Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LANZAMOS UN GESTOR DE RESERVAS ONLINE
Imaxe promocional proxecto Webs subvenciondas Abertal Networks SLLa web www.todocostadamorte.com incluye la primera instalación de nuestra aplicación para la gestión de reservas turísticas


Abertal Networks SL acaba de presentar un nuevo servicio web de gestión de reservas online para la pequeña y mediana empresa hotelera que permitirá a los empresarios planificar sus reservas, registrar entradas y salidas de huéspedes, gastos e ingresos o generar informes y facturas.

La aplicación, denominada Aberbooking, ya ha sido incluida en el portal turístico www.todocostadamorte.com. Los cuatro establecimientos del grupo gestionan sus reservas online a través de nuestro sistema, que permite que hoteles, albergues, casas de turismo rural o apartamentos, sean administrados individualmente o en conjunto.


Ventajas
Aberbooking cuenta con un panel de configuración, seguimiento de cupos y reservas, además de poder pagar por tarjeta o con otras opciones que el cliente decida. Una de las características que destacan en el sistema es la capacidad para gestionar ofertas y paquetes.

Este sistema de reservas se enmarca dentro de nuestro proyecto www.ningunhotelsinweb.com, que permite que cualquier hotel pueda contar con una presencia en internet de alta calidad a un coste muy reducido.

Aberbooking en todocostadamorte.com
ningunhotelsinweb.com
Categoría: - Novas - Publicado o 28-05-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
A WEB MAISCOMPOSTELA RENOVA ESTRUTURA E CONTIDOS PARA OFRECER UN SERVIZO MÁIS COMPLETO
Portada da web maiscompostela.comUnha nova imaxe, máis funcionalidade e mellor navegabilidade permitirán difundir, dun xeito máis accesible, os programas e servizos da Concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago que contou con Abertal Networks SL para replantexar e adaptar ás necesidades dos novos tempos e contidos a súa principal ferramenta de comunicación, a web maiscompostela.com. A renovación do portal baseouse nos obxectivos de ofrecer un servizo máis completo a todos os seus usuarios, difundir as oportunidades de Santiago como cidade e os programas e servizos que presta o departamento.

O portal www.maiscompostela estrutúrase en cinco áreas: Portada, Invest Compostela, Compostela capital de compras, Compostela traballa e Área de Turismo. En cada unha delas descríbense as respectivas liñas de actuación, os programas cos que contan, servizos, as convocatorias (abertas ou pechadas) e a información de prensa e audiovisual asociada. Todas as portadas –dispoñibles en galego e en castelán- contan ademáis con banners directos ás convocatorias abertas, ao Observatorio Estatístico, á Plataforma de formación maiscompostela, e ao Boletín de ofertas de emprego máiscompostela. Tamén se atopa visible a axenda, o apartado de avisos e o apartado de novas.

Máis Compostela
Categoría: - Novas - Publicado o 12-05-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA WEB CORPORATIVA PARA O GRUPO ALUMAN
Portada da web do Grupo AlumanO Grupo Aluman vén de renovar a súa presenza en Internet coa publicación de dúas novas webs proxectadas e deseñadas por Abertal Networks SL: a páxina corporativa da compañía e o sitio dedicado a Konforplus, a nova marca do grupo centrada na carpintería de PVC para a distribución entre profesionais.

A web corporativa, que tamén supón a presentación da nova imaxe virtual deste importante grupo empresarial arteixán, estrutúrase nas seccións ¿Quiénes somos? (que inclúe os apartadostamén se pode atopar extensa información sobre as súas áreas de negocio: Grandes proxectos, Residencial, Madeira, Prefabricado de formigón, Equipamento comercial, Mecanizado de inxección de plástico e Distribución de carpintería; as sete ilustradas con amplas galerías fotográficas nas que apreciar os traballos realizados pola compañía que iniciou a súa actividade hai xa casi catro décadas.

Grupo Aluman
Konfortplus
Categoría: - Novas - Publicado o 12-05-2010 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
A REPRODUCIÓN DA TORRE DE HÉRCULES EN 3D PERMITE REALIZAR UNHA VIAXE NO TEMPO AOS SÉCULOS II, XVII E XXI
Portada do Museo Virtual da Torre de HérculesO luns 10 de maio presentouse na Domus (A Coruña) a nova páxina web da Torre de Hércules que, entre outros aspectos, destaca por incorporar un Museo Virtual dende o que acceder a unha recreación tridimensional do único faro declarado Patrimonio da Humanidade en 2009. A través desta novidosa aplicación desenvolta por Abertal Networks SL, os usuarios poderán facer unha viaxe no tempo ao longo dos máis de dous mil anos de existencia do facho romano –o único actualmente en funcionamento- centrándose en tres momentos concretos: o século II, o XVII e o actual.

A recreación en 3D mostra o edificio da propia Torre, podendo apreciarse a evolución na súa estrutura, así como na contorna, na que o mar sempre é unha constante. Así, unha vez dentro do museo virtual, o internauta será partícipe dunha especie de xogo co que ir coñecendo o faro en cada un dos séculos referidos, en calquera dos sete idiomas habilitados para a web, e cambiar logo de época cun só clic.

Museo virtual da Torre de Hércules
Categoría: - Novas - Publicado o 12-05-2010 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal