Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
O xoves 16 de abril ás 17:00 h terá lugar no local da asociación, unha charla sobre a AUTOESTIMA, organizada polo C.I.M (Centro de Información á Muller) a través do programa "Quérome, quérote", para aprender a coñecerse a unha mesma, escoitarse, sentirse, valorarse, agarimarse, coidarse ...
De novo este ano a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, concedéunos o programa "Tempos de Mulleres III", e o martes día 27 de xaneiro, de 17 a 19 h, teremos xa a 1ª charla sobre o qué pode producir o medio rural. O resto do programa levarase a cabo nos meses de setembro-outubro.
Na foto podedes ver algunhas das asistentes ó programa "Tempos de Mulleres II" que se desenrolou o ano pasado. E na fotoblogoteca tedes algunhas mais.