Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abertal impartirá 3 cursos de ImpacTic Plus en Carballo
Sesión de Turis-Tic impartida en Carballo no 2010A finais do mes de setembro e durante o mes de outubro, Abertal Networks impartirá no Telecentro (Aula CEMIT) do Pazo de Cultura de Carballo tres obradoiros de formación en internet e redes sociais para profesionais.

Os obradoiros Impac-Tic Comercio, Impac-Tic Emprendedores e Turis-Tic serán impartidos por Manuel Pan e Daniel Cerqueiro e constarán cada un deles de tres sesións formativas presenciais e dun período de formación on line que se prolongará ao longo de todo un mes durante o cal disporán dun titor para asesoramento, análise e posta en funcionamento da súa presenza en Internet e redes sociais.

Cada un dos obradoiros constará dunha auditoría de impacto onde se lle darán solucións en tempo real aos profesionais que asistan, e analizaranse, se o desexan, as súas webs, liñas de comunicación e perfís nas redes. Tamén se inclúe un talller de xestión e dinamización de redes sociais, centrado no uso de facebook e twitter.

As sesións presenciais do obradoiro Impactic Comercio terán lugar os días 1, 2, 15, 16, 29, e 30 de outubro de 20.30 a 22.30h. As de Turis-Tic celebraranse o 30 de setembro e o 14 e o 28 de outubro de 16.30 a 20.30h. E en Impactic Emprendedores, as sesións presenciais serán o 3,17 e 31 de outubro de 16.30 a 20.30h .

Os interesados en asistir a calquera destes obradoiros poden anotarse na Oficina de Información Turística, no teléfono 981 702 077 ou no email museo@carballo.org.
www.impac-tic.com
Categoría: - Novas - Publicado o 12-09-2013 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal