Benvidos/as ó noso blogue. Nel, as integrantes desta asociación de Montederramo, pretendemos dar a coñecer tódalas actividades que se levan a cabo tal como excursións, cursos, festas...
Non deixedes de entrar, pois tedes a diversión garantizada.
Como en anos anteriores, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, nos concedeu o programa ?Tempos de Mulleres III?, e durante os meses de outubro e novembro levaranse a cabo os seguintes obradoiros:
OUTUBRO
TEMPOS DE MULLERES III ? VENRES 2 E 9, DE 16:00 A 18:30.
POTENCIANDO O NOSO CORPO - SÁBADOS 10, 17, 24 e 31, DE 17:00 A 19:00.
Obradoiro de Ximnasia de Mantemento con clases teóricas e prácticas.
COÑECÉMONOS, A NOSA HISTORIA ? MÉRCORES 14 E 21, DE 17:00 A 19:00.
NÓS TAMÉN SOMOS ESCRITORAS - XOVES 15, DE 16:00 A 20:00.
NOVEMBRO
A EDUCACIÓN PARA A SAÚDE - LUNS 16, DE 16:30 A 18:30.
CREATIVO E DE XÉNERO ? VENRES 20 E 27, DE 19:15 A 21:45.
Na reunión do sábado informóuse dos seguintes cursos que se van levar a cabo ata xuño: CURSO DE RESTAURACIÓN E PINTURA:
Tódolos venres de 18:30 a 20:30, ata o 5 de xuño. CURSO DE TAI CHI: Tódolos sábados de 18:00 a 19:00, dende o 28 de marzo ata o 30 de maio. CURSO DE BOLILLOS: Os mércores de 17:00 a 19:00, dende o 1 de abril ata o 27 de maio.
Anímate e participa. Só tes que apuntarte xunto de Meli.
Agora estase levando a cabo tódolos venres en horario de 18:30 a 20:30, un curso de manualidades, que se ven realizando xa hai anos durante aproximadamente 4 meses e que ten moi boa acollida por parte das socias. Podedes ver mais fotos dos traballos feitos e das artistas, na fotoblogoteca.