós nosos fogares ás 23:00 h felices e contentos pois todo saiu moi ben e tivemos un día moi bo, ata non choveu, cousa rara en Santiago.

Tedes mais fotos na fotoblogoteca en "Peregrinacións ca parroquia".
Comentarios (1) - Categoría: Excursións - Publicado o 22-06-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE A COIMBRA E AVEIRO

O día 10 fomos de excursión a Coimbra e Aveiro, 45 mulleres, 8 homes e 2 nenos, en total 55 persoas. É algo lonxe para facelo só nun día e tivemos que andar a cen para poder ver algo, pero aínda así visitamos o mais importante, a Catedral de Coimbra, a universidade, cunha biblioteca impresionante, a capela de S.Miguel, cas súas paredes de azulexo, típicas de Portugal e a Cidade dos Pequeniños, que tamén nos encantou, cas súas casiñas, monumentos, e pezas de museo en miniatura. Comemos o bacalhao que estaba moi bó, e pola tarde fomos a Aveiro, a Venecia Portuguesa, onde vimos os seus canais cas góndolas, a catedral e un Centro Comercial aberto con tendas de moda, moi bonito, todo con arcos de pedra. Podedes ver fotos de todo na fotoblogoteca.
E regresamos ós nosos fogares á 1:00 da madrugada, cantando e contando contos no autobús sen parar, e organizando xa a seguinte.
Comentarios (6) - Categoría: Excursións - Publicado o 14-05-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
PEREGRINACIÓN A QUINTELA DE LEIRADO
En Nosa Sra da Guía
O día 1 de maio fomos a gañar o Xubileo de S. Pablo, con motivo da conmemoración dos seus
2000 anos, a Quintela de Leirado, pois é a
única iglesia da diócese adicada a el.
Foi unha peregrinación do arciprestazgo de Caldelas pero só fomos xente do concello de Montederramo, acompañados polo arcipreste, D. Mario, e polos sacerdotes das nosas parroquias,
D. Andrés e D. Pablo.
Visitamos ademais as igrexas de Leirado e pola tarde fomos a Nosa Sra da Guía, ó Balneario de Arnoia, a Ribadavia, onde demos un paseo polo barrio xudeo e tamén vimos moitas igrexas: a
de Santo Domingo, a do Portal, a de S. Juan, Santiago, a da Magdalena etc.
Foi un día moi entrañable e pasámolo moi ben. Podedes ver algunhas fotos na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: Excursións - Publicado o 03-05-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN A PORTUGAL
Saída de Montederramo ás 7:30. Tras realizar as paradas necesarias, chegaremos a COIMBRA.
Poucos praceres hai comparables a percorrer Coimbra e perderse polos seus callexóns, contemplando as moitas marabillas que xalonan esta cidade, que ve pasar o tempo desde a marxe dereita do río Mondego.
A Torre do século XVIII de 34 m de altura e O Arco de Almedina son os referentes do centro da cidade, aínda que tampouco podemos esquecernos dos seus numerosos conventos e igrexas, entre as que destacan especialmente: A Catedral Románica Sé Velha e a Capela de San Miguel do s. XVI. Os palacios da Universidade de Coimbra fundada en 1290, sendo a universidade máis antiga de Portugal, os seus museos e xardíns son de tal beleza que non é de estrañar que os estudantes entonen con suprema delicadeza os fados que resoan en cada recuncho de Coimbra.
Comida pola zona.
Unha parada obligatoria é o paseo polo parque temático Portugal dos Pequeninhos, construído en 1950 con maquetas en miniatura cos principais edificios do país.
Ademais, para os amantes da observación de aves, A Mata do Choupal, a beiras do río Montego, alberga a maior colonia de milanos de Europa.
Por todo iso, ao marcharnos de Coimbra quédanos a sensación de gozar dunha das cidades máis belas de Portugal.
Xa iniciando a viaxe de regreso, faremos unha parada en AVEIRO, tamén chamada A Venecia Portuguesa polas canles que atravesan a cidade e as góndolas de cores que as percorren.
Un pobo pesqueiro digno de coñecer.
Logo desta pequena parada, iniciaremos a nosa viaxe de regreso aos nosos fogares.

PREZO PARA 40 PERSOAS: 45 ?
*As socias só pagarán 25 ? (o resto págao a asociación).
INCLÚE : AUTOCAR GRAN TURISMO +VISITAS INDICADAS CON GUÍA+ ACOMPAÑANTE+ COMIDA+SEGURO DE VIAXE.
Comentarios (2) - Categoría: Excursións - Publicado o 13-04-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0