Abertal Networks


Abertal Networks
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NOSA EMPRESA
Abertal Networks S. L. é unha empresa que, dende 1997, ven ofrecendo as ferramentas e infraestructuras necesarias para permitir os seus clientes a incorporación a nova Era da Comunicación da maneira máis profesional.

A nosa amplia experiencia no ámbito das Novas Tecnoloxías da Información, permítenos ofrecer unha oferta a medida para que os nosos clientes poidan sacarlle a máxima rentabilidade a este campo cada vez máis importante para as nosas empresas.

Non só a experiencia, senon tamén as iniciativas pioneiras e os éxitos conseguidos en campos como o comercio electrónico, o desenvolvemento de software a medida, o diseño web ou a promoción especializada on-line, avalan os nosos productos e servizos; que abarcan non só os mencionados, xa que un dos nosos servizos estrela é a consultoría estratéxica.
Abertal>>
Categoría: - Novas - Publicado o 22-05-2009 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
A BLOGOTECA SUPERA OS 2000 BLOGS
Logo BlogotecaFeitos por galegos e en galego.

Voltamos unha vez máis cas estatísticas de uso da BLOGOTECA.COM o sistema galego e en galego de creación de blogs que segue día a día medrando e superando os seus propios records en tódolos xeitos.

Xa son 26040 imaxes as que alberga o seu sistema nun total de 2059 blogs que nestes tres anos de funcionamento xuntaron 50539 artigos de todo tipo de contidos, actos sociais, fotos de celebracións ou de viaxes, festas, actividades de asociacións culturais e políticas, pensamentos,… todo tipo de contados que dende calquera recuncho de Galicia chegan a calquera recuncho do ciberespacio.
Blogoteca>>
Categoría: - Novas - Publicado o 22-05-2009 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
MUSICAPROM CHEGA AOS 1.000 BOLETÍNS
Logo MusicapromO servizo Musicaprom, PROMOCIÓN MUSICAL a través de e-mail leva activo desde abril do 2002 acadou a cifra dos 1.000 boletíns creados.

Musicaprom é un produto de Abertal e Gintonic Music, que ofrece aos profesionais da música publicitar os seus produtos e realizar as súas campañas de comunicación a través da nosa base de datos de subscritores.

Conta con máis de 15.000 subscritores entre Axencias de management e produción, Festivais España e Europa, Programadores públicos, Org. Oficiais, Teatros, salas de concertos, Discográficas, editoriais, Profesionais da industria musical, Medios de comunicación, Grupos musicais e Público Xeral.

Se ti tamén queres recibir os nosos boletíns podes facelo a través da nosa páxina de subscrición
Musicaprom>>
Categoría: - Novas - Publicado o 22-05-2009 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal