Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOVA IMAXE PARA A WEB DE ABADA
Captura de pantalla da nova web de AbadaUnha nova imaxe, máis moderna e profesional, foi o obxectivo a acadar na nova web de Abada, empresa dedicada á xestión cultural de produccións e grupos musicais. Neste novo sitio, redeseñado integramente por Abertal Networks SL, os usuarios atoparán gran variedade de información (actualidade, imaxes, concertos,…) sobre os artistas e produccións de Abada en catro idiomas (galego, castelán, francés e inglés).

Así mesmo, e seguindo a liña de traballo corporativa, Abada apostou por seguir tecendo redes de distribución óptimas para o material que representa e promociona ofrecéndelle aos numerosos siareiros e usuarios das redes sociais a oportunidade de seguilos en Facebook, Youtube e MySpace.

Pero non só se renovou a nivel gráfico, senón que se incorporaron novas funcionalidades baseadas en programación javascript con JQuery. Exemplo disto son o Slideshow dos banners da cabeceira (un xeito cómodo e moi potente de incorporar as súas promocións nun lugar destacado da web) ou o Accordion da columna esquerda (menú efectista no que se amosa un breve resumo do grupo ou artista ao tempo que se consegue ter unha navegación animada máis espectacular).

Non podemos esquecernos da nova radio, de creación propia de Abertal e personalizada para Abada. A súa ubicación, nunha pop-up externa, permite ao usuario seguir escoitando os temas dos artistas mentras visita outras páxinas.


Web de Abada >>
Categoría: - Novas - Publicado o 24-09-2009 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
CASA DE TRILLO ACTUALIZA A SÚA PRESENZA EN INTERNET
Captura de pantalla da nova web de Casa de TrilloCasa de Trillo, a primeira casa de turismo rural de Muxía, vén de actualizar a súa presenza en Internet coa publicación dunha nova web con novas funcionalidades -e o deseño dunha nova imaxe- a través da que queren seguir abríndolle aos seus clientes a porta da Costa da Morte desde o mesmo salón da súa casa.

Os propietarios volveron confiar en Abertal Networks SL para seguir adentrándose no eido das novas tecnoloxías e para xestionar o seu posicionamento na rede coa creación deste espazo virtual que, ao fin, quere cumprir o seu obxetivo primeiro: “facer de Casa de Trillo o fogar do viaxeiro”. Nos diferentes apartados, poderedes atopar unha completa información e descrición sobre o establecemento, ler opinións dos hóspedes ou mesmo as novidades máis recentes nun novo blog. Neste sentido, Casa de Trillo tamén quixo apostar pola nosa empresa para levar a cabo campañas de promoción en Internet e asesorarse sobre a integración e o coidado das redes sociais.
Web de Casa de Trillo >>
Categoría: - Novas - Publicado o 03-09-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal