Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.

casino contador de visitas

O noso contacto
ascaracochudas@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVO CURSO DE INFORMÁTICA
Déborah, a dinamizadora tecnolóxica da comarca, está impartindo en Montederramo un novo curso de iniciación á informática e a internet. A foto corresponde os alumnos deste curso.
Moita xente de toda a comarca se puxo ó día cas novas tecnoloxías grazas á nosa Déborah, que leva traballando con nos 3 anos, e agora é unha mágoa que lle remate o contrato e que non poida seguir, pois hai moita mais xente interesada nestes cursos e outros que leva feito en todo este tempo, tal como: o procesador de textos, o manexo do tlf móvil, a cámara dixital, a creación de varios blogues (como por exemplo o noso)...
Ademais, tódolos anos, con motivo do día das letras galegas e do día de internet, levou a cabo varias iniciativas, que participaban nun concurso, das que sempre saíu gañadora; entre elas están: un concurso e exposición de fotografía antiga ca asociación de xubilados de Castro Caldelas, outro concurso titulado "Adiviña C@ldel@s" entre varias asociacións da comarca, resultando gañadora a nosa; tamén tivo unha iniciativa moi boa con 4 mulleres da nosa asociación,"Memoria de muller", etc.
En fin, que nos gustaría que continuase entre nos moito mais tempo, porque é moi traballadora e emprendedora e todos estamos encantados con ela.

Grazas por ser así Debo, non cambies, e volve pronto (bueno, aínda non te fuches).
Comentarios (7) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 13-12-2009 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
AS CARACOCHUDAS FOMOS AS GAÑADORAS
As caracochudas con Déborah (unha caracochuda mais), recollendo o premio
O concurso Adiviña Cal-del@s levado a cabo con motivo da tripla celebración do día 17 de maio do día das Letras Galegas, do día de Internet e do día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da información xa coñece a asociación gañadora: a Asociación de Mulleres Rurais de Montederramo "A Caracocha".
Na iniciativa participaron 4 asociacións, dúas delas con dous grupos,acadando a cifra de 37 participantes en total.
As asociacións participantes e os tempos acadados en adiviñar os cinco elementos (festa galega, monumento galego, persoeiro/a galego/a, concello galego e producto típico galego) foron os seguintes:
GAÑADORA: Asociación de Mulleres Rurais de Montederramo "A Caracocha" : 71 minutos.
Asociación de mulleres rurais de Parada de Sil "Santa Cristina" :80 minutos.
Asociación de veciños/as de Vilariñofrío "A Ponte" (grupo 1) : 81 minutos
Asociación de xubilados/as de Castro Caldelas "Nosa Señora dos Remedios" (grupo 1) : 101 minutos
Asociación de xubilados/as de Castro Caldelas "Nosa Señora dos Remedios" (grupo 2): 120 minutos (só adiviñaron 4)
Asociación de veciños/as de Vilariñofrío "A Ponte" (grupo 2) :120 minutos (só adiviñaron 4)

Noraboa 1º a Déborah pola ocurrencia tan boa que tivo e polo seu afán de traballo, 2º ás gañadoras que o fixeron de maravilla, e 3º a tódolos participantes, pois sen
eles non se podería levar a cabo esta iniciativa.

Ata outra, as caracochudas somos "cojonudas".
Comentarios (9) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 29-05-2009 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO ADIVIÑA CAL-DEL@S
As participantes no concurso
A Asociación de M. Rurais de Montederramo, xunto coas outras asociacións da comarca, participou na iniciativa da Rede de Dinamización, "Adiviña Cal-del@s", que consistiu en dúas partes con cada grupo; o primeiro día foi para explicar o funcionamento dos buscadores na Internet,o manexo dun programa de mensaxería instantánea e darse de alta nun deles; e o segundo día conectáronse en liña co Centro Comarcal Terra de Caldelas. Para empezar os participantes fan unha rolda de preguntas que teñan por resposta só "si" ou "non", para adiviñar 5 maravillas de Galicia; se non adiviñan despois desa rolda, é cando se lle envía unha pista para que a través dun buscador atopen a resposta, e así sucesivamente ata o máximo de 5 pistas por cada cousa. A asociación gañadora será a que acerte as 5 cousas en menos tempo, e o tempo estipulado son 2 horas. De momento aínda non se sabe quen será porque aínda non acabaron de concursar todas. Xa vos manteremos informados.

Unha iniciativa da nosa dinamizadora, Déborah, moi interesante e divertida, coa que a xente aprende moito e sobre todo a buscar información en internet.
Esta actividade entra a formar parte dun concurso entre tódalas iniciativas dos distintos dinamizadores e dinamizadoras de toda Galicia. O ano pasado só participou a asociación de xubilados de Castro Caldelas recopilando fotografías antigas, escaneándoas e expoñéndoas logo no Centro Comarcal, e foron os gañadores, e esperamos e desexamos que este ano tamén gañe a iniciativa de Déborah, pois estivo moi acertada e ela traballou mañá e noite sen parar.
Noraboa Debo, segue sempre así, incentivando á nosa xente, que algún día terás a túa recompensa.
Grazas por toda a túa paciencia e dedicación prestada.

Comentarios (5) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 27-05-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novo obradoiro sobre o Word
Participantes no obradoiro con Déborah

O luns día 2 de marzo, en horario de 17:30 a 19:00 h, dará comezo un novo obradoiro con Déborah, a nosa dinamizadora da comarca. Nesta ocasión vai a ser sobre o Procesador de Textos, o Word. Vai ter lugar no local da asociación, cunha duración aproximada de 6 días. Anímate e participa. Podes apuntarte no Centro Comarcal:988204630 ou xunto de Amelia. Pode asistir quen queira, non só as socias, incluso homes. Logo, unha vez que empece o curso, entra na fotoblogoteca en "Obradoiros coa rede" e xa poderás ver as fotos dos asistentes ca súa profe.
Comentarios (4) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 27-02-2009 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
As alumnas ca profe
Elisa, Asun, Déborah, Carmen e Meli
Como queríamos saír todas na foto con Déborah, e non tiñamos quen nola sacase, Carmen foi buscar a Toño, o alcalde, e sacóunola el, por certo moi favorecidas.
Comentarios (8) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 13-01-2009 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Creación do noso blogue
Meli, Carmen, Asun, Elisa, Angeles
Que vos parece, en vez de estar nas rebaixas, estamos aquí aprendendo a facer o blogue da nosa asociación, mortiñas de frío, pero moi gustosas de aprender cousas novas con Déborah, que é unha excelente profe.
Ademais a principal motivación é amosar as distintas actividades que realizamos tódalas integrantes da asociación.
Aquí vai a primeira foto das que fan posible a entrada deste blogue.
Comentarios (13) - Categoría: Obradoiros ca Rede de Dinamización - Publicado o 08-01-2009 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0