Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR FIN, NOVA WEB !!
Captura do menú da web de abertalXa se sabe aquelo de "na casa do ferreiro coitelo de pau".

Bueno, xa temos nova web, que esperamos vos guste e sexa de utilidade.

Son moitas as cousas novas que día a día durante estes 12 anos de existencia levamos realizado, moito o i+d non oficial que levamos desenvolvido ou como dicía un dos fundadores da empresa "levamos moito monte desbrozado".

Aproveitamos para agradecer a todos e todas as que fixestes posible que aquela tolemia de aqueles rapaces, se convertise nunha empresa que é capaz de manter case 20 postos de traballo directos nun mundo tan novo e cambiante como ao que nos adicamos.

Prometemos seguir na brecha moitos anos máis :-)
A nova web >>
Categoría: - Novas - Publicado o 28-08-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
PONEMOS AL PÚBLICO NUESTRO CANAL EN YOU TUBE
Logotipo You TubeEstamos de estreno!. Ponemos a vuestra disposición nuestro canal de You Tube. A modo de lanzamiento hemos decidido subir y publicar una decena de videos relacionados con el sector turístico, aunque de manera gradual iremos incorporando nuevos contenidos.

Os tendremos informados!

Congreso "Turismo e Novas Tecnoloxías"

Abertal Networks gestionó la secretaría técnica de las dos ediciones de este Congreso, dedicado en 2008 a dar a conocer a los profesionales del sector turístico las posibilidades que les ofrecen la aplicación de las Nuevas Tecnologías en sus ámbitos de trabajo. Uno de los frutos de ese proyecto fue el portal del Congreso, donde se encuentran alojadas las ponencias en video.

En nuestro nuevo canal ofrecemos como destacado el video de la conferencia que el popular Enrique Dans ofreció en el Congreso Turismo e Novas Tecnoloxías 2008, celebrado los días 9 e 10 de diciembre en Santiago de Compostela. En la ponencia que tendréis la oportunidad de seguir, Dans desgrana con su habilidad habitual como comunicador las claves sobre las acciones de promoción y posicionamiento en la Era 2.0.

También queremos destacar la ponencia impartida por Marcos Franco, director de marketing de Transhotel, quién acercó a los asistentes una explicación pormenorizada de la historia y características de la central de reservas de este grupo.
Canle de abertal en You Tube >>
Categoría: - Novas - Publicado o 24-08-2009 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
FEGATUR, ABERTAL, TURGALICIA E RURALGEST UN BO EQUIPO
Captura da web de fegaturO pasado día 4 de agosto presentouse a nova web da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR).

A presentación realizouse nas instalacións do Centro Superior de Hostelería de Galicia, coa presencia de moitos presidentes e presidentas de asociacións de turismo rural, e tamén da Xerente de Turgalicia Dona Carmen Pita e da presidenta de Fegatur, Dona Marisol Lorenzo.

UN PARTO LONGO

Chegar á presentación levou meses de traballo, xa que previamente a realizar o traballo de web realizouse unha análise sobre a posibilidade de usar o sistema da Asociación Española de Turismo Rural (Asetur), o cal se descartou porque os desenroladores non podían chegar en tempo a cumprir todas as especificacións que se lle solicitaron.

Tamén se realizou un traballo para delimitar os 13 xeodestinos nos que se dividiu Galicia. Esta arriscada proposta realizada por primeira vez é froito de cruzar moitos datos en canto a limitacións, tales como os ámbitos comarcais, os ámbitos das asociacións turísticas, os repartos dos GDRs, ... Este é un proxecto que Fegatur declarou aberto, e no que espera que outras agrupacións sectoriais poidan opinar e colaborar.

TECNOLOXÍA DE INTEGRACIÓN

Abertal realizoulle unha proposta a Fegatur para que se puidesen integrar datos e conseguir que as casas tivesen que interactuar o mínimo posible co sistema e que se puidese ofrecer a dispoñibilidade en liña das súas reservas.

Para eso Fegatur asinou cos acordos, un con Turgalicia polo cal se lle encargou a Indra un webservice que serve os datos dos establecementos de turismo rural ao sistema de Fegatur desenrolado por Abertal. Ademais, tamén se decidiu, despois de analizar moitas opcións, que a dispoñibilidade en tempo real sería ofertada polo sistema Ruralgest, sendo gracias a este acordo que todas as empresas asociadas a Fegatur obteñen gratuitamente a licencia de uso desta aplicación, que permite realizar a xestión do establecemento turístico e tamén comercializalo en toda a canle de comercialización coa que o sistema está conectada e que o establecemento decide.

ALGO MÁIS QUE UNHA WEB

Este proxecto vai moito máis que a realización dunha web, como xa comentábamos, hai toda unha integración de datos e un dispoñibilidade en liña, así como un estudio sobre o reparto dos xeodestinos, pero a partires de agora comeza a labor de toda unha campaña de promoción en Adwords, e nas redes sociais, para o cal Fegatur conta con colaboradoras moi experimentadas na promoción turística na rede e tamén co traballo da nosa empresa.

Grande parte dos esforzos desta promoción vaise a dirixir ao mercado estranxeiro, o cal supón que a compliación de conseguilo é aínda maior xa que hai que ter en conta os idiomas e as especificidades de cada país, pero de seguro que á volta duns meses vos poderemos informar sobre o éxito destas tarefas que se comezan agora.

NA TVG
EN LA VOZ DE GALICIA
NO ABC
Categoría: - Novas - Publicado o 07-08-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
A SUSANA ANDA DE CAMIÑO A LORIENT
A nosa gaiteira mais fermosa do mundo mundial vai a presentarse na Bretaña co seu novo disco e coa imaxe reformada da web.

De seguro que a súa lexión de seguidores franceses estarán todos polo norte eses días.

SORTE E QUE O DISFRUTEDES
A WEB DE SUSANA SEIVANE
Categoría: - Os Amigos - Publicado o 07-08-2009 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
OS GALINUSEIROS E AS, ANDAN DE MUDANZAS
Non vos perdades o video da muzanda dos cocubiones e as, mais on-line de todo Corcubión.
A WEB DE GALINUS
Categoría: - Os Amigos - Publicado o 07-08-2009 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
COMO SON LOS USUARIOS DE TWITTER
SYSOMOS acaba de publicar un artículo sobre los usuarios de Twitter muy interesante, también hay un analisis del mismo realizado por Pulso Social.

EN SYSOMOS
O artigo de Pulso Social
Categoría: - A Internet - Publicado o 07-08-2009 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal